Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.229

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 27 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se notifica a Resolución do 23 de marzo de 2001 dictada no expediente sancionador AC-215/2000, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, a resolución da Dirección Xeral de Turismo dictada no expediente sancionador en materia de turismo número AC-215/2000, incoado ó titular do establecemento de restaurante denominado La Gran Muralla, situado na praza Padre José

Rubinos, 3, do concello da Coruña, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Coruña. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: AC-215/2000.

Sancionado: Linkai Ni.

Establecemento: restaurante La Gran Muralla.

Domicilio: praza Padre José Rubinos, 3.

Localidade: A Coruña.

Resolución: 23 de marzo de 2001.

Precepto infrinxido: artigo 87.1º da Lei 9/1997.

Sanción: cento cincuenta mil (150.000) pesetas.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2001.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo