Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 12 de xuño de 2001 Páx. 7.772

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 28 de maio de 2001 de fomento da forestación de terras agrícolas.

O Regulamento (CE) 1257/1999, do Consello, do 17 de maio, sobre axudas ó desenvolvemento rural a cargo do Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agraria (FEOGA) establece a concesión dunha axuda para a forestación de terras agrícolas, que poderá incluí-los custos de plantación, unha prima anual por hectárea forestada para cubri-los custos de mantemento durante un período de ata cinco anos e unha prima anual por hectárea para cubrir durante un período máximo de vinte anos as perdas de ingresos que supoña a forestación de terras cultivadas antes dela.

O Real decreto 6/2001, do 12 de xaneiro, sobre fomento da forestación de terras agrícolas, traspón, a nivel estatal, a citada normativa comunitaria.

En consecuencia, mantendo os obxectivos do citado real decreto, as axudas que se establecen na presente orde diríxense principalmente a promove-la forestación de terras agrícolas, contribuíndo a diversifica-la actividade agraria, así como as fontes de renda e de emprego, contribuír á corrección dos problemas de erosión e desertización que sofren determinadas zonas, así como á conservación e mellora dos solos, a conservación da fauna e flora, a regulación do réxime hidrolóxico das concas, e a unha xestión do espacio natural compatible co equilibrio do medio ambiente, favorecendo o desenvolvemento de ecosistemas forestais beneficiosos para a agricultura, e, por último,

estas axudas diríxense a contribuír á diminución do risco dos incendios forestais e á mellora dos recursos forestais.

Na elaboración da presente orde tívose en conta a experiencia adquirida coa aplicación de ordes anteriores de axudas a medidas forestais na agricultura e foron consultados os sectores afectados.

O Decreto 482/1997, do 30 de decembro, establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, que é o organismo competente para a xestión desta orde.

O Decreto 287/2000, do 21 de novembro, desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por estaren cofinanciadas con fondos FEOGA-Garantía, a execución e contabilización do pagamento das axudas corresponderalle ó Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, na súa calidade de organismo pagador nesa comunidade autónoma, para o cal se efectuarán os trámites oportunos de acordo co establecido na normativa vixente e nos respectivos manuais de procedemento.

En consecuencia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto das axudas e ámbito de aplicación.

1. A presente orde ten por obxecto establecer un réxime de axudas para fomenta-la forestación de terras agrícolas, conforme o disposto no artigo 1 do Real decreto 6/2001, do 12 de xaneiro, sobre fomento da forestación de terras agrícolas.

2. As axudas reguladas pola presente orde serán de aplicación en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 2º.-Definicións.

1. Para os efectos de aplicación destas axudas, considéranse terras susceptibles de forestación aquelas superficies que non están catastradas como forestais e tiveran aproveitamento agrícola ou gandeiro de forma regular desde dez anos antes da data da solicitude.

2. As ditas terras deberán estar comprendidas, nalgún dos puntos seguintes:

1) Terras ocupadas por cultivos herbáceos: son aquelas ocupadas por cultivos temporais.

2) Barbeitos: son terras de cultivo en descanso, aínda que poden aproveitarse para pastos.

3) Hortos familiares: son terras os productos das cales se dedican ó consumo da familia.

4) Terras ocupadas por cultivos leñosos: son aquelas que ocupan o terreo con carácter permanente e non necesitan ser replantadas despois de cada colleita. Inclúen tódalas árbores froiteiras.

5) Prados naturais: son terreos a cuberta herbácea das cales é permanente e o seu aproveitamento non finaliza ó face-la colecta ou seren aproveitados polo gando, senón que continúa durante un período indefinido de anos. Requiren humidade e admiten a posibilidade dun aproveitamento por sega.

6) Pasteiros: diferéncianse dos prados naturais en que se dan en climas máis secos, non sendo susceptibles normalmente de aproveitamento por sega, senón a dente.

7) Ermos a pastos: son aquelas terras agrícolas con Orientación Técnico Económica (OTE) gandeira.

3. Para os efectos desta orde e no que se refire á prima compensatoria, enténdese por agricultores os titulares previstos no artigo seguinte que acrediten obter, alomenos, o 15 por 100 da súa renda da actividade agraria e dediquen, alomenos, o 25 por 100 do seu tempo a esta actividade.

4. A superficie de actuación será a suma da superficie de forestación máis a superficie da área de defensa.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares de dereitos reais de propiedade, posesión ou usufructo, sobre as terras agrícolas susceptibles de forestación ou ben agrupacións das ditas persoas formadas por un mínimo de dous titulares, non sendo necesario que teñan personalidade distinta de cada un dos seus membros que a integran.

Artigo 4º.-Persoas que poden solicita-las axudas.

Poderán ser solicitantes das axudas reguladas na presente orde os comprendidos nalgún dos seguintes puntos:

1. Titulares de dereitos reais de propiedade, posesión ou usufructo, sobre as terras agrícolas susceptibles de forestación, sexan estas persoas físicas ou xurídicas. Os arrendatarios de terras agrícolas deberán selo por período superior a 20 anos.

2. Persoas físicas ou xurídicas que actúen como representantes dos titulares indicados no punto anterior ou como representantes de agrupacións forestais a través dun acordo de cesión entrámbolos dous.

Artigo 5º.-Condicións, tipos, importes e duración das axudas.

1. Gastos de repoboación forestal e de área de defensa contra incendios forestais.

O importe desta axuda virá determinado polo orzamento aprobado da actuación, sen que poida excede-la subvención dos máximos en pesetas por hectárea de actuación que se indican a continuación:

Topes máximos en ptas. por ha. de actuación:

-Especies do anexo I (Coníferas): 210.000.

-Especies do anexo II (Frondosas): 350.000.

-Especies do anexo III (outras especies arbóreas de especial interese ecolóxico e socio-económico para Galicia).

Anexo III.1: 400.000.

Anexo III.2.: Pinus pinaster: 344.000.

Estes gastos incluirán os necesarios para a preparación previa do terreo, adquisición de planta, protección da planta mediante protectores e outros materiais necesarios, así como os de plantación propiamente dita e labouras inmediatamente posteriores a esta.

2. Prima de mantemento.

Está destinada ó coidado, mantemento e demais traballos posteriores á plantación que son necesarios para o logro da plantación realizada. A prima de mantemento ten unha duración de 5 anos contados a partir do ano seguinte ó do pagamento da última certificación.

Esta prima non se concederá ás forestacións emprendidas por entidades de dereito público.

Aplicaranse os valores máximos seguintes en pesetas por hectárea de actuación:

Repoboacións forestais especies:

Anexo I: 30.000.

Repoboacións forestais especies dos anexos II e III: 48.000.

3. Prima compensatoria.

Ten por obxecto compensa-la perda de renda que se produce por cambio de uso agrícola a uso forestal ós titulares dos aproveitamentos agrícolas dos terreos.

Esta prima non se concederá ás forestacións emprendidas por entidades de dereito público

Aplicaranse os valores máximos seguintes en pesetas por hectárea de actuación:

a) Só no caso de ser agricultor:

Repoboación con especies anexo I, II e/ou III: 23.000 pesetas.

b) Para outras persoas de dereito privado:

Repoboación con especies anexo I, II e/ou III: 15.000 pesetas.

