Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.736

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (17/2001).

Juan Rey Pita, secretario en funcións do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 17/2001 por instancia de Magdalena Naya González contra a empresa Bupán 2000, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia con data 26-4-2001 que copiada nos particulares necesarios dí así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Magdalena Naya Gómez contra a empresa Bupán 2000, S.L. debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante na data 27-11-2000 condenando a demandada a que no prazo de cinco días a contar desde a notificación desta resolución opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou aboamento da cantidade de 52.182 pesetas no concepto de indemnización e o aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta resolución a razón de 3.883 pesetas diarias.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Prevense á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións 5605.0000.60 do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade denominado Conta do Xulgado do Social número catro o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírteselle á parte demandada que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronuncio, mando e asino.»

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Bupán 2000, S.L., expido e asino a presente na Coruña, o 26 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado