Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.170

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (193/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 193/2001, seguidos por instancia de Diego Germade Noya contra Transmisiones Coruña, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia con data do 25-4-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda por Diego Germade Noya, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Transmisiones Coruña, S.L., a que a súa elección, que debe efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 622.123 pesetas, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do depedimento ata a da notificación desta sentencia, e que ata a data ascenden á cantidade de 414.087 pesetas.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de

consignacións, código 5604.0000.60 193-2001, do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade denominada conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Asímesmo advírtese a parte demandada de que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento, deberá aboarlle á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presenta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Transmisiones Coruña, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 25 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado