Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2001 pola que se lle outorga a Pescados Manolita, S.L., permiso de actividade para a posta en funcionamento dun establecemento auxiliar de cultivos mariños no concello de Burela (Lugo).

Visto o expediente instruído para efectos de outorgamento do permiso de actividade para a explotación dunha cetaria, apreciáronse os seguintes

A) Feitos.

Primeiro.-Mediante escrito do 2 de outubro de 2000, Manuela García Arnau (DNI/CIF: 33808522V), en representación de Pescados Manolita, S.L. (DNI/CIF: B27172337), solicitou permiso de actividade para a explotación dun/ha cetaria situada na avda. Arcadio Pardiñas, 180, Burela, provincia de Lugo.

Segundo.-A interesada presentou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de establecementos.

Terceiro.-No expediente consta a seguinte documentación, referida ó resultado da información pública e oficial:

-Anuncio de información pública, inserido no Diario Oficial de Galicia.

-Informe técnico biolóxico favorable.

-Informe urbanístico favorable do Concello de Burela.

-Informe xurídico favorable do Servicio Técnico-Xurídico.

B) Fundamentos de dereito.

Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142) e coa Orde do 27 de marzo de 2000, pola que se regula o procedemento para o outorgamento do permiso de actividade para establecementos de cultivos mariños e auxiliares na zona terrestre (DOG nº 67).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Outorgar a Pescados Manolita, S.L. con DNI/CIF: B27172337, permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación do establecemento auxiliar de cultivos mariños, que se indica a continuación.

Tipo: cetaria.

Nome: Pescados Manolita, S.L.

Actividade: estabulación.

Situación: avda. Arcadio Pardiñas, 180. Burela (Lugo).

Especies: lumbrigante (Homarus gammarus), lagosta (Palinurus vulgaris), nécora (Macropipus puber), centolo (Maja squinado), boi (Cancer pagurus).

Situación: avda. Arcadio Pardiñas, 180 Burela (Lugo).

-Superficies:

Dominio privado: 115,09 m.

-Características das instalacións:

Naves: nº: 1.

Piscinas: 8.

-4 piscinas de 0,50 m x 1 m.

-4 piscinas de 0,75 m x 1 m.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade outórgase por un prazo de dez (10) anos, que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Poderá prorrogarse por períodos máximos doutros dez anos, logo de petición do interesado dentro dos 60 días anteriores ó vencemento da súa vixencia.

Segunda.-As obras e instalacións, que poderán dar comezo no momento no que o titular dispoña das autorizacións preceptivas dos distintos organismos

competentes na materia, levaranse a cabo conforme o proxecto presentado, subscrito polo arquitecto técnico Benigno González Mon, e deberán quedar totalmente rematadas no prazo dun ano, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

Terceira.-A execución das obras e instalacións e o inicio da actividade realizaranse de acordo co disposto nos artigos 5 e 6 da devandita Orde do 27 de marzo de 2000.

Cuarta.-O establecemento non poderá destinarse a usos distintos dos autorizados. Baixo ningún concepto se poderá modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Quinta.-O permiso de actividade ó que se refire esta resolución extinguirase polo incumprimento dalgunha das condicións dela polo remate de arrendamento do local onde se instala o establecemento e nos casos previstos no artigo 72, da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Sexta.-O outorgamento deste permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes.

Sétima.-O titular xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito ó acto do dito imposto, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2001.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura