Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 08 de xuño de 2001 Páx. 7.609

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 29 de maio de 2001 pola que se resolve a caducidade do expediente para declarar como solos contaminados os terreos afectados do polígono de Torneiros, no concello do Porriño (Pontevedra) (fase II), iniciado pola Orde do 3 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 136, do 13 de xullo).

Visto o expediente polo que se acorda o procedemento para declarar como solos contaminados os terreos afectados do polígono de Torneiros, no concello do Porriño (Pontevedra), e tendo en conta os seguintes:

Antecedentes de feito.

Pola Orde do 3 de xullo de 2000, trala investigación de detalle realizada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, na que se avalía a contaminación existente nos terreos do polígono de Torneiros (fase II), acórdase inicia-lo procedemento para declarar como solos contaminados os terenos afectados do polígono de Torneiros, no concello do Porriño (Pontevedra) (fase II), delimitados no plano que figuraba como anexo dela; e abrir un período de información pública, por un prazo de vinte días, para que calquera persoa física ou xurídica puidese formula-las alegacións que considerase oportunas.

Funtamentos xurídicos.

O expediente iniciouse e instruíuse conforme o disposto nas normas legais aplicables, en particular, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, modificada pola Lei 4/1999,

do 13 de xaneiro, e na Lei 10/1998, do 21 de abril,

de residuos.

A competencia para a resolución deste procedemento correspóndelle ó conselleiro de Medio Ambiente, de conformidade co disposto na Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos, así como no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, regu-

ladora da Xunta e do seu presidente, en relación co Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O artigo 44.2º da LRXPAC, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, establece a caducidade do procedemento polo transcurso do prazo de resolución de tres meses establecido na mesma lei para este tipo de procedementos e dado que neste caso o tempo transcorrido entre a data de inicio do procedemento e a data desta resolución supera o devandito prazo, cómpre declara-la súa caducidade e o arquivo das actuacións.

Vistos os preceptos citados e demais de pertinente aplicación,

RESOLVO:

Declara-la caducidade do devandito procedemento e o arquivo das actuacións sen prexuízo de que, de conformidade co previsto no artigo 92.3º da LRXPAC, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, se inicie un novo expediente.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que coide pertinente.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2001.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente