Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.735

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (845/2000).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos 845/2000 por isntancia de María Dolores Rivas Veiga contra a empresa Trans. Consign. e Viaxes, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 26-4-2001 que copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que estimando a demanda promovida por María Dolores Rivas Veiga contra a empresa Trans. Consig. e Viaxes, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que aboe á demandante a cantidade de 1.858.011 pesetas por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5605.0000.60 do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número catro o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronuncio, mando e asino.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Trans. Consig. e Viaxes, S.L. expido e asino a presente cédula na Coruña o 26 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado