Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.728

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2001 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras.

Con data do 4 de abril o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e 26 entidades financeiras asinaron un convenio coa finalidade de establecer liñas de financiamento subsidiado para as pequenas e medianas empresas, someténdose ás directrices tanto horizontais como sectoriais dictadas pola Comisión Europea, ás normas específicas contidas no citado convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

Polo que antecede, e en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e do artigo 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape,

RESOLVO:

Facer público o texto do convenio coas entidades financeiras que figura como anexo I e a relación de entidades que o subscribiron que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO I

CONVENIO DE APOIO FINANCEIRO ÁS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS SUBSCRITO ENTRE O IGAPE E A ENTIDADE FINANCEIRA ...

Antecedentes.

Este convenio, asinado por unha parte polo presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Xosé Antonio Orza Fernández e, por outra parte, por ..., (en diante, a entidade financeira) representado por ... con poder suficiente, inscríbese dentro do marco da política de apoio á pequena e mediana empresa emprendida pola Xunta de Galicia. Mentres non se pronuncie a Comisión Europea acerca da compatibilidade coa normativa comunitaria do novo decreto de incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, este convenio axustarase ás directrices tanto horizontais como sectoriais dictadas pola Comisión Europea así como ós límites de intensidade autorizados a Galicia no mapa rexional de axudas de España para o período 2000-2006.

Conscientes do importante papel que para o relanzamento da actividade económica desempeñan as pequenas e medianas empresas, faise preciso desenvolver un conxunto de accións integradas tendentes ó reforzamento da súa actividade, coa finalidade de conseguir un crecemento sostido e equilibrado.

Arbítranse, desta maneira, dentro do programa de investimentos en activos fixos, tres tipos de operacións específicas de axuda:

1. Operacións de préstamo destinadas ó financiamento directo de investimentos (en diante, operacións tipo A).

2. Operacións de préstamo destinadas á cancelación de pasivos financeiros a curto prazo que foran concertados para a adquisición de investimentos (en diante, operacións tipo B).

3. Operacións de préstamo destinadas á ampliación de capital de sociedades mercantís que destinen os seus fondos, pola sociedade emisora, á adquisición de investimentos ou cancelación de préstamos ou créditos a curto prazo que foran concertados para ese fin (en diante, operacións tipo C).

Consistindo a axuda en todos eles na subsidiación do tipo de xuro dos préstamos que se concerten coas entidades financeiras asinantes e acollidos a este convenio.

Para este fin, a entidade financeira, na súa condición de prestamista, comprométese a mobilizar en préstamos ás pequenas e medianas empresas, en calidade de beneficiarias deste convenio, unha cantidade non superior a ... millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros).

Os devanditos préstamos poderán ser subsidiados polo Igape, con suxeición ás seguintes cláusulas:

Cláusula 1ª.-Obxecto e dotación orzamentaria.

Este convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre a entidade financeira e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), coa finalidade de establecer liñas de financiamento subsidiado para as pequenas e medianas empresas, someténdose ás directrices tanto horizontais como sectoriais dictadas pola Comisión Europea, ás normas específicas contidas neste convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

As axudas reguladas neste convenio financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.01/

01/01.656700, cun crédito plurianual de 2.539.375.000

pesetas ou o seu contravalor en euros, para os exercicios 2001-2008 e 02.01.01/02/01.656700, cun crédito plurianual de 95.000.000 de pesetas ou o seu contravalor en euros para os exercicios 2001-2007 e a súa concesión estará supeditada á existencia de crédito orzamentario suficiente.

Cláusula 2ª.-Beneficiarios.

1. Os beneficiarios das axudas previstas neste convenio deberán te-la consideración de pequenas e medianas empresas (Pemes) conforme a definición adoptada pola Comisión da Unión Europea do 3 de abril de 1996. Para estes efectos, terá a consideración de PEME a unidade económica con personalidade, física ou xurídica, que reúna os seguintes requisitos:

a) Que teña menos de 250 traballadores,

b) Que teña un volume de negocios anual non superior a 40 millóns de euros, ou ben un balance xeral anual, activo total, non superior a 27 millóns de euros, e

c) Que cumpra o criterio de independencia tal como se define a continuación:

Consideraranse empresas independentes as empresas nas que o 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenzan a outra empresa, ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de PEME. Este límite poderá superarse nos dous casos seguintes:

-Se a empresa pertence a sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco ou a investidores institucionais, sempre que estes non exerzan, individual ou conxuntamente, ningún control sobre a empresa;

-Se o capital está distribuído de tal forma que non é posible determinar quén o posúe e se a empresa declara que pode lexitimamente presumir que o 25% ou máis do seu capital non pertence a outra empresa ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de PEME.

Para o cálculo dos limiares previstos nas alíneas a) e b) engadiranse as cifras correspondentes da empresa beneficiaria e de tódalas empresas nas que posúa directa ou indirectamente o 25% ou máis do seu capital ou dos dereitos de voto.

Os solicitantes deberán acreditar esta circunstancia segundo o formulario establecido no anexo VI a este convenio.

2. As empresas que presenten solicitudes de axuda para préstamos superiores a 65 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros) deberán cumprir, ademais, as seguintes condicións de estabilidade laboral en relación ós centros de traballo radicados en Galicia:

a) Empresas existentes: que alomenos o 35% do seu cadro de persoal correspondente a decembro de 2000 teña contratos por tempo indefinido.

Igualmente, deberán comprometerse a acadar, como mínimo, a mesma porcentaxe de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, deriven do proxecto.

b) Empresas de nova creación: deberán comprometerse a acadar e manter, como mínimo, o 35% de estabilidade laboral, nos prazos establecidos na cláusula 7ª, segundo o tipo de operación á que se acollan.

Para os efectos deste convenio enténdese por empresa de nova creación, aquela que fora constituída con posterioridade ó 1 de xaneiro de 2000, ou para o caso de empresarios individuais, que iniciaran a súa actividade empresarial con posterioridade a tal data.

No caso de empresas con menos de dez traballadores, a porcentaxe de estabilidade laboral esixida reducirase ó 33%.

3. Os beneficiarios das axudas para operacións de tipo B deberán ser sociedades mercantís.

4. Os beneficiarios das axudas para operacións de tipo C serán tanto os socios, actuais ou futuros, de sociedades mercantís que subscriban a ampliación de capital, como a sociedade mercantil emisora da ampliación. Os socios poderán ser persoas físicas ou xurídicas que cumpran a condición de PEME establecida no punto 1, non resultando necesario que desenvolvan as actividades subvencionables establecidas na cláusula 4ª. A sociedade mercantil emisora deberá desenvolver algunha das actividades subvencionables establecidas na cláusula 4ª, ademais de cumpri-la condición de PEME.

Cláusula 3ª.-Ámbito territorial.

As empresas beneficiarias deberán realizar ou ter realizado o proxecto investidor en Galicia. Nembargantes, tamén poderán acollerse a estas axudas as empresas radicadas en Galicia que realicen investimentos no resto de España, destinadas ó establecemento ou ampliación de redes comerciais ou de distribución propias, sempre que, a xuízo do Igape, teñan individual ou sectorialmente un interese estratéxico.

Cláusula 4ª.-Actividades incentivables.

Considéranse incentivables as actividades económicas relacionadas no anexo I de actividades subvencionables e preferentes.

As axudas ás actividades reguladas por normas sectoriais específicas da Unión Europea sométense expresamente ós límites e condicións nelas establecidos.

Cláusula 5ª.-Modalidade da axuda.

A axuda consistirá na subsidiación dos tipos de xuro dos préstamos concertados ó abeiro deste convenio.

Cláusula 6ª.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e a súa vixencia para a presentación de solicitudes de préstamo e subsidiación na entidade financeira será ata o 15 de outubro de 2001.

Cláusula 7ª.-Obxecto e condicións do programa de axudas.

7.1. Operacións tipo A.

7.1.1. Obxecto: as axudas para operacións de préstamos destinadas ó financiamento directo de investimentos teñen por obxecto a subsidiación dos tipos de xuro daquelas operacións de préstamos que financien proxectos de novo investimento, consistentes na instalación, ampliación ou renovación de activos fixos adquiridos a terceiros, dirixidos á mellora da competitividade das Pemes.

7.1.2. Condicións:

1. O proxecto investidor deberá leva-lo mantemento e creación de emprego e o emprego efectivo comprometido deberá manterse durante o prazo de dous anos.

Para os efectos da determinación do mantemento e creación de emprego teranse en conta os seguintes criterios:

a) Partirase do número de postos de traballo existentes o 31 de decembro de 2000, a partir do cal se computará a creación de emprego.

b) A creación de emprego terase que realizar ou contratar entre o período que media desde o 1 de xaneiro de 2001 e ata 6 meses despois da data de execución do proxecto (data inicial de cómputo). O emprego que a empresa se comprometa a crear manterase durante dous anos desde a data inicial de cómputo. Enténdese por data de execución do proxecto a do último xustificante de pagamento do investimento.

c) O emprego existente o 31 de decembro de 2000 manterase desde esta data ata que transcorran dous anos desde a data inicial de cómputo.

d) Para os efectos deste convenio computaranse para a creación e o mantemento de emprego os traballadores por conta allea. Así mesmo poderanse admitir, independentemente do réxime aplicable da Seguridade Social de acordo coa lexislación laboral vixente, aqueles traballadores por conta propia que sexan os titulares da actividade ou socios ou administradores da empresa titular, considerando o emprego por conta propia como emprego fixo.

2. Os conceptos de investimento subvencionable serán, exclusivamente, os que se materialicen en:

* Inmobilizado material novo:

-Adquisición de terreos para a implantación do proxecto.

-Traídas e conexións de servicios.

-Urbanización e obras exteriores necesarias para o proxecto.

-Obra civil.

-Bens de equipo e unidades funcionais de explotación independente, excepto plantas de coxeración de enerxía.

-Elementos de transporte, exclusivamente vehículos industriais. Para a actividade de transporte público, de mercadorías e viaxeiros só será subvencionable a renovación da flota.

-Honorarios facultativos de proxecto e dirección de obra.

-Outros investimentos en activos fixos materiais.

* Bens usados: unicamente en inmobles e barcos de pesca.

* Inmobilizado inmaterial: unicamente en aplicacións informáticas, propiedade industrial e propiedade intelectual, incluídos os gastos de investigación e desenvolvemento (I+D).

Respecto ós activos anteriores, aplicaranse os seguintes límites:

-Se o proxecto presentado inclúe investimento inmaterial, este non será superior ó 25% do importe do investimento total subvencionable.

-Se o proxecto presentado inclúe barcos de pesca usados, o importe destes non será superior ó 95% do investimento total subvencionable.

3. Contía mínima, determinación e cómputo do investimento subvencionable: a contía do investimento subvencionable será como mínimo de 10 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros) e determinarase excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición.

Serán investimentos subvencionables os que se realicen ou foran realizados con posterioridade ó 1 de xaneiro de 2001.

7.2. Operacións tipo B.

7.2.1. Obxecto: as axudas para operacións de préstamos destinadas á cancelación de pasivos teñen por obxecto a subsidiación dos tipos de xuro daquelas operacións de préstamos a longo prazo destinados á cancelación de pasivos financeiros a curto prazo que foran concertados para a adquisición de investimentos.

7.2.2. Condicións:

1. A empresa beneficiaria deberá manter durante 2 anos os postos de traballo existentes o 31 de decembro do ano 2000.

2. Que o importe do investimento realizado e pagado, adquirido a terceiros, durante o ano 2000, excluídos o IVE e outros tributos do custo de adquisición, foran, como mínimo, de 10 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros), e se materialice nos conceptos subvencionables establecidos na cláusula 7.1.2.2.

3. Que dos estados financeiros achegados correspondentes ó exercicio 2000 se deduza, a xuízo do Igape, que existe unha inadecuada correlación entre o inmobilizado neto da empresa e os seus recursos permanentes.

7.3. Operacións tipo C.

7.3.1. Obxecto: as axudas para operacións de préstamo destinadas a ampliacións de capital teñen por obxecto a subsidiación dos tipos de xuro daquelas operacións de préstamos a longo prazo que financien a toma de participacións en ampliacións de capital de sociedades mercantís, con fondos que se destinen, pola sociedade emisora: a) á cancelación de préstamos ou créditos a curto prazo que foran concertados para financiar investimentos ou, b) á realización de novos investimentos.

7.3.2. Condicións:

1. Para as operacións de préstamo descritas no epígrafe anterior, letra a), deberanse cumpri-las condicións establecidas na cláusula 7.2.2. aplicadas á sociedade emisora.

2. Para as operacións de préstamo descritas no epígrafe anterior, letra b), deberanse cumpri-las condicións establecidas na cláusula 7.1.2. aplicadas á sociedade emisora.

3. As obrigas económicas derivadas destes préstamos (garantías, xuros, amortizacións e outras calquera), serán por conta exclusiva do socio, sen que

de ningún xeito poidan repercutir ou subrogarse na sociedade emisora da ampliación.

7.4. Para os efectos deste convenio, entenderase por pasivos financeiros a curto prazo aquelas pólizas de crédito ou préstamo formalizadas con entidades financeiras no exercicio 2000, ou meras renovacións delas, con vencemento non superior a 1 ano.

7.5. Os beneficiarios das axudas establecidas neste convenio deberán mante-los investimentos obxecto de financiamento durante un prazo mínimo de cinco anos desde a súa adquisición. Considerarase cumprida esta condición no caso de que os bens nos que se materialice o investimento sexan substituídos por outros da mesma natureza e destino, non podendo obter para a súa adquisición ningún tipo de axuda financeira do Igape.

Cláusula 8ª.-Características das operacións de préstamo.

8.1. Importe dos préstamos e porcentaxe de financiamento.

O importe máximo conxunto de préstamo ou préstamos subsidiables ó amparo deste convenio para cada beneficiario será de 500 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros).

Segundo o tipo de operación ó que se acollan os solicitantes destas axudas, o importe dos préstamos a subsidiar determinarase de acordo co establecido a seguir:

a) Operacións tipo A.

O importe da operación de préstamo con dereito a subsidiación non poderá superar, con carácter xeral, o 50% do investimento subvencionable, agás para aqueles proxectos de investimento en barcos de pesca ou a realizar por empresas de nova creación, nos que a dita porcentaxe poderá acada-lo 70% do investimento subvencionable.

O importe do préstamo será como mínimo de 5 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros).

O importe do préstamo non poderá supera-lo importe do investimento subvencionable pendente de pago na data de presentación da solicitude no Igape. Se a partir desta data fora necesario efectuar novos pagamentos por importe superior á parte financiada co préstamo a subsidiar, estes deberán facerse seguindo a operativa establecida na cláusula 9.10.1. deste convenio.

b) Operacións tipo B.

O importe do préstamo con dereito a subsidiación determinarao o Igape e será o menor que resulte dos seguintes:

-Da análise dos estados financeiros da sociedade (contas anuais correspondentes ó ano 2000) en función da correlación existente entre o inmobilizado neto da empresa e os seus recursos permanentes,

-Do importe dos pasivos reestructurables, e

-Da contía que resulte de aplicar, con carácter xeral, o 50% ó importe dos investimentos subvencionables realizados, agás para aqueles proxectos de investimento en barcos de pesca ou proxectos

realizados por empresas de nova creación, nos que a dita porcentaxe poderá acada-lo 70% dos investimentos subvencionables realizados.

c) Operacións tipo C.

O importe do préstamo con dereito a subsidiación para operacións de préstamo destinadas á ampliación de capital de sociedades mercantís, con fondos que se utilicen pola sociedade emisora para a cancelación de préstamos ou créditos a curto prazo que financiaran investimentos xa realizados, será determinado polo Igape do mesmo modo que o establecido na letra b) anterior.

No caso de que o préstamo que se vai subsidiar destinado á ampliación de capital fora utilizado pola sociedade emisora para a realización de novos investimentos, o seu importe será o que resulte de aplica-los criterios establecidos na letra a) anterior.

8.2. Prazos de amortización e subsidiación, sistema de amortización e liquidación de xuros.

8.2.1. Prazos de amortización e subsidiación.

Para operacións tipo A: o prazo máximo de amortización do préstamo será, con carácter xeral, de 7 anos, incluídos 2 anos, como máximo, de carencia.

Excepcionalmente, para proxectos de investimento en barcos de pesca e naqueles nos que o investimento inmobiliario represente unha porcentaxe igual ou superior ó 80% do total do investimento subvencionable, poderá admitirse que os prazos de vixencia e carencia da operación sexan superiores ós ditos límites, ben que, neste caso, a subsidiación do Igape non excederá dos 7 primeiros anos de vixencia da mesma e será calculada como se o préstamo fose a 7 anos de vixencia, incluídos 2 anos, como máximo, de carencia.

Para operacións tipo B e C o prazo máximo de amortización do préstamo será de 7 anos, incluído 1 ano, como máximo, de carencia.

Os períodos de amortización sinalados anteriormente comezarán a computarse a partir do primeiro día do trimestre natural inmediato á data de formalización, polo que a vixencia do préstamo poderá ser superior polos días que se engaden no período irregular inicial e que se incluirán no período de carencia.

8.2.2. Sistema de amortización: as amortizacións realizaranse polo prestameiro en cotas de amortización trimestrais iguales, con vencemento o último día do trimestre natural, debendo recolle-la póliza ou escritura o número de cotas e as datas nas que se producirán a primeira e a última.

O préstamo poderá ser amortizado de forma anticipada, total ou parcialmente á vontade do prestameiro. As amortizacións anticipadas parciais que, se é o caso, realice voluntariamente o prestameiro deberán aplicarse a reducir en igual contía as cotas de amortización restantes, sen que se produzan variacións no prazo de amortización do préstamo.

A entidade financeira deberá comunicar puntualmente as ditas amortizacións anticipadas indicando data e importe delas e o novo cadro de amortización

ó Igape e, en calquera caso, antes de presenta-la solicitude de cobro da liquidación trimestral da subsidiación.

8.2.3. Liquidación de xuros: a liquidación de xuros, ó igual que as amortizacións, será por trimestres naturais vencidos, percibíndose o último día do trimestre natural, calculándose os xuros en función do capital vivo, agás para o período de carencia, no que a cota de xuros se determinará en función do préstamo efectivamente disposto.

Os trimestres serán sempre de 90 días e tódolos meses de 30 días, computándose estes para a liquidación desde a data de disposición, incluída esta.

8.3. Tipo de xuro, comisións, intervención das Sociedades de Garantía Recíproca (SGR), axuda financeira e tipo de xuro resultante para o beneficiario.

8.3.1. Tipo de xuro:

O tipo de xuro nominal anual para as operacións de préstamo acollidas a este convenio e o sistema de variación para exercicios futuros establécense do seguinte modo:

Primeiro: o tipo de xuro nominal dos préstamos fíxase, para este ano 2001, no 5,75%.

Segundo: para os próximos exercicios, o mencionado tipo de xuro, variará por semestres naturais de acordo coa seguinte norma:

a) Tipo de referencia: para o primeiro semestre de cada ano calcularase como a media aritmética simple dos tipos diarios do Euribor a prazo de 6 meses correspondentes ó mes de novembro do ano anterior. Para o segundo semestre será a media aritmética simple dos tipos diarios do Euribor a prazo de 6 meses correspondentes ó mes de maio do mesmo ano.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que en ningún caso poida exceder de 1,15 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ó tipo de referencia, o tipo adicional que pacten as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Para os efectos deste convenio, enténdese por Euribor (Euro Interbank Offered Rate=tipo interbancario ofrecido en euros) a prazo de 6 meses, o tipo de xuro de oferta para depósitos interbancarios en euros a prazo de 6 meses, publicado pola Federación Bancaria Europea ou pola entidade pública ou privada, española ou da Unión Europea, designada para iso.

No caso de que desaparecera o Euribor, o tipo de xuro variará por semestres naturais de acordo coa seguinte norma:

a) Tipo de referencia: para o primeiro semestre de cada ano, será o tipo de rendemento interno no mercado secundario da débeda pública de prazo entre dous e seis anos, publicado polo Banco de España, correspondente ó mes de novembro do ano

anterior. Para o segundo semestre de cada ano, será o tipo de rendemento interno no mercado secundario da débeda pública de prazo entre dous e seis anos, publicado polo Banco de España, correspondente ó mes de maio do mesmo ano.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que en ningún caso poida exceder de 0,65 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos préstamos será, para cada semestre natural, o resultante de engadirlle ó tipo de referencia, o tipo adicional que pacten as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

O tipo de xuro de referencia para cada semestre será comunicado polo Igape ás entidades financeiras e publicado no Diario Oficial de Galicia.

8.3.2. Comisións:

As entidades financeiras prestamistas destas operacións poderán percibir por tódolos conceptos e dunha soa vez, unha comisión máxima dun 1%. A dita comisión non será subvencionable.

8.3.3. Intervención das SGR:

No caso de que a operación de préstamo estea avalada por unha SGR que subscriba este convenio, o tipo de xuro nominal indicado rebaixarase en 0,55 puntos. Estas sociedades poderán percibir polo importe do aval que presten unha comisión máxima anual do 1% sobre os saldos máximos garantidos cada ano; a dita comisión será subvencionada polo Igape. A data de inicio de devengo da subvención non poderá ser anterior á data de concesión da axuda.

8.3.4. Axuda financeira:

A subsidiación, para as operacións de préstamos previstas neste convenio, non excederá os 4 puntos e os criterios utilizados para a súa determinación serán:

-Por actividade subvencionable: 1,50 puntos.

-Por actividade preferente: 2 puntos.

-Por localización preferente: 0,50 puntos. Consideraranse zonas preferentes as provincias de Lugo e Ourense, as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal na provincia da Coruña e os parques empresariais de promoción pública.

-Por creación de emprego: 0,50 puntos cando a ratio investimento subvencionable/postos de traballo a crear sexa inferior a 15 millóns (ou o seu contravalor en euros) e 0,25 puntos para o resto dos casos.

-Por empresa de nova creación: 1 punto.

8.3.5. Tipo de xuro resultante para o beneficiario:

Para os efectos de aplicación dos puntos de subsidiación concedidos, o tipo de xuro resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó 3%, agás para empresas de nova creación nas que o citado tipo non poderá ser inferior ó 2%. No caso de que o tipo resultante sexa inferior ós ditos límites, redu

cirase ou suspenderase a subsidiación durante o período correspondente.

As variacións á alza do tipo de xuro para o caso de que o tipo resultante sexa superior ós ditos límites serán a cargo exclusivamente dos beneficiarios, non provocando ningunha variación nos puntos de subsidiación.

8.3.6. As referencias que se fan neste convenio ó tipo de xuro entenderanse sempre ó tipo de xuro nominal anual.

Cláusula 9ª.-Tramitación.

9.1. Solicitudes e documentación.

As solicitudes de subsidiación presentaranse nas entidades financeiras, no modelo normalizado que se distribuirá a través destas e será publicado no Diario Oficial de Galicia. Para as operacións avaladas por unha SGR, a solicitude de subsidiación poderá presentarse así mesmo na SGR.

Á solicitude xuntarase a documentación que se relaciona no anexo II, por exemplar duplicado. A documentación deberá entregarse en orixinal ou en copia cotexada cos orixinais pola entidade financeira ou SGR.

As solicitudes presentadas por sociedades civís ou comunidades de bens deberán tramitarse a nome dos titulares que formalizarán o préstamo, seguido da denominación da sociedade civil ou comunidade de bens.

As solicitudes de subsidiación de operacións tipo C deberán ser subscritas tanto polos socios como pola sociedade mercantil emisora da ampliación de capital.

9.2. Coa presentación da instancia de solicitude, as empresas que se acollan ás axudas previstas neste convenio apoderan a entidade financeira/SGR para a realización ante o Igape de todos aqueles trámites que se prevexan neste convenio. A este respecto, o Igape considerará a actuación da entidade financeira/SGR como se fora propia da empresa solicitante.

9.3. A entidade financeira/SGR datará e selará os cinco exemplares do impreso de solicitude, entregando ó solicitante a súa correspondente copia. A entidade financeira/SGR deberá centraliza-la recepción de solicitudes unha vez seladas polas distintas sucursais, tendo un prazo de 30 días para resolve-la petición de préstamo, ou se é o caso a concesión do aval. O prazo para a aceptación de solicitudes na entidade financeira/SGR finaliza o 15 de outubro de 2001.

A entidade financeira/SGR remitirá ó Igape as solicitudes coa documentación anexa, acompañada da comunicación de concesión do préstamo segundo o modelo establecido en anexo III e, se é o caso, de certificado de concesión de aval de SGR. Así mesmo, remitirá á consellería sectorial correspondente por razón de actividade un exemplar do expediente, ós enderezos sinalados no anexo I.

O último día hábil para a presentación das solicitudes no Igape será o 15 de novembro de 2001.

As solicitudes presentadas fóra deste prazo serán obxecto de arquivo, asumindo a entidade financeira/SGR toda a responsabilidade polos prexuízos que isto poida supor á empresa solicitante.

9.4. Dentro dos dez días seguintes á recepción das solicitudes, o Igape comunicará ós solicitantes a data na que as solicitudes foron recibidas polo Igape, o prazo máximo establecido para a resolución e notificación do procedemento e os efectos do silencio administrativo.

Se a solicitude non reúne os datos esixidos neste convenio ou non está acompañada da documentación esixida, requirirase o solicitante e a entidade financeira/SGR, para que no prazo de dez días hábiles desde o seguinte ó requirimento se emende a falta ou se presenten os documentos preceptivos, con indicación de que en caso contrario considerarase desistido da solicitude, logo de resolución declarativa de tal circunstancia. O requirimento á entidade financeira e SGR, se é o caso, realizarase vía fax.

9.5. Informes:

Nos casos nos que o Igape o considere necesario, e para efectos da resolución da solicitude, solicitarase informe á consellería sectorial correspondente, en relación ó cumprimento por parte dos proxectos da normativa específica que resulte aplicable.

9.6. Trámite de audiencia:

Instruído o procedemento pola Área de Financiamento do Igape e inmediatamente antes de redactar proposta de resolución, porase de manifesto ós interesados, para que no prazo de 10 días poidan alegar e presenta-los documentos e xustificacións pertinentes. Nembergantes, poderá prescindirse do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

9.7. Concesión:

A Dirección da Área de Financiamento e a Dirección Xeral do Igape elevarán proposta de resolución ó presidente do Igape, que incluirá os termos que se expresan a seguir:

O tipo de xuro nominal da operación de préstamo, os puntos de subsidiación propostos, o tipo mínimo a cargo do beneficiario, o importe do préstamo subsidiable, o prazo de vixencia e carencia do mesmo, o importe do investimento subvencionable, o emprego a manter e/ou crear e, se é o caso, a comisión de aval subvencionada de operacións avaladas por unha SGR, a porcentaxe de financiamento proposto e o plan de cancelación de pasivos. As propostas de denegación de solicitudes deberán detalla-la causa.

Para as operacións de tipo C consideraranse beneficiarios da axuda o socio e a sociedade mercantil emisora da ampliación, resultando ambos solidariamente obrigados ó cumprimento das condicións establecidas na resolución de concesión de axuda.

As solicitudes de axuda resolveranse por orde de entrada das solicitudes completas no Igape, e ata

esgotárense as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas.

9.8. Silencio administrativo e recursos:

O Igape notificará ó solicitante e comunicará á entidade financeira e á SGR, se é o caso, a concesión ou denegación da subsidiación. O beneficiario deberá aceptar expresamente a resolución de concesión. A aceptación formalizarase na copia da resolución que para tal efecto se remitirá xunto coa resolución de concesión e que deberá ser devolta ó Igape debidamente cuberta.

A resolución de concesión de axuda para operacións de tipo C deberá ser aceptada tanto polo socio como pola sociedade mercantil emisora da ampliación.

Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a súa notificación. Potestativamente, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o Consello de Dirección do Igape no prazo dun mes desde a súa notificación.

O prazo máximo para notifica-la resolución do procedemento será de 6 meses desde a data de presentación da solicitude da axuda. O dito prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 42.5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido tal prazo sen que se notificara resolución expresa, poderá entenderse estimada.

9.9. Publicación:

As axudas concedidas ó amparo deste convenio relativas a proxectos que superen os 50 millóns de pesetas de investimento subvencionable (ou o seu contravalor en euros), serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, nos termos establecidos no artigo 11 do Decreto 287/2000, de desenvolvemento do réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

9.10. Formalización:

A entidade financeira e o solicitante deberán formaliza-lo préstamo mediante escritura pública ou póliza intervida por fedatario público, de acordo coas seguintes condicións:

9.10.1. Formalización anticipada: a partir da entrada en vigor deste convenio e respectando as condicións e requisitos establecidos nel, a entidade financeira, unha vez presentado o expediente de solicitude no Igape, poderá formaliza-los préstamos cos seus clientes. Para isto, deberá remitir escrito, segundo o modelo que se xunta (anexo IV), manifestando a intención de acollerse a esta opción co obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, este instituto analice o expediente e cuantifique o importe do préstamo que se vai subsidiar. O Igape comunicará por fax á entidade financeira e, se é o caso, á SGR, a autorización, se procede, da dita formalización anticipada. A empresa solicitante requirirá á entidade financeira copia da autorización do Igape antes de proceder á formalización anticipada do préstamo.

A autorización da formalización do préstamo antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto á concesión da subsidiación solicitada.

No contrato de préstamo formalizado anticipadamente de acordo co previsto no punto anterior, deberanse mencionar, alomenos, os seguintes extremos: que se presentou solicitude de axuda financeira no Igape, con indicación da data de rexistro de entrada neste instituto; que o Igape autorizou a formalización anticipada do préstamo, indicando a data e as condicións establecidas nela; e que o préstamo quedará acollido ás axudas establecidas neste convenio nos termos e condicións establecidos na resolución de concesión da axuda que, no seu día, se dicte.

No suposto de que a resolución de concesión da axuda que se é o caso se dicte, prevexa unhas condicións diferentes das indicadas na autorización de formalización anticipada, deberá incluírse un anexo ó documento de préstamo, intervido por fedatario público, no que se fagan consta-las características establecidas na dita resolución.

9.10.2. Se o préstamo se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, a correspondente escritura ou póliza de préstamo deberá recolle-la mención de estar acollido ás axudas previstas neste convenio. Figurará na póliza ou escritura o tipo de xuro nominal anual da operación, o sistema de variación para os próximos exercicios, os puntos de subsidiación concedidos, e o límite que corresponda para os efectos de aplicación da subsidiación establecido na cláusula 8.3.5.

9.10.3. O prazo máximo para a formalización do préstamo ou, se é o caso, adaptación da póliza ás condiciones da resolución de concesión do Igape será de 5 meses, contando desde o día seguinte á data de notificación da concesión ó beneficiario. Para as operacións de tipo C tal prazo computarase desde a data da última notificación ós beneficiarios.

Finalizado o dito prazo sen que se formalizara/adaptara o préstamo, dictarase resolución tendo o solicitante por renunciado e ordenando o arquivo do expediente, salvo que, logo de solicitude razoada de prórroga, presentada no Igape dentro do prazo e acreditando a conformidade da entidade financeira, o Igape autorice a dita prórroga.

