Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.734

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (661/2000).

Juan Rey Pita, secretario en funcións do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 661/2000 por instancia de Clara María Lema Rodríguez contra Galfarma, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 26-4-2001 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido que estimando a demanda promovida por Clara María Lema Rodríguez contra Galfarma, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que aboe á demandante a cantidade de 540.334 pesetas por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5605.0000.60 do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número catro o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, sen os cales requisitos non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronuncio, mando e asino.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Galfarma, S.L. expido e asino a presente na Coruña o 26 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado