Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.789

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DE VIGO

CÉDULA de notificación (332/2000).

Nos autos de referencia dictouse a resolución que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentencia.-61/2000. En Vigo o vintetrés de marzo de dous mil un. Francisco Javier Romero Costas, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dez de Vigo e o seu partido, vistos os presentes autos de xuízo executivo 332/2000, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha, como demandante, Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., representado polo procurador Cesáreo Vázquez Ramos e baixo a dirección do letrado Francisco Javier Pérez Zorelle e, doutra, como demandados, a entidade Construcciones José García-Jogar, S.L., con CIF B-36.247.302, José García Comesaña, con DNI nº 36.022.506, e María del Rocío Gutiérrez Lago, con DNI 36.026.745, todos eles con domicilio en Cerdedelo, 150, Mos (Pontevedra), que figuran declarados en rebeldía, en reclamación de cantidade. Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito. Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada contra José García Comesaña, María Rocío Gutiérrez Lago e a entidade

Construcciones José García-Jogar, S.L. ata facer remate dos bens embargados e co seu importe íntegro pago a Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., da cantidade dun millón cincocentas mil pesetas (1.500.000 pesetas) de principal e os xuros pactados e custas causadas e que se causen, ás cales expresamente condeno os ditos demandados. Contra esta resolución cabe recurso de apelación, que se interporá por escrito perante este xulgado no termo de cinco días».

E para que lle sirva de cédula de notificación a quen abaixo se indica, estendo e asino esta cédula en Vigo o vinteún de abril de dous mil un.

O/A secretario/a

Rubricado

Persoa a que notificar:

José García Comesaña, actualmente en paradoiro descoñecido.