Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 4 de abril de 2001, adaptou o seguinte acordo:

1. Declara-la nulidade parcial do proxecto de ordenación do medio rural de Mondariz-Balneario no que atinxe a previsión de permiti-la construcción de vivendas unifamiliares en solo rústico común ou protexido, con base no requirimento formulado pola Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, efectuado en virtude do establecido polo artigo 5 punto 1 b), da Lei 7/1995, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

2. Rectificar, de acordo co establecido no artigo 105.2º da Lei de réxime xurídico das administra

cións públicas e do procedemento administrativo común, o erro observado en canto que á edificación preto da Fonte da Gándara se lle aplicará a ordenanza 02, residencial familiar nas súas diversas tipoloxías.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 26 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, potestativamente, ante o Pleno da Corporación, recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir da publicación do último dos anuncios no DOG ou no BOP. Contra a resolución do recurso potestativo de reposición poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación da resolución expresa dese recurso. Se a resolución non fose expresa, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo será de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.

Así mesmo, poderá interpoñerse directamente o recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da publicación do último dos anuncios no DOG ou no BOP.

Tamén se poderá exercer, se é o caso, calquera recurso que se estime procedente.

Mondariz-Balneario, 18 de abril de 2001.

José Antonio Lorenzo Rodríguez

Alcalde