Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.955

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

ANUNCIO do 8 de maio de 2001 polo que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de operadores do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

De conformidade co disposto nas bases 6 e 7 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de operadores de ordenador do CIXTEC, convocada por Resolución do 4 de setembro de 2000 (DOG do 2 de outubro).

Elévase a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría de operadores de ordenador, que figura no anexo I deste anuncio.

Os aspirantes que constan no citado anexo deberán presentar, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no CIXTEC, rúa Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela, a documentación á que se refire a base 7.1 da convocatoria.

Contra esta resolucion os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que dicta o acto, e ademais recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2001.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO I

Lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo de persoal laboral fixo de operadores do CIXTEC:

Nome e apelidosDNINota

exer.

Nota

exer.

Nota

exer.

exer.

Total

Regueira Veiga, José Camio33.272.6108,1593,90Apto21,05

Campo Saavedra, José Antonio44.448.1257,787,674,15Apto19,60

Bahamonde Amor, Javier52.571.4606,118,304,58Apto18,99