Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 13 de xuño de 2001 Páx. 7.926

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (174/2001).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que en autos seguidos perante este Xulgado do Social tramitados baixo o número 174/2001 contra Aurelio Rodríguez Lage sobre despedimento, dictouse a seguinte:

«Sentencia.-Na cidade da Coruña, o 6 de abril de 2001. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os

presentes autos de xuízo número 174/2001 seguidos por instancia de Aurelio Rodríguez Lage, maior de idade, asistido por Santiago Güemez Abad, contra empresa Comercial Puymo, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación-despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido: que, debo estimar e estimo a demanda interposta por Aurelio Rodríguez Lage, debo declarar y declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Comercial Puymo, S.L., condenando a esta a que, no prazo de cinco días opte entre a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións existentes con anterioridade, ou o aboamento de 2.493.160 pesetas no concepto de indemnización, máis, ambos casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución e que ascende a 4.818 pesetas/día.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que á referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entrega-lo xutificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O secretario xudicial

Rubricado