Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.955

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (332/2000-I).

Eu, Ángel Javier Martín Sánchez, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fai saber que, en virtude do

acordado por resolución desta data, recaída nos autos de autorización de entrada número 332/2000-I, se dictou auto do teor literal que segue:

Na Coruña, o 30 de outubro de 2000.

Antecedentes de feito.

1. Mediante atento oficio dirixido a este Xulgado do Contencioso-Administrativo número un dos desta capital pola correspondente representación legal para o efecto comparecida do letrado da Xunta de Galicia en representación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, solicitábase o outorgamento de autorización de entrada naquel lugar que se referencia en canto sometido ó eventual consentimento ó respecto do seu titular, e co fin da execución forzosa de previo acto daquela Administración autonómica.

2. En definitiva, mediante esta solicitude, solicitábase autorización xudicial co fin de proceder ó desaloxo de Juan Antonio Rodríguez Abad, na medida en que reside ou polo menos actualmente ocupa a vivenda sita no Birloque, portal 10, 5º B da Coruña, téndose radicado esta como autos número 332/2000, deste Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña.

3. En calquera caso, o exame deste expediente determina a existencia daqueles requisitos formais mínimos -órgano administrativo competente, resolución dictada e notificación practicada a aquel terceiro interesado-, que condicionan a esixencia de autoexecutividade formal por parte daquela Administración institucional promovente, sen que conste a existencia de título enervador ou simplemente suspensorio da dita facultade administrativo-executiva e sen que por outra parte conste a existencia de previa contenciosidade xurisdiccional contencioso-administrativa sobre semellante extremo.

Fundamentos xurídicos.

1. A sentencia número 22/1984, do 12 de febreiro, do Tribunal Constitucional, abordou o problema da execución por parte das administracións públicas dos seus propios actos e, en particular, cando estes implican a entrada forzosa en domicilios. En síntese, a doutrina sentada ó respecto por aquel máximo intérprete constitucional establece a conformidade coa nosa Carta Magna do exercicio de potestades administrativas de autotutela por parte da Administración, de xeito que se permite que esta emane actos declaratorios da existencia dos seus propios dereitos con eficacia executiva inmediata, sen prexuízo de que a Administración institucional -de carácter autonómico neste caso-, teña que respecta-los dereitos fundamentais individuais e, en caso particular, a inviolabilidade do domicilio establecida no artigo 18.2º da Constitución, aínda que semellante ente público proceda á execución forzosa dos seus propios actos.

2. Por outra banda, nada autoriza a pensar que o xuíz a quen se lle pide aquela autorización de entrada, deba outorgala baixo un simple automatismo formal, debido a que -conforme apunta a sentencia

número 144/1987, do 22 de setembro, daquel igual máximo intérprete constitucional-, o correspondente órgano xurisdiccional -agora de natureza contencioso-administrativa e outrora de instrucción-, actúa nos ditos supostos como garante do dereito fundamental á inviolabilidade do domicilio e, en consecuencia, o único que debe asegurar é que se requira efectivamente a entrada alí en execución dun acordo que prima facie pareza dictado por autoridade competente no exercicio de facultades propias, garatindo ó tempo que esa irrupción no ámbito da intimidade se produza sen máis limitacións de dereitos fundamentais..., que aqueles que sexan estrictamente indispensables para executa-la resolución administrativa.

3. Non se somete pois a xuízo do órgano xurisdiccional unipersoal para o efecto competente unha valoración da actuación da Administración, senón simplemente se está xustificada a penetración en eventual domicilio -ou mesmo de lugar que precise o consentimento-, dalgunha persoa. Se tal extremo resulta indispensable para o dito efecto ou mesmo, de se-lo caso, se existe lugar con semellante carácter, de forma que, tendo en conta neste específico caso a executividade daquela actuación administrativa da Administración institucional autonómica agora promovente, de conformidade co teor do artigo 91.2º da L.O. número 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, en relación cos artigos 8.5º e 80.d) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, en canto establecen que lles corresponde ós titulares de tales xulgados outorga-la autorización mediante resolución motivada para a entrada tanto en domicilios coma nos restantes edificios ou lugares de acceso

dependentes do consentimento do seu titular, cando semellante extremo sexa preciso para a execución daqueles actos das administracións públicas, non constando tampouco -segundo se colixe do contido daquel expediente que agora se xunta-, o previo inicio de terceira vía xurisdiccional contencioso-administrativa segundo sinala para o efecto oportuna doutrina xurisprudencial sentada para o efecto por sentencia núm. 199/1998, do 13 de outubro, do Tribunal Constitucional, considérase procedente outorgar aquela autorización outrora solicitada por aquela Administración autonómica para o efecto promovente, en canto sequera prima facie se cohonesta con aqueles principios de legalidade, autotutela, subsidiariedade e proporcionalidade para o efecto esixibles in limine nun plano formal, de forma que,

Vistos os artigos citados de demais de pertinente e xeral aplicación.

Acórdase autoriza-lo Instituto Galego da Vivenda e Solo e conceder, xa que logo, ós seus órganos competentes para o efecto a entrada na vivenda sita no Birloque, portal 10, 5º B, da Coruña, ocupada por Juan Antonio Rodríguez Abad.

Notifíqueselles esta resolución ás correspondentes partes comparecidas para os seus oportunos efectos e signifíqueselles que, sen prexuízo do seu carácter

executorio, esta non é firme, en canto cabe eventual recurso de apelación nun único efecto perante este mesmo órgano xurisdiccional unipersoal aquí radicado, e para ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de quince (15) días contados a partir da data seguinte á súa correspondente notificación.

Así o acorda, manda e asina o maxistrado-xuíz do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un dos da Coruña, José Manuel Ramírez Sineiro.

E para que lle sirva de notificación en forma ó demandado Juan Antonio Rodríguez Abad, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Na Coruña, 29 de xaneiro de 2001.

Ángel Javier Martín Sánchez

Secretario