Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 13 de xuño de 2001 Páx. 7.865

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000503/2001, interposto por Alberto Roo Freire.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo 01/0000503/2001, interposto por Alberto Roo Freire, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de febreiro de 2001, pola que se desestima o recurso de reposición formulado contra a resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 10 de novembro de 2000, pola que se aproban e fan públicas as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública