Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOURO

ANUNCIO.

Acordada en Pleno do 8 de maio de 2001 a confección dun plan xeral de ordenación en substitución do proxecto de ordenación do medio rural do Concello de Touro, sométese o seu avance a información pública polo prazo dun mes; pódense formular no mencionado prazo as alegacións e achega-los documentos que poidan terse en conta na redacción do proxecto.

Touro, 14 de maio de 2001.

Ignacio Codesido Barreiro

Alcalde