Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.170

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (97/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 97/2001, seguidos por instancia de José Luis Castelo Ramos e outros contra Manuel Bermúdez Romero sobres despedimento, nos que recaeu sentencia con data do 25-4-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por José Luis Castelo Ramos, José Botana Calviño e Edelmiro Rochela Arias, declaro a improcedencia dos seus despedimentos pero, estando a empresa Manuel Bermúdez Romero cerrada, declaro a extinción dos contratos de traballo na data da presente resolución, condenando a citada empresa aboarlle ós demandantes en concepto de indemnización e salarios de tramitación as cantidades seguintes: José Luis Castelo Ramos 111.658 pesetas en concepto de indem

nización e 577.932 pesetas en concepto de salarios de tramitación, a José Botana Calviño 108.792 pesetas en concepto de indemnización e 538.968 pesetas en concepto de salarios de tramitación, a Edelmiro Rochela Arias a cantidade de 108.792 pesetas en concepto de indemnización e 538.968 pesetas en concepto de salarios de tramitación.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 97-2001, do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade denominada conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Manuel Bermúdez Romero, expido e asino esta cédula na Coruña, 25 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado