Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.169

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (122/2000).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa fai saber que nos autos que se dirán a seguir se dictou a resolución que ten o teor literal seguinte:

«Proposta de providencia do secretario xudicial José Manuel Silvosa Tallón.En Arzúa, no cinco de febreiro de dous mil un.

Por presentado o anterior escrito polo procurador Caamaño Queijo, únase ós autos da súa razón e, como se pide, notifíqueselle o embargo á esposa do demandado, Inés Caamaño Carou, de conformidade co solicitado no segundo outrosí da demanda e en cumprimento do preceptuado polo artigo 144 do Regulamento hipotecario».

O que así se propón e asina, dou fe.

Bens obxecto de embargo:

1. Vivenda sita na rúa Pintor Xenaro Carrero s/n, terceiro andar, porta A, do edificio Naciente, na urbanización Hermanos Labarta, de Noia, inscrita no tomo 944, libro 203, folio 134, predio 15.309 do Rexistro da Propiedade de Noia.

2. Praza de garaxe sita na rúa Pintor Xenaro Carrero, s/n, soto, do edificio Naciente na urbanización Hermanos Labarta, de Noia, correspondente a tres corenta e tresavas partes indivisas do predio inscrito no tomo 943, libro 202, folio 142, predio 15.303 do Rexistro da Propiedade de Noia.

3. Rocho sito na rúa Pintor Xenaro Carrero, s/n, do edificio Naciente, na urbanización Hermanos Labarta, de Noia, correspondente a unha corenta e tresava parte indivisa, inscrito no tomo 943, libro 202, folio 143, predio 15.303 do Rexistro da Propiedade de Noia.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Inés Caamaño Carou, expídese este edicto para que sirva de notificación do embargo trabado ó seu esposo, Ismael José Miguens Lomba.

Arzúa, seis de febreiro de dous mil un.

O secretario

Rubricado