Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2001 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e por concurso, da contratación de dous servicios de catalogación de impresos e dúas subministracións, unha de ordenadores e outra de mobles.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites adminis-

trativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso, dos seguintes contratos:

1. Servicio de catalogación en formato Marc de impresos anteriores a 1901 na Biblioteca Pública Nodal de Pontevedra.

-Orzamento de licitación: catro millóns de pesetas (4.000.000 de pesetas; 24.040,49 euros) IVE incluído.

-Prazo de execución: tres (3) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

2. Servicio de catalogación en formato Marc de impresos anteriores a 1901 na Biblioteca Pública Nodal de Lugo.

-Orzamento de licitación: dez millóns de pesetas (10.000.000 de pesetas; 60.101,22 euros) IVE incluído.

-Prazo de execución: tres (3) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

3. Subministración de ordenadores persoais e impresoras para a rede de bibliotecas públicas de Galicia.

-Orzamento de licitación: quince millóns de pesetas (15.000.000 de pesetas; 90.151,82 euros) IVE incluído.

-Prazo de execución: un (1) mes.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

4. Subministración de mobles para as bibliotecas e axencias de lectura municipais de Irixoa e Sobrado (A Coruña), Baltar (Ourense) e Deiro, Vilanova de Arousa (Pontevedra).

-Orzamento de licitación: cinco millóns cento setenta e nove mil setecentas vintetrés pesetas (5.179.723 pesetas; 31.130,77 euros) IVE incluído.

-Prazo de execución: dous (2) meses.

-Garantía provisional: dispensada.

-Clasificación do contratista: non se esixe.

-Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os pregos de prescricións técnicas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a estas contratacións nos seguintes enderezos da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N

=404: catalogación biblioteca Pontevedra.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 405: catalogación biblioteca Lugo

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 406: adquisición ordenadores

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N= 407: amoblamento bibliotecas

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se envían por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. As empresas que licitan a máis dunha contratación, deberán presentar toda a documentación (sobres A, B, C) para cada un dos contratos.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do sétimo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio deste concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2001.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo