Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.957

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (69/2000-3).

Por este edicto faise saber que no recurso contencioso-administrativo número 69/2000-3, seguido neste xulgado por instancia de Luisa Molina Sandoval, representado pola procuradora Pilar Castro Rey, contra resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo e Jesús Cao García e Dolores Gaudeoso Núñez, en reclamación de danos e perdas, foi dictada resolución xudicial no día da data na que se acorda a publicación do presente edicto, polo que se fai saber a cantas persoas a prol das cales puidese derivar algún dereito do acto administrativo impugnado e ós que tivesen interese directo no mantemento do recurso contencioso-administrativo antes citado, así como a Jesús Cao García e a Dolores Gaudeoso Núñez, para que poidan comparecer nos autos, en legal forma, no prazo de nove días desde a publicación deste edicto, na súa condición de codemandados se ó seu dereito lles conviñer, baixo apercibimento de que, en caso de non compareceren, se seguirá a tramitación do recurso na súa ausencia.

A Coruña, 30 de marzo de 2001.

O secretario

Rubricado