Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 19 de abril de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, o acordo de incoación do expediente sancionador VP-C 13/2001 e dous máis.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados os acordos de incoación dos expedientes sancionadores VP-C 13 e VP-C 14/2001, que se inician neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5 c) e o expediente sancionador VP-C 16/2001, iniciado por arrendar e non habita-la vivenda, causas previstas nos artigos 5 c) e 6 f) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria dos expedientes a Clara Gómez Ruíz e Carmen Pombo Chans, concedéndolles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para face-las alegacións que crean oportunas nos seus descargos e, de se-lo caso, solicita-la práctica das probas.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, no cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 19 de abril de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 13/2001.

Mª Dolores Pérez Pena.

R/ Roi Xordo, 11-4º C.

Culleredo.

VP-C 14/2001.

Mª Carmen Cotelo Pérez.

R/ Roi Xordo, 11-1º D.

Culleredo.

VP-C 16/2001.

Alfredo Buján González.

R/ Anxeriz, 4 portal 2-1º A.

O Milladoiro.

Ames.