Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 12 de xuño de 2001 Páx. 7.791

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a lista definitiva de admitidos e excluídos para participar nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios dos anteditos corpos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Transcorridos os prazos previstos na Resolución do 25 de abril de 2001 (DOG do 3 de maio) pola que se fixo pública a lista provisional de admitidos e excluídos ós procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades, convocados por Orde do 8 de marzo de 2001.

Esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública a lista definitiva de admitidos ós procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e de profesores técnicos de formación profesional, coa indicación da modalidade de acceso pola que concorre cada aspirante e se están exentos da proba de coñecementos de lingua galega e lingua castelá nos anexos I e II desta resolución respectivamente.

Segundo.-Declarar excluídos definitivamente os aspirantes que figuran no anexo III desta resolución, polas causas que se indican.

Terceiro.-Os interesados poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, conforme o establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2001.

Jaime García García

Director xeral de Persoal