Tipo de superficie agrícola:

1. Terras ocupadas por cultivos herbáceos: 50%.

2. Barbeitos: 0%.

3. Hortos familiares: 100%.

4. Terras ocupadas por cultivos leñosos: 75%.

5. Prados: 25%.

6. Pasteiros: 20%.

7. Ermo a pasto: 10%.

A prima compensatoria terá unha duración de 15 anos contados a partir do seguinte ó do pagamento correspondente á certificación final dos traballos de repoboación.

No caso de solicitarse prima compensatoria, esta petición deberá referirse a parcelas completas, e soamente se admitirá cando o solicitante coincida co titular dos terreos obxecto de subvención .

Para as primas compensatorias establécese un máximo anual por titular de 1.000.000 de pesetas.

4. Infraestructuras de acompañamento ou obras complementarias das novas repoboacións que se realicen ó abeiro da presente orde.

-Ata 1.027.000 pesetas por km de peche.

-Ata 1.106.000 pesetas por km de apertura de pista forestal.

-Ata 348.000 pesetas por km de arranxamento de pista forestal.

-Ata 351.000 pesetas por punto de auga con capacidade igual ou superior a 50 m de auga.

A repercusión máxima por ha de actuación será a seguinte:

Pesetas por ha de actuación

Cerramentos114.613

Puntos de auga 7.011

Pistas forestais 55.287

5. O IVE non é subvencionable.

Artigo 6º.-Condicións técnicas dos investimentos.

1. A concesión de axudas está condicionada á presentación dun proxecto asinado por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal e visado polo correspondente colexio oficial.

2. Tódolos proxectos de forestación e os seus modificados que se presenten, deberán incluír un plan de infraestructuras de defensa da forestación que se vaia efectuar, ou xustificación técnica motivada de que non é necesario.

3. Sempre será necesaria dirección de obras e certificación por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal.

4. Tódolos proxectos e as súas modificacións incluíran como cartografía planos sobre mapas oficiais correspondentes á última edición da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, preferentemente a escala 1:5.000, ou non seu defecto escala 1:10.000. No caso de agrupacións, incluirase nos planos unha referencia que permita coñecer cal é a superficie coa que participa cada membro da agrupación.

5. Para a avaliación e control das repercusións sobre o medio ambiente aplicarase o establecido no Real decreto 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental así como o establecido no artigo 19 da presente orde.

6. No proxecto incluirase un estudio básico de seguridade e saúde ou un estudio de seguridade e saúde, segundo o disposto no R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, en materia de seguridade e saúde nas obras de construcción.

7. Os proxectos que se presenten deberán incluír un punto onde se definan os labores mínimos de mantemento e o orzamento que se vai realizar en cada un dos 5 anos de vixencia da prima de mantemento, se ben estas accións quedarán condicionadas á realidade cambiante das obras biolóxicas.

8. Farase constar na memoria do proxecto se a superficie de actuación comprende zonas de protección lateral do Camiño de Santiago.

9. Farase constar na memoria do proxecto se na superficie de actuación existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Artigo 7º.-Outras condicións técnicas.

1. As densidades mínimas de plantación deberán se-las seguintes:

a) Coníferas: 1.100 plantas/ha, 1.600 plantas/ha en zonas protectoras de montaña, situadas nas cabeceiras das concas hidrográficas.

b) Castiñeiro para madeira, nogueira e cerdeira: 625 plantas/ha.

c) Castiñeiro para froito: 200 plantas/ha.

d) Resto frondosas: 800 plantas/ha.

2. Coidados culturais mínimos:

Durante a vixencia da prima de mantemento realizarase obrigatoriamente como mínimo:

a) Eliminación da vexetación de competencia.

b) Reposición de marras anual.

c) Podas de formación e de calidade, se é o caso.

d) Fertilizado cando o estado da planta o demande.

e) Mantemento das infraestructuras de defensa da repoboación.

3. Especies que se van utilizar:

Poderán ser obxecto de axuda as plantacións coas especies comprendidas nos anexos desta orde.

4. Características da planta que se van utilizar.

Os viveiros e empresas comercializadoras deberán estar dados de alta no correspondente Rexistro Oficial de Productores, Comerciantes e Importadores de Vexetais, debendo figura-lo seu número nos albarás que emitan.

Esixirase para tódalas partidas de planta que se destinen ás repoboacións subvencionadas certificado de calidade xenética e de calidade exterior, a excepción do indicado no anexo XII da presente orde, de conformidade coas ordes do M.A.P.A. do 21 de xaneiro de 1989, e co Real decreto 1356/1998. Este certificado será emitido ben por organismo oficial ou ben polo propio viveirista que produza a planta.

5. A lonxitude máxima subvencionable suma de arranxamento e construcción de pista forestal, que deberá realizarse dentro da superficie obxecto de actuación, será de 40 metros lineais por hectárea de actuación que resulte mellorada polas ditas accións. Esta densidade poderá excederse se a inspección dos terreos que realice o distrito forestal correspondente resulta favorable para tal efecto.

6. Os puntos de auga que se van instalar deberán ter xustificada a súa viabilidade e idoneidade, debendo resultar favorable a inspección polo distrito forestal correspondente.

7. As condicións técnicas mínimas e limitacións de uso que deben observarse figuran no anexo VII.

8. Quedarán excluídas de reforestación subvencionable as especies do anexo I nas áreas de valgada, entendendo como tal, aquela superficie ocupada polo contorno físico inmediato ós cursos permanentes de auga, desde estes ata unha distancia de 30 metros

en sentido perpendicular a ámbolos dous lados da marxe do leito fluvial. As especies que poidan ser atendidas na subvención solicitada nestas áreas de valgada son as sinaladas cun asterisco no anexo II.

9. Nos terreos obxecto de subvención, unha vez aprobada a axuda, colocarase nun lugar visible desde o acceso, como mínimo, un cartel identificativo, segundo o modelo indicado no anexo XIII.

Artigo 8º.-Prioridades.

Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 16, segundo tipo de titular:

-70% para comunidades de montes veciñais en man común.

-15% para agrupacións forestais.

-15% para titulares individuais e outros.

Dentro de cada un dos puntos anteriores establecerase unha orde de prioridade, segundo a seguinte prelación:

1. Solicitudes referidas a superficies totalmente incluídas en superficies solicitadas ó abeiro da Orde do 11 de agosto de 2000, de axudas a medidas forestais na agricultura, que non foron aprobadas e que presentaron o proxecto visado no prazo legal.

Dentro delas priorizarase pola súa vez, segundo o seguinte:

1.1. Por maior número de hectáreas da superficie de actuación solicitada no ano 2000.

1.2. Por maior número de hectáreas do anexo III solicitado no ano 2000.

1.3. Por maior número de hectáreas do anexo II solicitado no ano 2000.

1.4. Por maior número de puntos de auga que se van instalar solicitado no ano 2000.

1.5. De persisti-lo empate, de maior a menor valor das catro últimas cifras do DNI ou CIF do titular dos terreos.

2. Resto de solicitudes presentadas ó abeiro da presente orde, que se priorizarán, dentro delas, do mesmo modo que no punto anterior tomando como referencia a superficie solicitada no ano 2001.

Un solicitante non poderá acumular máis do 10% do total da dispoñibilidade orzamentaria.

Non se concederán axudas para aqueles solicitantes que tiveron unha porcentaxe de inexecución superior ó 25% referido ás solicitudes aprobadas ó abeiro da Orde do 15 de xuño de 1998 de axudas a medidas forestais na agricultura certificadas totalmente antes do 31 de decembro de 2000 e con prazo de remate de traballos final anterior á dita data, salvo causa xustificada informada favorablemente polo servicio de montes e industrias forestais correspondente.

Co fin de garanti-la solvencia económica e técnica do solicitante e por tanto a correcta execución das obras en calidade e prazo, limitarase o volume de

obra aprobada a cada solicitante segundo a seguinte escala:

Superficie de actuacións (ha)Nº medio de xornais cotizados ó R.G. ou ó R.E.A. no período 1999-2000

0-10Exento

11-50110

51-150510

151-4001.510

maior de 4004.000

Esta escala, para superficies de actuación menores de 150 has acumuladas, non será aplicable a aqueles solicitantes cun grao de execución de obra superior ó 80% nas obras aprobadas e totalmente certificadas antes do 31 de decembro de 2000 con prazo de remate de traballos anterior á dita data, acollidas á Orde do 15 de xuño de 1998, de axudas a medidas forestais na agricultura, nin tampouco a solicitantes que pidan axudas por primeira vez.

Así mesmo, esta escala non se aplicará no caso que o solicitante coincida co titular dos terreos obxecto de forestación.

As solicitudes que se presenten ó abeiro da presente orde e que non resulten aprobadas, no terán prioridade para a convocatoria de axudas do ano 2002.

Artigo 9º.-Superficies agrícolas excluídas.

A) Superficie mínima.

1. Para montes veciñais en man común: a suma de superficies de actuación mínima será de 5 ha en cada coto redondo, admitíndose varios cotos redondos. Para cada coto redondo que se vaia forestar con especies frondosas na súa totalidade a súa superficie mínima será de 3 ha. Admitirase un só coto redondo de superficie inferior á indicada anteriormente se fose necesario para que a suma de superficies alcance as 25 ha. A continuidade superficial do coto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

2. Para agrupacións: a suma de superficies de actuación mínima será de 5 ha nun coto redondo, non admitíndose máis dun coto redondo. Para coto redondo que se vaia forestar con especies frondosas na súa totalidade a súa superficie mínima será de 3 ha. A continuidade superficial do coto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais, nin pola presencia dun só predio de largura máxima 10 m, con predominio da lonxitude sobre a largura, pertencente a un só titular que non queira formar parte da agrupación.

3. Para particulares e outros titulares: a suma de superficies de actuación mínima será de 5 ha en coto redondo, admitíndose máis dun coto redondo. Para coto redondo que se vaia forestar con especies frondosas na súa totalidade a súa superficie mínima será de 3 ha. A continuidade superficial do coto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

B) Superficie máxima.

A superficie máxima total de actuación será de 25 ha en todo caso.

C) Poderán presentarse proxectos referidos a superficies superiores a 25 hectáreas. Os ditos proxectos poderán ser válidos para a presentación de novas solicitudes de axuda en anos sucesivos.

D) Poderán tramitarse peticións de axuda co obxecto de realizar traballos forestais en montes que teñan subscrito un convenio ou consorcio coa Xunta de Galicia.

E) En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as axudas solicitadas para traballos de repoboación, áreas de defensa contra incendios forestais e infraestructuras de defensa en terreos nos que o acordo de concentración parcelaria sexa firme.

F) Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa no poderán beneficiarse das presentes axudas.

G) As mouteiras de rexenerado existentes nas superficies obxecto de actuación, quedarán excluídas e deberán manterse en todo caso.

H) Están excluídas da aplicación da presente orde aquelas superficies catastradas con algunha das denominacións seguintes:

Souto de castiñeiro, aciñeiras, carballeira, faial, sobreiral, eucaliptal ou outras frondosas, incluso pés soltos; piñeiral solo, piñeiral voo, piñeiral madeireiro, piñeiral resinoso, árbores de ribeira e especies mesturadas.

I) No caso de existir valores singulares de tipo xeolóxico, edáfico, botánico, faunístico, histórico, literario e paisaxístico delimitarase a súa localización e zona de influencia e excluiranse da superficie de actuación.

J) No suposto de que a titularidade da superficie sexa de varios copropietarios, non se considerará como agrupación forestal, excepto os montes de varas.

k) As comunidades de montes veciñais só poderán solicitar axudas de forma individual sen posibilidade de agruparse entre elas nin con outros titulares.

Artigo 10º.-Compromisos.

Os beneficiarios das axudas comprometeranse expresamente ó cumprimento das condicións previstas na presente orde.

1. Compromisos de mantemento e conservación:

a) No caso de que o solicitante coincida co titular. O titular comprométese a mante-la forestación conforme as condicións de certificación e a conserva-la masa creada durante un mínimo de 20 anos e proceder á devolución do diñeiro percibido e dos seus xuros legais, se o bosque é danado ou destruído por descoido, neglixencia, cambio de uso ou falta de coidados silvícolas por parte do solicitante. Así mesmo, deberán manterse operativas as súas infraestructuras de acompañamento e área de defensa da masa.

b) No caso de que o solicitante sexa distinto do titular:

Durante o período de vixencia da prima de mantemento o solicitante comprométese a conservar e mante-la forestación creada, debendo realiza-los labores mínimos indicados no artigo 5º punto 2.

Unha vez transcorrido o período de vixencia da prima de mantemento e ata o final da quenda, a responsabilidade de conservación e mantemento da forestación creada e das súas infraestructuras de acompañamento pasará a ser responsabilidade do titular dos terreos.

No caso de que o solicitante cause baixa ou desapareza, a responsabilidade de executa-los traballos e de mante-la forestación xunto coas súas infraestructuras de acompañamento, pasará a corresponder ó titular dos terreos. Logo da petición expresa deste, poderase inicia-la tramitación correspondente para que o titular dos terreos pase a figurar como novo solicitante no expediente.

c) No caso de agrupacións forestais:

A responsabilidade do bo fin da actuación será esixible a cada propietario membro da agrupación.

2. Se as superficies forestadas se transmitisen en todo ou en parte durante o período de compromiso, adecuaranse as primas á situación do novo titular, debendo, en todo caso, o novo titular, cumpri-las condicións esixibles para a percepción das axudas que se lle outorgaron.

3. As superficies forestadas no ámbito desta orde non poderán dedicarse a ningún uso agrícola mentres continúen catastradas como forestais e en todo caso durante un período mínimo de 20 anos contado a partir da data da certificación final. Poderán ter lugar usos gandeiros complementarios cando estes non prexudiquen a repoboación, logo de autorización do servicio de montes e industrias forestais da provincia correspondente.

