Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

EDICTO do 22 de maio de 2001 referente ás convocatorias para prover, mediante concurso-oposición, catro prazas de operarios de servicios varios e unha praza de ordenanza-notificador en réxime laboral fixo.

No BOP de Pontevedra nº 95, do 18 de maio de 2001, publicáronse as bases e o programa das convocatorias para a provisión, mediante concurso-oposición, de catro prazas de operarios de servicios varios e unha praza de ordenanza-notificador, vacantes no cadro de persoal laboral fixo deste concello, conforme a oferta de emprego público de 2000.

As solicitudes poden presentarse no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos do concello.

Meis, 22 de maio de 2001.

José Luis Pérez Estévez

Alcalde