Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.226

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Peña Armada (proxecto modificado número 1). (Expediente 041EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en r/ Betanzos, 1-1º esq., 15004 A Coruña, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Peña Armada (proxecto modificado nº 1); resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 19 de abril de 2000, Luis María Añíbarro Iglesias, en nome e representación de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Peña Armada. Co obxecto de non inferir coa Rede Natura 2000, a Consellería de Medio Ambiente solicita que se proceda a modifica-lo proxecto inicial, presentando o promotor o devandito proxecto modificado o 15 de novembro de 2000, de 20,7 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se

regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-As características básicas do mencionado proxecto son:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

Peña ArmadaFriolX Y

0.588.000 4.761.000

0.591.200 4.761.000

0.590.000 4.757.000

0.588.000 4.757.000

Nº de aeroxeradores: 23.

Potencia unitaria por aeroxerador: 900 kW.

Xeradores: Negmicon NM 900/52 kW.

Potencia total instalada: 20,7 MW.

Producción neta anual estimada: 53.820 MWh/ano.

Investimento previsto: 2.788.850.000 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-23 aeroxeradores tipo Negmicon NM 900/52, de 900 kW de potencia nominal unitaria.

-23 centros de transformación de 1.000 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora de 20/66 kV.

-Subestación transformadora 20/66 kV, para evacuación de enerxía producida no parque eólico de Peña Armada, composta por un transformador principal 20/66 kV de 30 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal, cos seus correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Terceiro.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial de Industria de Lugo do 11 de decembro de 2000, publicada no DOG e BOE do 28-12-2000, nos diarios El Progreso e La Voz de Galicia do 27-12-2000, no BOP de Lugo do 10-1-2001 e no taboleiro de anuncios do Concello de Friol (Lugo).

Durante o período de información pública presentáronse alegacións por parte de Juan Manuel Páramo Neira, en representación do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, o cal reivindica a competencia exclusiva e excluínte deste colectivo profesional para o estudio, dirección, inspección, vixilancia e construcción dos camiños públicos ordinarios que custeen con fondos xerais e provinciais, ademais de reclama-la presencia e intervención dos enxeñeiros de camiños na redacción de proxectos das infraestructuras viais, esixibles nos recintos dos parques eólicos.

Cuarto.-O 23 de abril de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, xa citados.

Segundo.-Á vista da alegación presentada por Juan Manuel Páramo Neira, da contestación dada a esta por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que non existe interferencia ningunha nas competencias ou atribucións dos enxeñeiros de camiños, canais e portos, dado que o solo é privado e os viais que se van executar como parte da obra civil son

camiños internos ou viais de comunicación entre os aeroxeradores e de acceso ó edificio de control. Con respecto á intervención dos enxeñeiros de camiños na redacción dos proxectos das infraestructuras viais, cabe dicir que se trata dun proxecto de execución para a industria eléctrica e por tanto incluído no artigo 1 b) e c) do Decreto regulador das atribucións profesionais dos enxeñeiros industriais.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizar a Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Peña Armada (proxecto modificado nº 1), para unha potencia de 20,7 MW, que se vai situar no concello de Friol (Lugo).

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., para os efectos de garantir o cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento desta autorización, unha fianza de 55.777.000 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 2.788.850.000 pesetas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a autorización previa desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e mon

taxes efectuados e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esta no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 23 de abril de 2001, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria