Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores AG-SA-3/2001-PO e AG-SA-28/2001-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo que se mencionan as propostas de resolución, dictadas polo instructor nos expedientes que por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4/2/1955, se están a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-los expedientes, no Servicio Tecnico Xurídico, sito na r/ Benito Corbal nº 47-4ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 3 de maio de 2001.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-3/2001-PO.

Denunciado: Manuel Liste Gago.

Feito denunciado: carecer do libro-rexistro de movementos e compravenda de gando.

Data do acordo de incoación: 15-1-2001.

Alegacións á incoación: 14-2-2001.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 10 da Orde do 23 de agosto de 1955.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias do 4/2/55, actualizado polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: de 35.000 pesetas.

Expediente: AG-SA-28/2001-PO.

Denunciado: Juan Cabaleiro Salgado.

Feito denunciado: carecer do libro-rexistro de movementos e compravenda de gando, falta de identificación das ovellas, falta de guía de orixe e sanidade pecuaria e falta do certificado de inscrición do vehículo.

Data do acordo de incoación: 29-1-2001.

Alegacións á incoación: 26-2-2001.

Preceptos infrinxidos: incumprimento dos artigos 10 da Orde do 23 de agosto de 1955, 8º e o anexo VI do R.D. 205/1996, do 9 de febreiro, artigos 217.3º e 52.4º do Decreto do 4/2/55, respectivamente.

Precepto sancionador: artigos 217.3º do Decreto do 4/2/55 e 206 a) do Regulamento de Lei de epizootias.

Sanción: 110.000 pesetas.