Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx.

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2001 pola que se anuncia concurso aberto para a selección dunha oferta para a tramitación da concesión administrativa dunha parcela de dominio público portuario para a construcción dunha nave para actividades portuarias no porto de Ribeira. (Expediente 12-48-01-C-01).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número do expediente: clave 12-48-01-C-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é a selección dunha oferta para o outorgamento, logo da tramitación correspondente, dunha concesión de ocupación de dominio público portuario para a construcción dunha nave para actividades portuarias.

b) Lugar da concesión: Ribeira (A Coruña).

c) Prazo da concesión: quince (15) anos prorrogables.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

Importe total: o especificado no prego de bases.

5. Garantías.

Provisional: o 2 por cento do orzamento total das obras.

Definitiva: a especificada no prego de bases do concurso.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Praza de Europa 5A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15707.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Telefax: 981 54 52 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do solicitante.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do cuadraxésimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases do concurso.

c) Lugar de presentación:

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: Praza de Europa 5 A-6º (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15707.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: corenta e cinco (45) días desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidad: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: Praza de Europa 5 A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15707.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia