Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da subministración dun mínimo de doce (12) vehículos todo terreo para a mobilidade dos xefes provinciais dos servicios das tres subdireccións xerais da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

1. Orzamento máximo: 51.552.000 pesetas (309.833,76 euros).

2. Prazo de execución do contrato: tres meses.

3. Fianza provisional:

2% do orzamento de licitación: 1.031.040 pesetas (6.196,68 euros).

4. Fianza definitiva:

4% do orzamento de licitación: 2.062.080 pesetas (12.393,35 euros).

5. Forma de tramitación: ordinaria.

6. Prazo de presentación das proposicións: deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela, sita na rúa dos Basquiños nº 2, antes das 14 horas do día 5 de xullo de 2001, data na que estarán cumpridos 52 días desde que se remitiu para a súa publicación no DOCE este anuncio, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

7. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

7.1. No sobre de documentación xeral, a establecida no punto 7.1. do prego de cláusulas administrativas.

7.2. No sobre da proposición económica, a establecida no punto 7.2. do prego de cláusulas administrativas.

7.3. No sobre de referencias técnicas, a establecida no punto 7.3. do prego de cláusulas administrativas.

8. Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas B da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio administrativo de San Caetano, en Santiago

de Compostela, ás 12 horas do día 11 de xullo de 2001.

9. Obtención da documentación:

9.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa Os Basquiños nº 2, e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=395.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es os datos que a seguir se relacionan:

-No epígrafe Asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

9.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

10. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente