Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.789

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4865/1997).

Isabel Freire Corzo, secretaria da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Certifica que no recurso contencioso-administrativo nº 02/0004865/1997, interposto por Laurie Sue Todd, contra resolución do Goberno Civil da Coruña do 9-1-1997, desestimatoria da solicitude de exención de visado e tarxeta de residente, sobre comunitario, con data do trinta de novembro de dous mil, recaeu a sentencia que na súa parte dispositiva di o seguinte:

«Decidimos estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por Laurie Sue Todd contra a denegación á recorrente da exención de visado e tarxeta de residente comunitaria, acordada por resolución do gobernador civil da Coruña do 9 de

xaneiro de 1997, acto que anulamos por non ser conforme a dereito e, no seu lugar, decretamos que a Administración debe conceder tal exención e expedirlle a citada tarxeta, sen facer imposición das custas. Esta sentencia é susceptible de recurso de casación ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, (artigo 86 da LXCA de 1998), que deberá prepararse ante esta que a dictou no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da notificación».

E para que conste, co fin de que lle sirva de notificación a Laurie Sue Todd, expido e asino este edicto na Coruña o vintetrés de abril de dous mil un.

O presidente

Selado e rubricado