Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 27 de abril de 2001, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, polo que se dá publicidade á apertura do prazo de información pública do expediente sobre a sucesión intestada, en favor da Comunidade Autónoma, de María Asorey Pedrosa, veciña da Coruña.

O Xulgado de Primeira Instancia número 9 da Coruña, por auto dictado o 6 de abril de 2001, declarou a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira legal dos bens de María Asorey Pedrosa, veciña da Coruña.

A Comunidade Autónoma galega tomou posesión dos bens hereditarios conforme o disposto no artigo 8.1º dol Decreto 94/1999, do 25 de marzo, que regula a sucesión intestada en favor da Comunidade Autónoma de Galicia. Segundo o artigo 153.2º da Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia, os ditos bens serán destinados a establecementos de asistencia social ou a institucións de cultura, preferentemente radicados na última residencia habitual da causante e, en todo caso, en territorio galego.

En consecuencia, faise público o seguinte anuncio:

No exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral e do Patrimonio nos artigos 7 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 4.1º b) do Decreto 312/2000, do 28 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda, de acordo co disposto no artigo 10 do citado Decreto 94/1999, ábrese o prazo dun

mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que os posibles beneficiarios dos bens da sucesión intestada de María Asorey Pedrosa, falecida o 17 de setembro de 1998, formulen alegacións perante a Consellería de Economía e Facenda. O expediente poderá examinarse na Subdirección Xeral do Patrimonio, con enderezo en Área Central, rúa Varsovia nº 4 C, 1ª planta oficina 7 N de luns a venres das 9 ás 14 horas.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2001.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda