Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.160

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo para o persoal da cafetería do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña (concesionario Serunión, S.A.).

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo para o persoal da cafetería do Complexo Hospitalario Juan Canalejo (concesionario Serunión, S.A.), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-4-2001 subscrito en representación da parte económica pola empresa, e pola parte social, polo delegado de persoal o día 29-3-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, exis

tente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de abril de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo do persoal da cafetería

do persoal do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo

Asistentes:

Pola parte empresarial:

Roberto Casal Ferreira.

Pola presente social:

José Manuel Álvarez Rodríguez.

José Ramón Grela (asesor-CC.OO.).

Na Coruña o 29 de marzo de 2001, ás 11 horas, nos locais da empresa reúnense, dunha parte, a representación empresarial de Serunión, S.A., concesionaria da cafetería do persoal do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, e doutra, a representación

social arriba indicada. Os reunidos constatan os seguintes extremos:

Primeiro.-Establece o artigo 5 do convenio colectivo do persoal da cafetería de persoal do Complexo Hospitalario Juan Canalejo que, ó se cumpri-la data do seu vencemento, o convenio prorrogarase tacitamente de ano en ano, de non mediar denuncia de calquera das partes contratantes cun mes, como mínimo, de anticipación á data da súa expiración. De se prorrogar pola tácita, tódolos conceptos económicos se incrementarán no IPC (índice de prezos ó consumo) establecido polo INE (Instituto Nacional de Estatística).

Segundo.-Ó non facer uso antes de decembro de 2000 (nin a parte empresarial nin a social) da deuncia prevista no artigo 5 deste convenio, débese prorrogar pola tácita e tódolos conceptos económicos se incrementarán no IPC establecido polo INE.

Terceiro.-Que o IPC constatado e publicado polo INE, no período abranguido entre o 1-1-2000 e o 31-12-2000, é do 4%.

Cuarto.-Que as táboas sobre as que hai que aplica-lo incremento do 4% son as de 2000 (anexo I), que están publicadas no BOP do 8-5-2000.

En relación con todo o anterior, as partes acordan:

I. Incrementa-las táboas salariais de 2000 cun 4%. Estas táboas son as que figuran no anexo I desta acta.

II. A contía da compensación establecida no artigo 24 do convenio pasará a ser no ano 2001 de 1.100 pesetas.

III. Autorizar a José Ramón Grela para que presente esta acta e o seu anexo perante a autoridade laboral para proceder ós trámites de rexistro, depósito e publicación.

Sen máis asuntos que tratar, asínase esta acta con conformidade no lugar e data sinalados no encabezamento.

A Coruña, 29 de marzo de 2001.

ANEXO

2001

Categorías

Salario

base

mensual

Compl.

cantidade

traballo

mensual

Compl.

transporte

mensual

Total

mensual

Total

anual

Xerente135.17511.6476.989153.8112.248.029

Oficial administrativo115.68911.6476.989134.3251.955.739

Encargado115.68911.6476.989134.3251.955.739

Cociñeiro115.68911.6476.989134.3251.955.739

Camareiro115.68911.6476.989134.3251.955.739

Auxiliar caixa115.68911.6476.989134.3251.955.739

Axudante111.52611.6476.989130.1621.893.294

Fregadora111.52611.6476.989130.1621.893.294