Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.917

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se fai pública a resolución recaída no expediente sancionador de costas 76.9/1994 de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo, a citada resolución.

Contra a resolución que se publica caberá, de conformidade co disposto nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a interposición do recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2001.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

Procedemiento sancionador de costas: Lei 22/1998, do 28 de xullo, de costas; Real decreto 147/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de costas.

Expediente número: 76.9/1994 de Pontevedra.

Denunciado: Luis Rocafort Quintero.

Último enderezo coñecido: praia de Silgar nº 68. 36960 Sanxenxo (Pontevedra).

Contido da resolución:

Data: 29 de marzo de 2001.

Feitos polos que foi denunciado: realización de obras abusivas na servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

Tipificación da infracción: artigos 95.1º e 97.1º da Lei 22/1998 e artigos 179.1º e 180 b) do Regulamento de costas.

Cualificación da infracción: grave.

Resolución: declaración de caducidade do procedemento sen prexuízo da procedencia de incoar un novo expediente polos mesmos feitos, ó non ter transcorrido o prazo previsto para a prescrición da infracción.