Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Venres, 08 de xuño de 2001 Páx. 7.608

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 129/2001, do 25 de maio, polo que se aceptan as doazóns, a título gratuíto, de once colchóns antiéscaras, un ordenador persoal, un ordenador portátil, un frigorífico de 386 litros, unha neveira, unha caixa de instrumental oftalmolóxico, un respirador e de dous ordenadores con CD, con destino a distintas unidades do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

As empresas que se detallan a continuación ofrecen a doazón ó Servicio Galego de Saúde da Comunidade Autónoma de Galicia os activos correspondentes, con destino a diversas unidades do Complexo Hospitalario de Pontevedra:

-Ekipo S. Coop. Ltda.: once colchóns antiéscaras.

-Pharmacia Spain, S.A.: un ordenador persoal y un ordenador portátil.

-Innogenetics Diagnostica y Terapéutica, S.A.: un frigorífico.

-Roche Diagnósticos: unha neveira.

-Corneal España, S.L.: unha caixa de instrumental oftalmolóxico.

-Galilei Medical, S.A.: un respirador.

-DPC Dipesa, S.A.: dous ordenadores con CD.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e presidente do Servicio Galego de Saúde e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de maio de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a doazón dos activos das citadas empresas, xunto cos dereitos derivados da propiedade.

Artigo 2º

Os activos acéptanse segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinaranse a diversas unidades do Com

plexo Hospitalario de Pontevedra, de acordo coa vontade dos doadores.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, vintecinco de maio de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais