Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.957

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (123/2001).

Jaime Balado Yánez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que en autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o nº 123/2001, por instancia de Jesús Esteban Rodríguez Pereira e outros, contra a empresa Infraestructuras y Canalizados de Galicia, S.L. e Fogasa sobre despedimento, dictouse a seguinte setencia:

«Na Coruña, 24 de abril de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo

nº 123/2001, seguidos por instancia de Jesús Esteban Rodríguez Pereira, José Manuel González Prol, Elvis Fondado Alves, Álvaro Fondado Alves, Manuel Varela Filgueira, Luis Tasende Arnejo, Carlos José Varela Figueira e Ricardo Veiga Fuentes, maiores de idade, asistidos pola letrada Patricia Alonso-Macías Jorreto, contra Infraestructuras y Canalizados de Galicia, S.L. e Fogasa, sendo o obxecto da reclamación despedimento.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Jesús Esteban Rodríguez Pereira, José Manuel González Prol, Elvis Fondado Alves, Álvaro Fondado Alves, Manuel Varela Figueira, Luis Tasende Arnejo, Carlos José Varela Filgueira e Ricardo Veiga Fuentes, contra a empresa Infraestructuras y Canalizados de Galicia, S.L., intervindo Fogasa, e absolvendo a empresa demandada dos pedimentos contidos nela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, do que coñecerá, se é o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal e como se establece o artigo 188 do texto refundido da lei aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Infraestructuras y Canalizados de Galicia, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña o 24 de abril de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado