Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de maio de 2001, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Coto Teixido.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 10 de maio de 2001, da que a parte dispositiva é o seguinte texto literal:

1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico coto Teixido.

2. De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento dos concellos de Mañón e Ortigueira queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria