Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.734

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2001 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de métodos de investigación e diagnóstico en educación, do departamento de Métodos e Técnicas de Investigación en Ciencias do Comportamento e da Educación, a Luis Martín Sobrado Fernández (praza 1732/2000).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 18 de maio de 2000 (BOE do 15 de xuño) para a provisión da praza de catedrático de universidade da área de coñecemento de métodos de investigación e diagnóstico en educación, do departamento de Métodos e Técnicas de Investigación en Ciencias do Comportamento e da Educación, da Universidade de Santiago de Compostela, a facor de Luis Martín Sobrado Fernández, tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Luis Martín Sobrado Fernández, catedrático de universidade da área de coñecemento de métodos de investigación e diagnóstico en educación, do departamento de Métodos e Técnicas de Investigación en Ciencias do Comportamento e da Educación, da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2001.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela