Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.171

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (959/2000).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 959/2000, por instancia de Santiago Ramos Rodríguez contra Redes Draco, S.L. e outra sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 27-4-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por Santiago Ramos Rodríguez, condeno as empresas Redes Draco, S.L. e Galframa, S.L., a que de forma solidaria lle aboen a cantidade de 844.749 pesetas que lle deben en concepto de salarios.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 959-2000, do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade denominada conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma ás empresas Redes Draco, S.L. e Calfarma, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 27 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado