Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.955

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (61/2000).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

dous dos de Noia e o seu partido, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 61/2000, se dictou esta sentencia cunha parte dispositiva que é como segue:

«Que debo absolver e absolvo a José Francisco Vidal Fariña da falta da que estaba acusado, con declaración das custas procesuais de oficio.

Que debo condenar e condeno a Juan Vicente Pérez Canive, como autor responsable dunha falta contra a orde pública, á pena dun mes de multa con cota diaria de cincocentas pesetas e responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non satisfeitas, así como ó pagamento da metade das custas devengadas no procedemento.

Que debo condenar e condeno a Mónica Montserrat Sampedro Santiago, como autora responsable dunha falta de lesións, a unha pena de quince días de multa con cota diaria de mil pesetas con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non satisfeitas, e a que indemnice conxunta e solidariamente con Vitalicio Seguros, a Juan Vicente Pérez Canive na cantidade de novecentas vinte mil cento vintedúas pesetas (920.122) por lesións e secuelas, e nas cantidades que se determinen en execución de sentencia por danos materiais na motocicleta, gastos de ortopedia e gastos de desprazamento, cantidades todas elas que, respecto á compañía aseguradora, devengarán o xuro que prevén o artigo 20 da Lei de contrato de seguro, así como ó pagamento das metade das custas causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, con indicación de que non é firme por caber contra ela recurso de apelación en ámbolos efectos, para ante a Audiencia Provincial da Coruña, para interpor no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación de sentencia a José Francisco Vidal Fariña, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto en Noia o vintecatro de abril de dous mil un.

A secretaria

Rubricado