Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 13 de xuño de 2001 Páx. 7.865

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 31 de maio de 2001 pola que se establecen bolsas de prácticas para estudiantes que realizan ensinanzas de formación agraria.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no uso das súas competencias convoca bolsas para a realización de prácticas nas explotacións dos seus centros de capacitación agraria, ó remata-lo curso 2000-2001, por unha contía de 6.300.000 pesetas, a través da Dirección Xeral de

Desenvolvemento Rural, con cargo ós orzamentos desta. O fin destas bolsas será que os estudiantes en especialidades agrarias adquiran maiores coñecementos prácticos nas materias propias dos seus estudios, que lles permitan unha mellor e máis fácil incorporación ó campo profesional. Polo tanto, convén establecer unha liña de axudas económicas en forma de bolsas. Estas prácticas serán realizadas de forma prioritaria en centros que respondan á especialidade cursada.

Polo exposto, en virtude das atribucións que teño conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e os artigos 1 e 3 do Decreto 25/1998, do 22 de xaneiro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Estas bolsas teñen por obxectivo paliar, na medida do posible, ós alumnos que realizan estudios de formación agraria, os gastos ocasionados polo desprazamento e manutención durante as xornadas correspondentes á realización das prácticas nas explotacións.

Artigo 2º.-Finalidade.

Realización de traballos prácticos supervisados na explotación agraria para amplia-los seus coñecementos e mellora-lo seu adestramento en materias propias dos seus estudios.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

As bolsas reguladas por esta orde poderán ser solicitadas por alumnos que durante o curso 2000-2001 estean cursando ensinanzas profesionais de grao superior na especialidade de xestión e organización dos recuros naturais e paisaxísticos ou de grao medio na rama agraria nas especialidades de: traballos forestais e conservación do medio natural, explotacións intensivas, explotacións extensivas e xardinería nos centros de capacitación agraria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria e nos centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 4º.-Carácter das bolsas.

As bolsas terán carácter de prácticas á formación recibida, e non implican relación laboral nin administrativa entre os beneficiarios e a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, aínda que si a necesaria dependencia administrativa en relación co horario, normas de réxime interno e disciplina da unidade administrativa onde se realicen as prácticas.

As bolsas tampouco darán lugar á súa inclusión na Seguridade Social, nembargantes suscribiráselles unha póliza colectiva de seguro de accidentes durante o período de prácticas, que cubrirá os accidentes de traballo e responsabilidade civil correspondente.

Artigo 5º.-Tipo de bolsas.

Convócanse 2 tipos de bolsas, en función das horas de prácticas e nº de xornadas nas que estas se realizan.

Tipo A: 31 bolsas, para a realización de 300 horas de prácticas cada unha, durante 40 xornadas mínimas, nos meses de maio a decembro, para alumnos que conclúan os seus estudios no curso 2000/2001.

Tipo B: 28 bolsas, para a realización de 150 horas de prácticas cada unha, durante 20 xornadas mínimas, nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, para alumnos que remataron o primeiro curso.

As bolsas poden ser reconvertidas nun ou noutro tipo, en función das solicitudes e sempre que non se modifique o montante global orzamentado.

Malia o anterior, se a contía total das solicitudes superase o crédito dispoñible, queda autorizada a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural para reaxusta-lo número de xornadas solicitadas, de forma que a súa contía non exceda o crédito dispoñible. Neste caso comunicaráselles ós interesados/as a modificación efectuada.

Artigo 6º.-Requisitos e contía das axudas.

Serán requisitos indispensables para solicitar estas axudas:

-Que os alumnos solicitantes estean matriculados de 1º ou 2º curso da especialidade correspondente ás prácticas que solicitan, nalgún dos centros de capacitación agraria da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ou dos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Que os alumnos solicitantes presenten un certificado do expediente académico correspondente á última avaliación do curso que están a realizar.

-Que os alumnos presenten certificación de prácticas voluntarias realizadas no centro onde estean matriculados ó longo do curso 2000-2001.

-Que das solicitudes emita informe o director do centro onde se presentan.

A contía das axudas establécese en función do número de horas prácticas.

Axudas tipo A: 140.000 pesetas para a realización de 300 horas de prácticas, durante 40 xornadas mínimas.

Axudas tipo B: 70.000 pesetas para a realización de 150 horas de prácticas, durante 20 xornadas mínimas.

-O incumprimento das obrigas sinaladas, ou de calquera das condicións establecidas para a concesión das bolsas reguladas nesta orde, dará lugar ó reintegro total ou parcial delas.

Artigo 7º.-Oferta de prazas.

Os centros de capacitación agraria que se relacionan ofertan as seguintes prazas para a realización

de prácticas, en función do número de alumnos que poidan acoller para dárlle-lo adecuado tratamento formativo.

As prazas poderán transferirse dun centro a outro no caso de necesidade.

Centro

de capacitación

EspecialidadesNº prazas tipo ANº prazas tipo B

Guísamo (A Coruña)Explotacións intensivas

xardinería

58

Sergude (A Coruña)Explotacións extensivas

Traballos forestais

75

Becerreá (Lugo)Traballos forestais64

Monforte Lemos (Lugo)Explotacións extensivas54

Pedro Murias (Lugo)Explotacións extensivas12

Lourizán (Pontevedra)Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos

Traballos forestais

75

TOTAL3128

Artigo 8º.-Formalización de solicitudes.

As solicitudes irán dirixidas ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Poltícia Agroalimentaria e poderán ser presentadas polos interesados nos centros onde estean matriculados ou ben no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, nas súas delegacions provinciais ou da forma prevista no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo o modelo do anexo I.

O prazo de presentación de solicitudes será de 45 días hábiles, desde a publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

De acordo co artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, unha vez recibidas as solicitudes dentro do prazo establecido, o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria resolverá no prazo de vinte días.

Transcorrido o prazo máximo para emitir resolución sen que a administración a adoptase, os interesados poderán entender denegada a súa solicitude por silencio administrativo.

Contra a resolución pola que se aprobe ou denegue a solicitude da bolsa, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes se o acto fose expreso, ou de tres meses se non o fose, ou ben impugnar directamente o acto ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativo.

Artigo 9º.-Documentación.

As solicitudes presentaranse segundo modelo anexo que se xunta, coa seguinte documentación:

-Tipo de bolsa á que aspira.

-Fotocopia do DNI do interesado.

-Declaración do interesado, na que faga constar que cumpre cos requisitos sinalados no artigo 6º da convocatoria.

-Declaración do conxunto de tódalas solicitudes efectuadas ou concedidas para o mesmo curso polas distintas administracións públicas.

-Certificación das cualificacións do último curso ou última avaliación no curso matriculado.

Os directores de centros que teñan ofertadas prazas para a realización de prácticas presentarán perante a Subdirección Xeral de Extensión e Capacitación Agraria un expediente coa relación detallada de tódalas solicitudes presentadas para a realización de prácticas nel, acompañada das solicitudes e resto da documentación esixida nesta convocatoria de cada un dos solicitantes.

Artigo 10º

1. Selección.

O estudio e proposta de aprobación de solicitudes será realizada por unha comisión de valoración presidida polo subdirector xeral de Extensión e Capacitación Agraria, e na que se integrarán como secretario e vocais:

-O xefe do Servicio de Capacitación Agraria.

-Dous directores de centros, onde se imparten ensinanzas de capacitación agraria, propostos polo director xeral de Desenvolvemento Rural.

-O xefe da Sección de Capacitación Agraria que actuará como secretario.

2. A selección realizarase de acordo coa puntuación obtida, unha vez aplicados os baremos que se indican en cada epígrafe:

a) Por expediente académico correspondente á última avaliación realizada (media da avaliación).

Sobresaliente: 5 puntos.

Notable: 3 puntos.

Aprobado: 2 puntos.

b) Por traballos de prácticas realizados de forma voluntaria durante o curso 2000-2001 nos centros de capacitación agraria e non remunerados economicamente:

Por cada xornada de traballo en prácticas: 1 punto.

c) Por curso terminado:

1º curso: 5 puntos.

2º curso: 10 puntos.

Artigo 11º.-Adxudicación e pagamento.

A comisión de valoración, vistas as solicitudes presentadas e o crédito dispoñible, fará chega-la correspondente proposta de adxudicación e listado de

suplentes ó director xeral de Desenvolvemento Rural.

1. As bolsas serán adxudicadas polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, por proposta do director xeral de Desenvolvemento Rural.

2. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural comunicaralles ós centros a concesión ou denegación das axudas e, se é o caso, a modificación da contía solicitada, segundo establece o artigo 5º.

3. A bolsa de prácticas establecida na presente orde será incompatible con calquer outra destinada ós mesmos fins.

4. O pagamento farase nunha única entrega, unha vez recibido o informe do xefe da unidade correspondente sobre o bo desenvolvemento das prácticas.

5. No caso de que o bolseiro deixe de levar a cabo a asistencia á unidade onde realice as prácticas, deixará de percibi-la cantidade correspondente.

En todo caso, ó remata-lo período de prácticas o director/a do centro certificará perante a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural a total realización desta actividade.

Artigo 12º

O importe destas bolsas sufragarase con cargo á aplicación orzamentaria 09.02.322 S.480.0, de axudas para bolsas de prácticas, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001, por un importe de 6.300.000 pesetas.

Cada centro cubrirá unha póliza colectiva de seguro de accidentes e responsabilidade civil para os alumnos que nel realicen prácticas.

Os beneficiarios están obrigados a facilitar toda a información que lle requira a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da bolsa, e en todo caso, a obtención concorrente de bolsas ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Disposición derradeira

Facúltase o director xeral de Desenvolvemento Rural para dicta-las resolucións necesarias para o mellor cumprimento da presente orde, que entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2001.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Agricultura, Gandería

e Política Agroalimentaria