9.10.4. A entidade financeira remitirá ó Igape, coa maior brevidade, copia cotexada da póliza ou escritura de préstamo e, se é o caso, o correspondente anexo, antes de presenta-la solicitude de cobro da subvención.

9.11. Disposición:

Os beneficiarios deberán xustificar á entidade financeira a aplicación dos fondos da operación financeira ás finalidades para as que foi concedida, de acordo co establecido a continuación:

9.11.1. Operacións tipo A.

9.11.1.1. Período de disposición do préstamo e de realización dos investimentos.

O período de disposición do préstamo e de realización dos investimentos non poderá supera-la data pactada no contrato de préstamo para o aboamento da primeira amortización de principal.

9.11.1.2. Disposición dos fondos do préstamo:

As disposicións realizaranse a través dunha conta específica na que se reflectirán única e exclusivamente os movementos habidos na operación de préstamo.

Á formalización do préstamo ou, en todo caso, previamente á utilización dos fondos, a entidade financeira requirirá dos beneficiarios a documentación (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.) que acredite a execución do investimento subvencionable para o seu pagamento. A disposición dos fondos irá destinada ós pagamentos pendentes do investimento. Non se establece restricción en canto ó número de disposicións, así como á contía correspondente a cada unha delas, sempre que o importe no seu conxunto, non exceda da porcentaxe-préstamo subsidiable/investimento subvencionable-aprobado na resolución de concesión.

A entidade financeira deberá conservar copias cotexadas dos documentos que xustifiquen o investimento total subvencionado, así como dos medios utilizados para o seu pagamento (tanto da parte financiada co préstamo como da pagada por outros medios), co obxecto de remitila ó Igape de acordo co establecido na cláusula 10.1.1.

9.11.2. Operacións tipo B:

O período de disposición non poderá ser superior a un mes a partir da data de formalización do préstamo.

As disposicións realizaranse a través dunha conta específica asociada ó préstamo subsidiado, na que se reflectirán única e exclusivamente os movementos habidos neste.

A entidade financeira unicamente permitirá a disposición dos fondos para a cancelación ou modificación dos pasivos financeiros a curto prazo incluídos no plan de cancelación aprobado polo Igape, debendo conservar copias cotexadas cos orixinais dos documentos que xustifiquen as disposicións e as paralelas cancelacións ou modificacións dos pasivos financeiros, para a súa posterior remisión ó Igape de conformidade co disposto na cláusula 10.2.2 deste convenio.

9.11.3. Operacións tipo C:

O período de disposición non poderá ser superior a un mes a partir da data de formalización do préstamo. A disposición do préstamo, que se realizará a través dunha conta específica, efectuarase dunha soa vez no momento do outorgamento de escritura pública de ampliación de capital. O importe íntegro da disposición aboarase nunha conta específica que a sociedade emisora habilitará para tal efecto na mesma entidade financeira na que se formalizou o préstamo para a ampliación de capital.

A entidade financeira unicamente permitirá a utilización dos fondos da conta específica da sociedade emisora para a cancelación ou modificación dos pasivos financeiros a curto prazo incluídos no plan de cancelación aprobado polo Igape ou, se é o caso, para o pagamento dos investimentos subvencionables aprobados, debendo requirir en tal suposto dos beneficiarios a documentación que acredite a execución do investimento subvencionable para o seu pagamento (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.).

A entidade financeira deberá conservar copias cotexadas cos orixinais dos documentos que xustifiquen as disposicións e paralelas cancelacións ou modificacións dos pasivos financeiros, e se é o caso, dos documentos que xustifiquen o investimento total subvencionado e os medios utilizados para o seu pagamento (tanto da parte financiada co préstamo como da pagada por outros medios), para a súa posterior remisión ó Igape de conformidade co disposto na cláusula 10.2.3 deste convenio.

Cláusula 10ª.-Liquidación da subsidiación e xustificación de cumprimento de condicións.

10.1. Operacións tipo A.

10.1.1. Xustificación do proxecto:

A xustificación do investimento realizarase a través de certificacións de xustificación de investimentos emitidas pola entidade financeira, podéndose realizar, como máximo, dúas certificacións. A primeira deberá acadar como mínimo o 50% do investimento subvencionable. Se se realiza unha segunda esta debe ser complementaria da primeira ata a xustificación total do investimento.

As certificacións de xustificación de investimentos que terá que cubri-la entidade financeira axustaranse ó modelo establecido no anexo V, debendo conte-los datos do importe do investimento subvencionable xustificado e a porcentaxe que representa respecto da totalidade do investimento aprobado; a parte do préstamo disposto utilizada para o pagamento do investimento xustificado; a data valor da xustificación do investimento, que se define como a última data de pagamento do investimento xustificado na certificación; indicación de se se trata de primeira, única ou segunda e complementaria. Neste último caso deberán reflectirse os datos sinalados anteriormente, correspondentes á primeira certificación e a data na que esta foi presentada, así como o resumo total do investimento xustificado e o importe disposto do préstamo e as porcentaxes correspondentes entre investimento xustificado e préstamo disposto.

No caso de que na única ou na última certificación de xustificación de investimentos non se acade o 100% do investimento subvencionable aprobado na resolución, a entidade financeira deberá xuntar unha solicitude de modificación da resolución de concesión, asinada polo empresario, para adaptala ó proxecto xustificado.

No caso de que o préstamo fora formalizado con anterioridade á concesión, conforme o disposto na cláusula 9.10.1, a data valor da xustificación do

investimento non poderá ser anterior á data da resolución.

As entidades financeiras remitirán ó Igape as certificacións de xustificación de investimentos, acompañadas das copias cotexadas dos documentos que xustifiquen a realización do investimento subvencionable e os pagamentos realizados así como do extracto da conta específica do préstamo, no prazo máximo de catro meses desde a finalización do período de disposición. Ademais, deberán remitir declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas polo beneficiario para o proxecto, segundo modelo do anexo VII.

10.1.2. Liquidación da subsidiación:

A liquidación da subsidiación realizarase por parte da entidade financeira por trimestres naturais vencidos. Para os efectos de cálculo, os trimestres serán sempre de 90 días e os meses de 30 días.

Mentres non estean presentadas as certificacións de xustificación de investimentos pola totalidade do investimento subvencionable aprobado, as liquidacións da subsidiación calcularanse sobre o importe do préstamo que corresponda ó investimento xustificado. Para o cálculo da subsidiación tomarase como data inicial a data valor de xustificación de investimentos que figura na certificación de xustificación de investimentos emitida pola entidade financeira, e os puntos subsidiados aplicaranse ó importe do préstamo disposto que corresponda ó investimento xustificado, de acordo coa ratio-préstamo subsidiable/investimento subvencionadodeterminado na resolución de concesión.

A partir da xustificación total do investimento, as posteriores liquidacións da subsidiación realizaranse sobre o saldo vivo teórico do préstamo.

10.1.3. Xustificación da creación de emprego:

Unha vez xustificada a realización do investimento e transcorridos seis meses desde a data do último xustificante de pagamento do investimento (data inicial de cómputo), o beneficiario deberá remitir ó Igape a seguinte documentación acreditativa do cumprimento da condición de creación de emprego: TC1 e TC2 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes á data inicial de cómputo.

10.1.4. Xustificación do mantemento de emprego:

Unha vez transcorridos dous anos desde a data inicial de cómputo nos termos establecidos na cláusula 7.1, o beneficiario deberá remitir ó Igape a seguinte documentación acreditativa do cumprimento da condición de mantemento de emprego: TC1 e TC2 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes á data en que se cumpran dous anos desde a data inicial de cómputo.

10.2. Liquidación da subsidiación e xustificación das operacións tipo B e C.

10.2.1. Liquidación da subsidiación das operacións tipo B e C:

A liquidación das subsidiacións por parte da entidade financeira ó Igape efectuarase trimestralmente, calculándose sobre o saldo vivo trimestral do prés

tamo, agás para o período de carencia no que os puntos subsidiados se aplicarán sobre a base do préstamo efectivamente disposto e do tempo transcorrido desde cada disposición ata o vencemento do correspondente trimestre. A efectos de cálculo, os trimestres consideraranse de 90 días e tódolos meses de 30 días. O cómputo dos días para a liquidación realizarase desde a data de disposición, incluída esta.

No caso de que o préstamo se formalizase con anterioridade á concesión, conforme o disposto na cláusula 9.10.1, a data de inicio de devengo da subsidiación non poderá ser anterior á data da resolución.

10.2.2. Xustificación das operacións tipo B:

As entidades financeiras, previamente ou xunto á primeira liquidación de subsidiación, remitirán ó Igape copias cotexadas cos orixinais, seladas e asinadas por ela, dos documentos que xustifiquen as disposicións e as paralelas cancelacións ou modificacións dos pasivos financeiros incluídos no plan de cancelación de pasivos, acompañados do extracto da conta específica. Ademais, deberán remitir declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas polo beneficiario para o proxecto, segundo o modelo do anexo VII.

Para os efectos de xustifica-lo mantemento de emprego, e unha vez transcorridos dous anos contados desde o 31 de decembro do ano 2000 , o beneficiario deberá remitir ó Igape os TC1 e TC2 e, se é o caso, recibos de cotización, correspondentes ó mes de decembro do ano 2002.

10.2.3. Xustificacións das operacións tipo C:

As entidades financeiras, previamente ou xunto á primeira liquidación de subsidiación, remitirán ó Igape copias cotexadas cos orixinais, seladas e asinadas por ela, da seguinte documentación: xustificantes das disposicións e paralelo aboamento na conta específica da ampliación de capital da sociedade emisora; escritura de ampliación de capital; xustificantes das disposicións e paralelas cancelacións ou modificacións dos pasivos financeiros incluídos no plan de cancelación de pasivos aprobado; ou, se é o caso, xustificantes da realización e pagamento dos investimentos subvencionables aprobados, acompañado do extracto da conta específica da sociedade emisora.

Ademais, deberán remitir declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas polo beneficiario para o proxecto, segundo modelo do anexo VII.

No caso de proxectos que non impliquen creación de emprego, unha vez transcorridos dous anos contados desde o 31 de decembro do ano 2000, a sociedade emisora deberá remitir ó Igape os TC1 e TC2 e, se é o caso, recibos de cotización, correspondentes ó mes de decembro do ano 2002.

No caso de proxectos que impliquen creación de emprego:

a) Unha vez xustificado o investimento e transcorridos seis meses desde a data do último xustificante de pagamento do investimento (data inicial

de cómputo), a sociedade emisora deberá remitir ó Igape os TC1 e TC2 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes á data inicial de cómputo.

b) Transcorridos dous anos desde a data inicial de cómputo nos termos establecidos na cláusula 7.1, a sociedade emisora deberá remitir ó Igape os TC1 e TC2 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes á data na que se cumpran dous anos desde a data inicial de cómputo.

10.3. Proxectos correspondentes a préstamos por importe superior a 65 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros):

De acordo co establecido no artigo 15.3º do Decreto 287/2000, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, a comprobación material do investimento aprobado para préstamos por importe superior a 65 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros) substitúese pola documentación xustificativa establecida nos anteriores epígrafes desta cláusula para cada tipo de operación. Iso sen prexuízo da posibilidade de realización polo Igape de calquera outra actuación de control e inspección que poida considerar oportuna.

O cumprimento das condicións de estabilidade laboral establecidas na cláusula 2.2 será verificado polo Igape baseándose na documentación acreditativa do mantemento e/ou creación de emprego establecida nos puntos anteriores e, se é o caso, de calquera outra actuación de control e inspección que se considere conveniente.

Cláusula 11ª.-Pagamento da subsidiación e da comisión de aval ás SGR.

11.1. Pagamento da subsidiación:

O pagamento da subsidiación ós beneficiarios realizarase trimestralmente a través da entidade financeira.

As entidades financeiras solicitarán ó Igape o pagamento da subsidiación dentro dos 5 primeiros días do trimestre natural seguinte ó que corresponde a liquidación. Xuntarán á dita solicitude as liquidacións trimestrais en formato de listas ou relacións individualizadas dos préstamos ordenados alfabeticamente, onde figuren os seguintes datos:

-Para operacións tipo A: o capital vivo teórico na data de inicio do trimestre que se liquida; as variacións no capital vivo que se produciran ó longo do trimestre e a data na que se produciron e, naqueles préstamos nos que se presentara nese trimestre certificación de xustificación de investimentos, o importe do préstamo disposto con dereito a subvención e a data valor; o tipo de xuro; os puntos obxecto de subsidiación e o importe da subvención que corresponde, certificando a autenticidade deses datos.

