Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Xoves, 07 de xuño de 2001 Páx. 7.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a adquisición de ordenadores e impresoras para centros docentes.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación-Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras.

c) Número de expediente: 2001 12 000403.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de ordenadores e impresoras para centros docentes.

b) División por lotes e número: non hai división por lotes.

c) Lugar de entrega: segundo o prego de características técnicas.

d) Prazo de entrega: segundo o prego de características técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.000.000 de pesetas (30.050,61 euros) impostos incluídos.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación-Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras.

b) Enderezo: rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 61 39.

e) Fax: 981 54 61 38.

Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N =359.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

2º Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: ata a adxudicación do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense segundo o establecido no parágrafo quinto do punto 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas.

Será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 11 horas do quinto día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se faga por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax.

10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2001.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación

Pesqueira e Investigación