Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.192

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS DE GALICIA

CONVOCATORIA de asemblea xeral.

O Consello de Administración da Caixa de Aforros de Galicia acordou convoca-los señores conselleiros

xerais á asemblea xeral ordinaria, que se celebrará no salón de actos da entidade, sito no cidade da Coruña, Ronda de Nelle, 31, ás once trinta horas do día 16 de xuño de 2001, en primeira convocatoria, ou, no mesmo lugar, media hora despois, en segunda, consonte a seguinte

Orde do día

1. Constitución da asemblea xeral.

2. Informe do presidente.

3. Informe da dirección xeral.

4. Informe da comisión de control.

5. Exame e aprobación, se é o caso, das contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias e memoria) e informe de xestión, tanto da Caixa de Aforros de Galicia como do seu grupo consolidado, e da proposta de aplicación do resultado da Caixa de Aforros de Galicia, todo iso correspondente ó exercicio económico de 2000, así como da xestión do seu consello de administración, no mesmo período.

6. Exame e aprobación, se é o caso, da memoria e liquidación dos orzamentos da obra social do exercicio 2000.

7. Exame e aprobación, se é o caso, de obras sociais novas e dos orzamentos da obra social para o exercicio de 2001. Delegación no consello para a modificación do orzamento da obra social.

8. Nomeamento de auditores externos para o exercicio 2001.

9. Autorización ó Consello de Administración, nos máis amplos termos, para emitir cédulas hipotecarias, débeda subordinada, bonos, obrigacións, cotas participativas, ou calquera outro valor negociable que recoñezan ou creen débeda, na contía, termos e condicións que a asemblea determine, deixando sen efecto as autorizacións concedidas para estes mesmos fins pola asemblea xeral do 17 de xuño de 2000, ou ratificando e prorrogando, se é o caso, as referidas autorizacións.

10. Delegación de facultades para a formalización, execución e inscrición dos acordos adoptados e para efectua-lo preceptivo depósito das contas anuais no Rexistro Mercantil.

11. Nomeamento de interventores para a aprobación da acta da asemblea.

12. Clausura do acto polo presidente.

Ponse en coñecemento dos señores conselleiros xerais que a documentación relativa ós puntos que figuran na orde do día da reunión estará depositada e á súa disposición na sede central da caixa, sita na Coruña, Rúa Nova, 30.

A Coruña, 23 de maio de 2001.

O presidente do Consello de Administración

Rubricado