Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.957

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 11 de abril de 2001, do recadador de zona da Coruña, polo que se notifican os expedientes de constrinximento contra os debedores que se sinalan (Amado Álvarez, Mario e dous máis).

O recadador da Xunta de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio fai saber que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan na lista que se xunta. Nos devanditos expedientes dictouse a

dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non puido ser notificada ós interesados malia os intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Todo o dito en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV-título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.

Deste embargo tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para os efectos de notificación, coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposición no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo San Caetano, de Santiago de Compostela, ou reclamación económico-administrativa perante o tribunal da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

A Coruña, 11 de abril de 2001.

Nazario Villalva

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

Interesado: Amado Álvarez, Mario.

NIF: 32623009Q.

Data da dilixencia: 15-2-2001.

Descrición do ben: vehículo C-4151-BP Skoda Felicia LX.

Interesado: Aplicación Pinturas Atlántico, S.A.

NIF: A15052996.

Data da dilixencia: 19-3-2001.

Descrición do ben: predio nº 21978 Rex. Prop. 3 A Coruña.

Interesado: Arte Belleza Calidad, S.L.

NIF: B15028426.

Data da dilixencia: 5-3-2001.

Descrición do ben: vehículo C-9119-AV Nissan L 80.09.