Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 3 de maio de 2001, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican os requirimentos de pagamento a quen prestou caución a resultas da sanción que se impuxese nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-02958-O-1999).

Por medio desta cédula requírese os fiadores, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, para que, tendo devido firmes as resolucións sancionadoras que se citan nela, sen que o denunciado aboara o importe da sanción, procedan ó pagamento delas.

Son requiridos para que no prazo de 15 días hábiles aboen o importe da dita sanción, co apercibimento de que, de non facelo efectivo no dito prazo, se procederá ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na lexislación vixente.

O ingreso da citada multa farase mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións nº 13763620, do Banco Bilbao-Vizcaya, Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela, debendo indica-lo nº de expediente.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados garantes, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 3 de maio de 2001.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspeccion de Transportes

ANEXO

Expediente: OU-02958-O-1999.

Matrícula: 00-96-MT.

Denunciante: G.C. de Tráfico.

Denunciado: Brita Grilos, Lda.

Último enderezo coñecido: Campo de Cima, s/n, 5400 Chaves.

Feito denunciado: realizar un transporte dun cargamento de area, estando autorizado cun P.M.A. de 40.000 kg, dando un P.M.A. segundo ticket de báscula-movemento de 48.650 kg, habendo un exceso de peso de 8.650 kg (21%).

Data, hora, estrada, p.k.: 23-6-1999; 20.12; C-531; 2.