4. Se unha vez efectuada a solicitude e antes da forestación, o terreo fora obxecto dun incendio forestal ou queima do mato, o solicitante deberá comunicalo inmediatamente por escrito ó Servicio de Montes e Industrias Forestais, co obxecto de adecua-lo proxecto á nova realidade física do terreo antes do inicio dos traballos.

5. No caso de abandono, incendio ou destrucción da plantación por calquera causa, suspenderanse tódalas axudas pendentes, ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruída, total o parcialmente, sen prexuízo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que se deriven. O solicitante estará obrigado a comunicar no prazo máximo dun mes os feitos e circunstancias que provocaron a destrucción da totalidade ou de parte da plantación.

6. Os puntos de auga deberán manterse operativos durante 20 anos e mante-lo acceso libre para tarefas de extinción de incendios.

7. O beneficiario comprométese en todo momento a facilita-las tarefas de inspección ó persoal adscrito á Consellería de Medio Ambiente nas materias relacionadas coa presente orde.

Artigo 11º.-Solicitudes, documentación e prazos.

1. As solicitudes das axudas deberán ser formalizadas nos modelos para o efecto, segundo consta no anexo XI adxunto, facilitados polos órganos periféricos e centrais da Consellería de Medio Ambiente. As ditas solicitudes presentaranse nas súas oficinas, en nas súas delegacións provinciais ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e irán dirixidas ó conselleiro de Medio Ambiente.

2. Os impresos de solicitude, total e correctamente cubertos, deberán ir necesariamente acompañados da documentación abaixo relacionada.

Non serán tidas en conta aquelas solicitudes que non conteñan a información mínima que permita coñecer á Consellería de Medio Ambiente a finalidade da solicitude.

Considéranse como elementos básicos que permiten á Consellería de Medio Ambiente coñece-la finalidade da solicitude os seguintes:

-Proxecto ou modificado, se é o caso.

-Puntos nº 1, 2, 3, 4, 5, e 8 do impreso de solicitude totalmente cubertos.

2.1. En xeral:

a) Fotocopia do DNI ou CIF do solicitante e do titular dos terreos.

b) Proxecto visado polo correspondente colexio oficial, e mais unha copia del, segundo as condicións indicadas na presente orde e coa conformidade do titular dos terreos.

c) Planimetría do proxecto xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, con referencia ó datum de traballo, en ficheiro DXF con extensión «.dxt», obtida a partir dun plano de escala mínima 1:10.000 e preferentemente 1:5.000. O ficheiro DXF deberá estar estructurado da seguinte maneira:

Elemento do plano

Nivel ou

capa

Color

Observacións

Contorno da mouteira (especie anexo I)1Vermella

Contorno da mouteira (especie anexo II)2Morada

Contorno da mouteira (especie anexo III)3Maxenta

Código de predio e parcela4NegraCorresponde cos códigos da cara (separados por un guión. Exemplo: 01-01)

Pistas xa existentes5Azul

Pistas de nova creación6Azul oscuro

Pistas amañadas7Azul claro

Devasas existentes8Verde

Devasas de nova creación9Verde escuro

Punto de auga10MarrónCirculo de 2m de Ø

Elemento do plano

Nivel ou

capa

Color

Observacións

Peche11Amarela

Código de propietario12NegraCódigo do anexo IX

d) Copia cotexada de documento oficial onde figure a referencia catastral e o tipo de aproveitamento dos terreos obxecto da subvención, para os únicos efectos de determina-lo aproveitamento dos ditos terreos.

e) Xustificación da propiedade do terreo, excepto para comunidades de montes veciñais en man común, que poderá realizarse mediante copia do título de propiedade ou, no seu defecto, declaración xurada ou baixo a súa responsabilidade en que conste: nome, apelidos, DNI, NIF ou CIF do propietario, nome dos terreos, superficie, propietarios estremeiros, parroquia, concellos e provincia.

f) Declaración xurada ou baixo a súa responsabilidade do titular na que conste que nos terreos obxecto de subvención tiveron un aproveitamento agrícola ou gandeiro de forma regular desde dez anos antes da data da solicitude, indicando o tipo de aproveitamento.

g) Nomeamento do director de obra por parte do titular, comunicándose nun prazo de 10 días cambios no dito nomeamento.

2.2. Documentación complementaria segundo a natureza do beneficiario.

a) Comunidades de montes veciñais en man común:

a.1. Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o solicitante a pedir axudas á Consellería de Medio Ambiente para a execución das accións obxecto da solicitude.

a.2. Compromiso asinado polo secretario de manter libre de gando a superficie de forestación durante a quenda da especie que se vai repoboar, excepto o especificado no artigo 10º punto 3.

b) S.A.T., S.A., S.C.L e S.L.:

b.1. Documento acreditativo de constitución da sociedade.

b.2. Copia do imposto de actividades económicas actualizado.

b.3. Copia do certificado de inscrición no rexistro correspondente.

c) No suposto de que a titularidade da superficie sexa de varios copropietarios, presentarase documento no que conste o consentimento destes dando representatividade a un deles ou a un terceiro para solicita-la acción obxecto de subvención.

d) No caso de ser arrendatario:

Fotocopia cotexada do documento acreditativo do arrendamento, permitindo este tal actividade por un período igual ou superior ó da quenda de corta da especie ou especies obxecto da repoboación.

e) Cando o solicitante non sexa o titular do solo obxecto da axuda, a petición desta farase polo representante -cesionario do acordo, que poderá ser cal

quera persoa física o xurídica, debéndose cubrir neste caso o punto que para tal fin figura no anexo VIII ou anexo IX de agrupación forestal, se é o caso.

f) Agrupacións forestais.

-Acordo constitutivo da agrupación segundo modelo correspondente (anexo IX).

2.3. Outros documentos:

No caso de solicitantes de prima compensatoria será necesario que estes presenten:

2.3.1. Copia da declaración da renda do exercicio 1999, o xustificante do Ministerio de Facenda no que se acredite obter polo menos o 15% da súa renda da actividade agraria. (Só no caso de agricultores).

2.3.2. Informe oficial de vida laboral no que se acredite que dedica alomenos o 25% do seu tempo á actividade agraria. (Só no caso de agricultores).

2.3.3. Certificación do organismo competente da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do aproveitamento agrario actual dos predios obxecto de repoboación no que se indique a existencia de perda de renda polo cambio a uso forestal.

2.3.4. Anexo X cos predios afectados.

3. A documentación das solicitudes presentadas ó abeiro da orde do 11 de agosto de 2000 de axudas a medidas forestais na agricultura que foi validada polo Servicio de Montes e Industrias Forestais, será válida, entendéndose vixentes os compromisos adquiridos nela para a presente orde, e non será necesario presentala de novo na presente convocatoria de axudas, a excepción da documentación seguinte, que deberá presentase de novo:

3.1. Impreso de solicitude totalmente formalizado sen prexuízo do disposto no punto 2 do presente artigo.

3.2. Modificado do proxecto presentado no ano 2000 para adaptalo ós requisitos da presente orde e á realidade da nova solicitude de axuda coa conformidade do titular dos terreos.

3.3. Copia cotexada de documento oficial onde figure a referencia catastral e o tipo de aproveitamento dos terreos obxecto da subvención, para os únicos efectos de determina-lo aproveitamento dos ditos terreos.

3.4. Declaración xurada ou baixo a súa responsabilidade do titular na que conste que os terreos obxecto de subvención tiveron un aproveitamento agrícola ou gandeiro de forma regular desde dez anos antes da data da solicitude, indicando o tipo de aproveitamento.

3.5. Planimetría da superficie de actuación xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, en ficheiro DXF obtida a partir dun plano de escala mínima 1:10.000 e preferentemente 1:5.000.

3.6. Só para agrupacións forestais e solicitudes conxuntas solicitadas ó abeiro da Orde do 11 de agosto de 2000, de axudas a medidas forestais na agricultura, e non aprobadas, anexo IX de agrupación forestal cuberto unicamente cos titulares que achegan superficie para realizar traballos ó abeiro da presente orde.

3.7. Só para prima compensatoria:

3.7.1. Copia da declaración de renda do exercicio 1999, ou xustificante do Ministerio de Facenda no que se acredite obter alomenos o 15% da súa renda da actividade agraria. (Só no caso de agricultores).

3.7.2. Informe de vida laboral emitido pola Seguridade Social no que se acredite que dedica alomenos o 25% do seu tempo á actividade agraria. (Só no caso de agricultores).

3.7.3. Certificación do organismo competente da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do aproveitamento agrario actual dos predios obxecto de repoboación no que se indique a existencia de perda de renda polo cambio a uso forestal.

3.7.4. Anexo X cos predios afectados.

3.8. Se é o caso, copias cotexadas dos documentos TC de xornais cotizados, segundo o indicado no artigo 8º.

4. Soamente poderá presentarse unha solicitude por titular e ano para os terreos que se atopen nun mesmo concello, excepto no caso de que un titular teña terreos en dous ou máis agrupacións forestais. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberá empregarse un impreso de solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

Para superficie de actuación solicitada nun expediente ó abeiro da Orde do 11 de agosto de 2000, de axudas a medidas forestais na agricultura e non aprobada, unicamente poderá presentarse unha solicitude ó abeiro da presente orde.

5. Prazos de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde.

Artigo 12º.-Tramitación.

1. Unha vez presentada a solicitude revisarase a súa documentación e no caso de que conteña defectos ou omisións non esenciais, seralle requirida ó solicitante a emenda, outorgándolle un prazo de 10 días hábiles para facelo, con indicación de que se así non o fixera teráselle por desistido da súa petición arquivándose o expediente sen máis trámite cos efectos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

2. O conselleiro de Medio Ambiente resolverá sobre a concesión da axuda, nun prazo máximo de seis meses contados desde o día seguinte ó da publicación no DOG da presente orde, por proposta da Dirección Xeral de Montes e M.A.N., logo de proposta dos servicios de montes e industrias forestais, en función das dispoñibilidades orzamentarias e tendo en conta os criterios indicados no artigo 8 da presente orde. De acordo co artigo 44.1º da Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999, o vencemento do prazo máximo establecido sen que se dictara e notificara resolución expresa, non exime á administración da obriga de

resolver, se ben os interesados que compareceran poderán entender desestimadas as súas pretensión por silencio administrativo. Na resolución indicarase o prazo do que disporá o solicitante para a realización dos traballos, que con carácter xeral será dun mínimo de 6 meses. O outorgamento das axudas efectuarase segundo o principio de concorrencia competitiva, obxectividade, de publicidade e de transparencia das actuacións administrativas.

Contra a mencionada resolución cabe a interposición dun recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, de acordo cos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 de modificación da Lei 30/1992, e artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-admininstrativa.

3. Realizarase unha inspección en campo por dous funcionarios da Consellería de Medio Ambiente, co obxecto de comproba-la viabilidade dos traballos obxecto de subvención e verificar unidades superficiais. Será citado o solicitante e o director de obra, por escrito, para estar presente na dita inspección, podendo delegar este noutra persoa, asinando a acta de inspección, e podendo establecer nela as alegacións que considere oportunas. Para actuacións en espacios propostos para a súa inclusión na Rede Natura 2000 solicitarase internamente informe ó Servicio de Medio Ambiente Natural.

4. Poderá considerarse, nos casos excepcionais, a modificación dos traballos aprobados, que deberá ser tecnicamente xustificada e esixirá autorización previa do director xeral de Montes e M.A.N., por proposta expresa, con memoria xustificativa, do Servicio de Montes e Industrias Forestais da provincia que corresponda.

5. O conselleiro de Medio Ambiente, logo de proposta expresa do director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, e informe previo do Servicio de Montes e Industrias Forestais correspondente, poderá conceder prórrogas para a execución dos traballos obxecto de subvención, dun máximo de 4 meses. A petición de prórroga por parte do solicitante deberase realizar como mínimo cun mes de antelación á terminación do prazo de remate fixado na notificación da aprobación.

6. Unha vez comunicado o fin dos traballos, procederase a realiza-la certificación deles por dous funcionarios da Consellería de Medio Ambiente alomenos un deles distinto dos funcionarios que realizaron a inspección en campo do expediente. Será citado o solicitante e o director de obra, por escrito para estar presente na dita certificación, podendo delegar, por escrito, este noutra persoa, asinando a acta de certificación, e podendo establecer nela as alegacións que considere oportunas. Non se admitirán alegacións realizadas despois da certificación.

7. A axuda definitiva será a resultante da certificación final realizada polo persoal adscrito á Consellería de Medio Ambiente. Se as unidades de obra se executaron na súa totalidade conforme as especificacións técnicas do proxecto aprobado, a dita certificación será realizada polo importe aprobado de investimento reflectido na resolución da aprobación excepto no caso de que a relación valorada e/ou albaráns de planta empregada conteñan un importe menor.

8. No caso de que se realizase un número menor de unidades de obra respecto das aprobadas, ó efectua-la certificación, poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente. Non se certificarán traballos distintos ós previstos no proxecto aprobado, nin traballos que no cumpran as especificacións técnicas do proxecto, salvo o expresado no punto 4 deste artigo.

9. Poderá realizarse unha certificación parcial de obra por petición do solicitante cando o importe da subvención da suma dos traballos dos que se solicite a súa certificación sexa superior a 5.000.000 pesetas e sempre referidas a unidades de obra completamente rematadas ou a unidades superficiais totalmente executadas. Para obras de forestación e infraestructuras aprobadas de xeito bianualizado só se poderá realizar unha certificación para cada anualidade.

10. O conselleiro de Medio Ambiente resolverá sobre o pago da subvención, por proposta do director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

11. Pagamentos das primas de mantemento.

a) Os importes correspondentes ás primas de mantemento poderán ser aboados, logo de solicitude anterior ó 30 de xuño de cada ano na que se achegue factura ou relación valorada dos traballos realizados, a partir do ano seguinte ó que se efectuou o aboamento da certificación final dos traballos da reforestación, durante 5 anos, sempre e cando se axusten ó disposto no artigo 7º punto 2. Xunto coa dita solicitude presentarase copia cotexada da comunicación ó Catastro de Rústica para a recualificación do terreo obxecto de subvención. Por petición do solicitante, poderanse uni-los pagamentos de varias anualidades, ata un máximo de 3 anualidades, cando foran agrupados os traballos do plan de mantemento por razóns de índole técnico ou por fenómenos naturais que así o xustifiquen. Non se poderá percibir unha nova prima de mantemento ata que transcorran os anos correspondentes ó aboamento das primas acumuladas.

b) Os pagamentos correspondentes ás primas de mantemento dos expedientes solicitados ó abeiro da presente orde, efectuaranse sempre que o estado da masa sexa satisfactorio, de acordo co Plan de Controis.

12. Pagamentos das primas compensatorias.

a) Os importes correspondentes ás primas compensatorias serán aboados logo de solicitude anterior ó 30 de xuño de cada ano na que se faga constar que se manteñen sen modificación os condicionantes que se consideraron para a concesión da axudas, a partir do ano seguinte ó que se efectuou o aboamento da certificación final dos traballos da forestación e durante un período máximo de 15 anos.

b) A tramitación das primas compensatorias queda condicionada a que a repoboación forestal presente unha espesura acorde coa idade e estado vexetativo sexa o adecuado para garanti-la súa continuidade.

Artigo 13º.-Xustificación, comprobacións e pagamento.

1. Xunto coa comunicación de remate dos traballos deberase achega-la seguinte documentación:

-Certificación de obra realizada visada polo colexio correspondente incluíndo relación valorada dos traballos executados e albarás da planta empregada.

-Certificación bancaria de conta aberta a nome do solicitante.

-Certificación oficial de non ter débedas coa Comunidade Autónoma, nin coa Axencia Tributaria e de estar ó corrente coa Seguridade Social, do solicitante, de acordo coa normativa concorrente.

-Certificado de calidade xenética e exterior da planta empregada na repoboación, segundo o establecido no artigo 7º punto 4.

No caso de non entregarse algún destes documentos ou que estes posúan algún defecto, seralle requirido ó solicitante a emenda da dita documentación no prazo de dez días.

Os pagamentos parciais serán garantidos mediante aval bancario ou de entidade aseguradora suficiente, que se depositará por tempo indefinido a disposición da Consellería de Medio Ambiente na Tesourería Xeral da Xunta de Galicia. O referido aval garantirá a cantidade anticipada máis os xuros, calculados ó xuro xeral do diñeiro vixente no momento da concesión do pagamento parcial e por un prazo que medie entre a data de solicitude do pagamento parcial e o último día en que a subvención deba ser xustificada, tramitándose de conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 4/2000, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

2. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario, mentres non exista resolución de aprobación favorable a ela.

Artigo 14º.-Revogacións.

1. A axuda poderá revogarse, excepto casos de forza maior, logo de tramitación do oportuno expediente, se se dá algún dos seguintes supostos:

a) Incumprimento do dictado en calquera dos artigos da presente orde que impliquen obrigacións por parte do solicitante ou do titular.

b) Execución de menos do 80% do orzamento aprobado. No caso de que a superficie aprobada fose a superficie mínima, deberanse executa-las accións previstas na súa totalidade. A aqueles solicitantes que executaran menos do 80% do orzamento aprobado en obras subvencionadas ó abeiro da Orde do 11 de agosto de 2000, de axudas a medidas forestais na agricultura, seranlle revogadas as axudas aprobadas ó abeiro da presente orde.

c) Incumprimento dos prazos para realiza-los traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente ou, se é o caso, da prórroga concedida.

d) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúe os obxectivos desta orde.

e) Por incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar ou falsear datos.

f) Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

g) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

h) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da subvención ou axuda pública.

Serán casos de forza maior, de conformidade co disposto no artigo 30 do Regulamento (CE) Nº 1750/1999 da Comisión do 23 de xullo de 1999:

a) Falecemento do titular ou do solicitante.

b) Incapacidade profesional de longa duración do titular ou do solicitante.

c) Expropiación dunha parte importante da explotación, se esta expropiación non era previsible o día en que se subscribiu o compromiso.

d) Calamidades naturais graves que afecten seriamente á superficie agrícola da expropiación.

A notificación dos casos de forza maior e as probas relativas a estes, deberán realizarse por escrito nun prazo de dez días hábiles, contados desde a data na que se produciu o caso de forza maior.

2.-Nestes casos, excepto nos casos de forza maior, procederá ó reintegro da axuda percibida e dos xuros de demora devengados dende o seu pagamento de acordo coa Lei de réxime financeiro e orzamentario da Xunta de Galicia.

3. Nos casos de revogación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outros peticionarios, de acordo coa relación de prioridades, criterios e orde establecido.

Artigo 15º.-Controis.

Non se poderá efectuar ningún pagamento sen ter realizados previamente os controis preceptivos, tanto administrativos como sobre o terreo, de acordo co plan anual de controis con base no establecido nos artigos 46 a 48 do Regulamento (CE) 1750/1999, da Comisión, do 23 de xullo. Os controis sobre o terreo realizaranse segundo o disposto no Regulamento (CE) 3887/1992, da Comisión relativo ó sistema integrado de xestión e control. Todo isto segundo o especificado, ademais, no artigo 12 do Real decreto 6/2001, do 12 de xaneiro, sobre fomento da forestación de terras agrícolas.

Así mesmo, de conformidade co Programa Horizontal 1 presentado polo Estado español á Comisión, cruzaranse os datos dos expedientes de solicitude destas axudas cos do sistema integrado de xestión e control.

A parte dos órganos desta comunidade autónoma competentes para efectuar unha fiscalización ou control a posteriori dos pagamentos que deriven destas axudas, tamén serán competentes para a realización dos oportunos controis e auditorías, o Servicio de Control Interno do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, na súa calidade de organismo pagador así como os demais órganos comunitarios de inspección e control.

Artigo 16º.-Financiamento.

As accións previstas nesta orde financiaranse, no exercicio do ano 2001 e 2002, con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

Ano 2001: 482.550.478 pesetas.

1. Con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.614-C.770.0: 282.692.726 pesetas.

2. Con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.731-A.770.0: 199.857.752 pesetas.

Ano 2002: 1.218.000.000 ptas.

1. Con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.614-C.770.0: 609.000.000 de pesetas.

2. Con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.731-A.770.0: 609.000.000 de pesetas.

Estes importes poderán ser incrementados con fondos comunitarios, do MAPA ou da Comunidade Autónoma.

Artigo 17º.-Infraccións e sancións.

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no artigo 48.2º do Regulamento 1750/1999, da Comisión, do 23 de xullo, sen prexuízo da aplicación adicional do disposto no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como o disposto no Decreto 287/2000, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 18º.-Alteración de condicións.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 19º.-Obrigas.

1. O beneficiario da axuda e o solicitante está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

2. O solicitante e o beneficiario están obrigados a realiza-la actividade ou adopta-lo comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

3. O titular da terra obxecto de subvención está obrigado a comunicarlle ó Catastro de Rústicas o cambio de uso da terra para que este proceda a súa recualificación, segundo o indicado no artigo 12º punto 11.

4. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunica-lo inmediatamente á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de conformidade coa Lei 30-10-1995 pola que se regula o patrimonio cultural de Galicia.

5. As actuacións na zona lateral de protección do Camiño de Santiago comunicaraas o solicitante á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, co obxecto de contar coa súa autorización previa, de conformidade coa Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago.

Artigo 20º.-Avaliación de impacto ambiental.

De conformidade co disposto no artigo 1 punto 2 do Real decreto 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, fíxanse os límites de acordo cos criterios do seu anexo III, por debaixo dos cales as actuacións que se realicen ó abeiro da presente orde non deben someterse a avaliación de impacto ambiental:

1. Superficie de actuación menor de 50 ha.

2. Superficie de actuación continua acumulada con outros proxectos realizados ó abeiro de convocatorias de axudas anteriores do Programa de Forestación de Terras Agrarias menor de 1.000 ha.

Artigo 21º.-Entrada en vigor.

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposiciones adicionales

Primeira.-As axudas concedidas na presente orde son incompatibles coas axudas para o cesamento anticipado da actividade agraria e con calquera outro réxime de axuda comunitaria.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para dictar tódalas disposicións complementarias co obxecto de desenvolve-la presente orde.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2001.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO I

Coníferas

Tódalas especies considéranse de crecemento lento por quenda maior de 20 anos.

A2 Piñeiro silvestre: Pinus sylvestris L.

A3 Piñeiro insigne: Pinus radiata D. Don.

A4 Pseudotsuga: Pseudotsuga menziesii.

A6 (Outras coníferas)

Piñeiro: Pinus nigra Arn.

Piñeiro manso: Pinus pinea L.

Abeto vermello: Picea excelsa Lam.

Alerce :Larix s.p.

Secuoia: Secuoya sempervirens.

ANEXO II

Frondosas

Tódalas especies considéranse de crecemento lento por quenda maior de 20 anos.

B1 Ameneiro: Alnus glutinosa (L.) Gaertn.. (*).

B2 Bidueiro: Betula sp. (*).

B3 Chopo negro: Populus nigra. (*).

B5 Pradairo: Acer pseudoplatanus. (*).

B6 Freixo: Fraxinus excelsior L. (*).

Fraxinus angustifolia Vahl. (*).

B7 Castiñeiro: Castanea sativa Mill.

B8 Castiñeiro híbrido: Castanea X hybrida (resistente tinta).

B9 Cerdeira: Prunus aviun L. (*).

Prunus mahaleb L.

Prunus padus L.

B10 Carballo: Quercus robur L. (*).

B11 Aveleira: Corylus avellana L. (*).

B12 Faia: Fagus sylvática L.

B13 Cerquiño: Quercus pyrenaica Will (*).

B14 Sobreira: Quercus suber L.

B15 Nogueira americana: Juglans nigra. (*).

B16 Outras frondosas

Olmo: Ulmus glabra Huds. (*).

Ulmus minor Miller (*).

Loureiro: Laurus nobilis L.

Sorbeira do monte: Sorbus aria.

Capudre: Sorbus aucuparia.

Carballo albar: Quercus petrea (Matts) Liebl.(*).

Aciñeira: Quercus ilex L.

Quercus rotundifolia.

B19 Castiñeiro para froito: Castanea sativa Mill.

B20 Carballo americano: Quercus rubra (*).

(*) Especies subvencionables en áreas de valgada.

ANEXO III

Especies arbóreas de interese ecolóxico e socio-económico para Galicia

Tódalas especies considéranse de crecemento lento por quenda maior de 20 anos.

ANEXO III.1

C1 Teixo: Taxus baccata L.

C2 Nogueira: Juglans regia L.

C3 Érbedo: Abutus unedo L.

C4 Acivro: Ilex aquifolium L.

ANEXO III.2

E1 Piñeiro do país (altitude menor de 1.000 m s.n.m.): Pinus pinaster

ANEXO IV

Anexo de prezos máximos atendibles de unidades de obra de repoboación

I. Acción previa sobre o mato

ConceptoImporteNº de clave

ha de roza manual145.000 1

ha de roza mecanizada 58.000 2

ha de tratamento fitocida 34.80038

Importes en pesetas

II. Preparación do solo

ConceptoImporteNº de clave

Apertura mecanizada dun burato con bulldozer 4640

Apertura manual dunha cuadrícula picada de 30 cm de diámetro e profundidade mínima de 30 cm 99 4

Apertura manual dun burato de 40 x 40 cm con profundidade mínima de 40 cm 139 5

ha de preparación do solo con subsolado simple con profundidade mínima de 50 cm e separación 3 m37.12010

ha de preparación do solo con subsolado simple con profundidade mínima de 50 cm e separación 4 m25.52045

ha de preparación do solo con subsolado cruzado con profundidade mínima de 50 cm81.20037

ha de preparación do solo con lombas46.40042

Labra superficial24.36011

ha subsolado lineal con cuñas fendedoras e con 3 m de separación52.20043

ha subsolado lineal con cuñas fendedoras e con 4 m de separación40.60044

Ud. Aburatado mecanizado con escavadora 11618

Importes en pesetas

III. Implantación vexetal

ConceptoImporteNº de clave

Plantación manual dunha conífera dunha ou dous zumes ou frondosa dun zume a raíz núa 5213

Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes ou frondosa dun zume en colector 2914

Plantación de planta en colector e acondicionamento de cuadrícula onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatado mecanizado con bulldozer 6446

Plantación dunha conífera a raíz núa e acondicionamento de cuadrícula onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatado mecanizado con bulldozer 7547

Plantación dunha frondosa a raíz núa e acondicionamento de cuadrícula onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatado mecanizado con bulldozer 8748

Plantación manual dunha frondosa de dous zumes ou con máis de 1 metro de altura sobre aburatado mecanizado con escavadora ou manual 11617

Importes en pesetas

IV. Outras accións incluíbles na forestación

ConceptoImporteNº de clave

ha de fertilizado (inclúe fertilizante e man de obra)36.30819

DrenaxeA

xustificar

22

Unidade de protector de planta, incluso colocado 20041

ha de área de defensa contra incendios forestais92.80049

ha de área de defensa contra incendios forestais lindante con pista forestal58.00050

Unidade de cartel identificativo40.60051

Importes en pesetas

ANEXO V

Anexo de prezos máximos atendibles por planta

ConceptoImporteNº de clave

Ude. Conífera 1 zume a raíz núa 1923

Ude. Conífera de 2 zumes a raíz núa 2352

Ude. Pseudotsuga 2 zumes a raíz núa 4124

Ude. Conífera, 1 zumes con terrón 3731

Ude. Pseudosuga 2 zumes con terrón 5232

Ude. Frondosa 1 zume maior de 20 cm e ata 35 cm 4625

Ude. Frondosa 1 zume maior de 30 cm con terrón 6033

Ude. Frondosa 2 zumes repicado maior de 35 cm e ata 60 cm12253

Ude. Frondosa 2 zumes repicado maior de 60 cm e ata 100 cm19754

Ude. Frondosa 2 zumes repicado maior de 100 cm24155

Ude. Castiñeiro híbrido resistente ata 1 m25426

Ude. Castiñeiro híbrido resistente maior de 1 m31427

Ude. Teixo, acivro ou érbedo23234

Importes en pesetas

ANEXO VI

Infraestructuras de acompañamento das novas repoboacións que se realicen ó abeiro da presente orde

(Prezos máximos)

ConceptoImporteNº de clave

km pista forestal (apertura)1.106.00010

km arranxo de pista forestal (incluíndo pasos de auga) 348.00011

Punto de auga con capacidade igual ou superior a 50 m de auga 351.00014

km peche do predio forestado1.027.00021

Importes en pesetas

ANEXO VII

Limitacións de uso e condicións técnicas mínimas

dos traballos

TraballoLimitacións de usoCondicións técnicas mínimas que deben cumpri-los traballos

Roza manual-Pendentes superiores ó 35%-Zonas nas que se xustifique a imposibilidade de realizar traballos mecanizados-A altura do mato unha vez rozado non superará os 10 cm

Roza mecánica-Pendentes inferiores ó 35%-A altura do mato unha vez rozado non superará os 10 cm

Tratamento fitocida-Non empregar en zonas de valgada-Utilizar productos sistémicos non residuais

Labra superficial-Vexetación herbácea-Pendentes comprendidas entre 0-25%-Profundidade da labra maior de 20 cm

Cuadrículas picadas-Pendentes superiores ó 35%-Zonas nas que se xustifique a imposibilidade de realizar traballos mecanizados-Dimensións mínimas de 30x30x30 cm.

Buratos manuais-Pendentes superiores ó 35%-Zonas nas que se xustifique a imposibilidade de realizar traballos mecanizados-Dimensións mínimas de 40x40x40 cm.

TraballoLimitacións de usoCondicións técnicas mínimas que deben cumpri-los traballos

Subsolado lineal-Pendentes comprendidas entre 0-35%-Traballase no sentido que permita a posterior mecanización dos traballos de mantemento

Levantarase o ripper 2 m. cada 10 m no caso de pendentes maiores do 20%

-Profundidade maior de 50 cm

Subsolado lineal con cuñas fendedoras-Pendentes comprendidas entre 0-35% -Levantarase o ripper 2 m cada 10 m para pendentes maiores do 20%-Traballarase sempre no sentido que permita a mecanización dos traballos de mantemento-Profundidade do labor, medido desde o nivel do solo sen alterar, maior de 50 cm-Largo da labra realizado coas cuñas fendedoras, medido ó nivel do solo sen alterar, maior de 30 cm-Largo da labra realizada coas cuñas fendedoras medido a 15 cm, baixo o nivel do solo sen alterar, maior de 15 cm

Aburatado mecanizado con bulldozer-Xustifica-la súa utilización en pendentes inferiores ó 35% -Profundidade do labor ó final da burata, medida desde o nivel do solo sen alterar, maior de 50 cm-Lonxitude total da burata, incluída a burata e o lombo de terra sacada da burata, comprendida entre 150-200 cm-Largura superficial no comezo da burata, medido ó nivel do solo sen alterar, maior de 40 cm-Largura superficial ó final da burata, medido ó nivel do solo sen alterar, maior de 60 cm

Alombado con desfonde lineal-Zonas con encharcamentos-Só realizará cando a realización dos traballos non produza a inversión de horizontes (Horizonte A de profundidade maior de 50 cm.)-Realizarase mediante o pase de alomenos dous vesos-Profundidade do corte da arada, medida desde o nivel do solo sen alterar, maior de 40 cm-Largo total do lombo, incluído o suco e o lombo volteado, maior de 150 cm

Furado mecanizado con excavadora-Plantación de frondosas de altura maior de 100 cm-Dimensións mínimas de 50x50x50 cm

Fertilización completa-Realizarase con fertilizantes CEE o UE, de aplicación localizada e liberación lenta, adaptados ás características edafolóxicas da zona de plantación, co fin de evita-la contaminación dos acuíferos-Os fertilizantes poderán aplicarse en forma de pastillas o cápsulas resinadas

Peche-Realizarase con postes, con 3 ringleiras de arame, como mínimo a altura dos postes sobre o nivel do solo será maior de 150 cm-Para facilita-lo acceso ás persoas para a realización de traballos de mantemento e defensa contra incendios, construirase a cada cara do peche alomenos un "paso de home",

Área de defensa contra incendios forestais-Terán un largo mínimo de 10 m-Terán unha franxa central de 5 metros con decapado ata o solo mineral e dous franxas laterais de alomenos 2,5 metros de largo nas que se realizará un roza a feito-No caso de coincidir no perímetro unha pista forestal deberase realizar unha roza nunha franxa de largo igual ó resultado de restar a 10 metros o largo da pista en metros

TraballoLimitacións de usoCondicións técnicas mínimas que deben cumpri-los traballos

Apertura de pista-Non se superará a densidade de 40 m. De pista/ha salvo inspección favorable Distrito-Adaptarase o seu trazado ó contorno natural do terreo-A largura da caixa, incluídas foxos e plataforma, estará comprendida entre 3-5 m e estar dotadas dos pasos de auga e foxos necesarios-A pendente máxima da rasante non superará o 12%-A sección transversal do camiño terá unha caída do 1-2% para facilita-la evacuación das augas cara ós foxos-Realizaranse suficientes apartadoiros para garantiza-la circulación en ámbolos sentidos-Dotarase ás pistas ou camiños de alomenos 2 pasos de auga por kilómetro-Eliminarase o cordón que puidera formarse na parte exterior da pista ó abri-la caixa-Nos tramos con pendente realizaranse cortes transversais en forma de quenlla dirixidos ó exterior da pista para facilita-la evacuación das augas, cada 50 m

Mellora de pista-Só se realizará sobre as pistas que conten cunha largura de caixa, incluidas foxos e plataforma, maior de 3 m-Non se superará a densidade de 40 m. De pista/ha. Salvo inspección favorable distrito-A pendente máxima da rasante non superará o 12%-A sección transversal do camiño terá unha caída do 1-2% para facilita-la evacuación das augas cara ós foxos-Realizaranse suficientes apartadoiros para garantiza-la circulación en ámbolos sentidos-Dotarase as pistas ou camiños alomenos 2 pasos de auga por kilómetro-Nos tramos con pendente realizaranse cortes transversais en forma de quenlla dirixidos ó exterior da pista para facilita-la evacuación das augas, cada 50 m

ANEXO VIII

Acordo de cesión do titular dos terreos ó

solicitante-Representante

Para cubrir cando o solicitante da axuda non sexa o titular dos terreos obxecto de subvención:

D..., con NIF/CIF... con enderezo en rúa/praza... nº... poboación... CP... provincia... teléfono...

como titular dos terreos obxecto de subvención no termo municipal de..., dá a súa conformidade á petición de axuda do solicitante-representante, para efectuar traballos forestais nos ditos terreos, e para ser preceptor da axuda que corresponda.

Datos do solicitante-Representante

D..., con NIF/CIF... con enderezo en rúa/praza... nº... poboación... CP... provincia... teléfono...

Os que abaixo asinan, declaran baixo a súa responsabilidade que son certos os datos expresados nesta declaración, e comprométense a cumpli-lo disposto na orde da Consellería de Medio Ambiente do... de... de 2001 de fomento da forestación de terras agrícolas.

En... o... de... de 2001.

Sinatura do solicitante-representante Sinatura do titular

Asdo.: Asdo.: