Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 11 de xuño de 2001 Páx. 7.734

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2001 pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico en fomento da innovación, convocada por Resolución do 1 de febreiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).

Rematado o prazo de presentación de reclamacións contra a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico en fomento da innovación, convocada por Resolución do 1 de febreiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo), este rectorado, en aplicación do previsto na base 4.1 da convocatoria, resolve aproba-la lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que figura a continuación:

Relación de admitidos:

Pérez Astray, Braulio (DNI 76.353.496).

De acordo co establecido na base 7.1 convócase o aspirante para a realización do primeiro exercicio da oposición, que dará comezo ás 10 horas do día 18 de xuño de 2001 na sala de xuntas da Xunta de Goberno da Universidade (rúa Mestranza, s/n).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 30 de maio de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña