Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.735

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (851/2000).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres en funcións do Xuzgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos 851/2000 por instancia de José Cabana Portela contra a empresa Construccións Cosmarti, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data que copiada nos particulares necesarios dí así:

Decido que estimando a demanda promovida por José Cabana Portela contra a empresa Construccións Cosmarti, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que aboe á demandante a cantidade de 495.376 pesetas por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de inicialo mediante comparecencia ou por escrito sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen ese requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na memsa conta coa clave 65, entregándose o xustificante na Secretaría ó tempo de

interpoñe-lo recurso declarándose o mesmo desistido de non constituírse tal depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronuncio, mando e asino.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa, expido e asino a presente cédula na Coruña o 26 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado