Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2001 pola que se fai pública a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador de pesca fluvial PO-2000/162.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo, a citada resolución.

Contra a resolución que se publica procederá a interposición do recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2001.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador de pesca fluvial: Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Expediente número: PO-2000/162.

Denunciado: José Fernández Acuña.

Último enderezo coñecido: Pedra Piñeira, 7. Fornelos da Ribeira. Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Contido da resolución do recurso.

Data: 5 de marzo de 2001.

Feitos polos que foi denunciado: abandonar na canle do río Tea unha embarcación dependente da estacada número 9 do tramo 2º, incumprindo con isto

os adxudicatarios da dita estacada a súa obriga de retira-las devanditas instalacións unha vez transcorridos 15 días desde a finalización do réxime especial de pesca para a captura da lamprea.

Tipificación da infracción: artigo 34.16º da Lei 7/1992, en relación coa normativa aplicable para a pesca da lamprea no río Tea.

Cualificación da infracción: menos grave.

Resolución do recurso: desestimado, confirmando a resolución en tódolos seus termos.