As liquidacións trimestrais para este tipo de operacións presentaranse en dous grupos diferenciados de préstamos:

1º Para aqueles préstamos excepcionais previstos na cláusula 8.2.1, formalizados a máis de 7 anos,

presentarase liquidación individualizada de cada un deles.

2º A liquidación da subvención do resto dos préstamos efectuarase do modo xeral descrito anteriormente.

-Para operacións tipo B e C: o capital vivo teórico na data de inicio do trimestre que se liquida; as variacións no capital vivo que se produciran ó longo do trimestre e a data na que se produciron e, naqueles préstamos nos que se presentarán nese trimestre a xustificación das disposicións, o importe do préstamo con dereito a subvención e a data a partir da que se liquida a subvención; o tipo de xuro; os puntos obxecto de subsidiación e o importe da subvención que corresponde, certificando a autenticidade deses datos.

O beneficiario do préstamo subsidiado pagará ó seu vencemento o tipo de xuro total da operación, segundo o establecido na cláusula 8.3.1. deste convenio, debendo a entidade financeira aboa-la subsidiación ó beneficiario na mesma data valor na que o Igape a ingrese na dita entidade.

As liquidacións practicadas serán á conta e provisionais, mentres tanto o Igape non realice a oportuna comprobación, que poderá efectuarse durante o período de vixencia do préstamo. Nos casos de erros nas liquidacións de subsidiación, o Igape procederá á súa corrección, podendo compensa-las cantidades indebidamente aboadas coas posteriores liquidacións de subsidiación.

11.2. Pagamento da comisión de aval ás SGR:

O pagamento de comisión de aval ós beneficiarios realizarase anualmente a través das SGR.

A SGR solicitarán ó Igape o pagamento da comisión de aval dentro dos 5 primeiros días do trimestre natural seguinte ó que corresponda a liquidación. Xuntarán á dita solicitude as liquidacións anuais en formato de listas ou relación individualizada dos préstamos avalados ordenados alfabeticamente, onde figurarán o capital vivo do préstamo avalado e o importe da comisión de aval, certificando a autenticidade deses datos.

As liquidacións practicadas serán á conta e provisionais, mentres o Igape non realice a oportuna comprobación, que poderá efectuarse durante o período de vixencia do préstamo. Nos casos de erros nas liquidacións, o Igape procederá á súa corrección, podendo compensa-las cantidades indebidamente aboadas coas posteriores liquidacións da comisión de aval.

A revogación da axuda concedida ó beneficiario nos supostos establecidos na cláusula 14 implicará, así mesmo, a revogación da subvención concedida sobre as comisións de aval da SGR e o reintegro polo beneficiario das cantidades indebidamente percibidas.

11.3. Pagamento anticipado.

Con independencia do sistema de pagamento da subsidiación e da comisión de aval establecido con

anterioridade e unha vez verificado por este instituto o cumprimento das finalidades para as que se concedeu a subsidiación, o Igape reserva para si a facultade de pagar anticipadamente ámbalas axudas. O importe da liquidación anticipada destinarase á amortización do principal do préstamo. A entidade financeira aboará a subsidiación ó beneficiario na mesma data valor na que o Igape lle ingrese a cantidade, non podendo cobrar comisión por amortización anticipada. A entidade financeira deberá remitir ó Igape no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó aboamento da subsidiación o extracto da conta do préstamo onde figure o capital amortizado.

O importe da subvención anticipada será o valor actualizado ó tipo de xuro legal do diñeiro das cantidades que se devengarían en concepto de subvención durante o período non vencido, aplicando os puntos de subsidiación de acordo co establecido na cláusula 8.3.5 para o momento do cálculo.

Cláusula 12ª.-Prórroga de prazos.

En atención ó disposto polo artigo 49 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, as prórrogas dos prazos establecidos neste convenio solicitaranse ó Igape cunha antelación mínima de 10 días hábiles ó vencemento do prazo a ampliar, co obxecto de que o instituto poida resolverse a mesma con anterioridade á súa expiración.

Cláusula 13ª.-Modificacións.

13.1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

13.2. O presidente do Igape poderá acorda-la modificación da resolución de concesión a instancias do beneficiario, sempre que a modificación do proxecto non desvirtúe a finalidade da axuda, non exista prexuízo a terceiros, e os novos elementos ou circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda.

As solicitudes de modificación, acompañadas de memoria xustificativa, presentaranse ó Igape a través da entidade financeira.

13.3. A resolución de modificación establecerá as novas condicións da concesión e, se é o caso, decretará o reintegro do indebidamente percibido. En ningún caso a resolución de modificación implicará aumenta-la contía do préstamo subsidiable inicialmente aprobado.

13.4. O cambio de beneficiario da axuda poderá ser autorizado polo presidente do Igape nos supostos de sucesión de empresa e de transformación da forma xurídica do beneficiario, sempre que se acredite documentalmente a subrogación na totalidade dos dereitos e obrigas derivados do proxecto subven-

cionado, e especificamente do préstamo subsidiado, así como o cumprimento dos requisitos establecidos no punto 13.2.

13.5. O presidente do Igape poderá autorizar a instancias do beneficiario, a formalización do préstamo coa entidade financeira distinta da que tramitou a solicitude. Para tales efectos, solicitarase o cambio a través da nova entidade financeira prestamista, xuntando nova comunicación de concesión de préstamo e declaración xurada da inexistencia de variación na restante documentación do expediente.

Cláusula 14ª.-Perda da subvención.

1. No caso de reclamación xudicial por instancia da entidade financeira por incumprimento do contrato de préstamo, e nos de suspensión de pagamentos ou quebra do beneficiario, perderase o dereito á axuda concedida desde a data de presentación da reclamación ou da admisión a trámite das anteriores declaracións no xulgado. Igualmente, perderase o dereito á axuda no caso de cesamento da actividade subvencionable desde a data da baixa.

A entidade financeira queda obrigada a comunicar ó Igape a relación detallada das operacións obxecto de reclamación xudicial e as que incorran en quebra ou suspensión de pagamentos con indicación da data de presentación ou admisión a trámite no xulgado.

Así mesmo, a entidade financeira deberá comunicar ó Igape a mora ou falta de pagamento das cotas por parte do beneficiario, circunstancia que suporá a retención da subsidiación por parte do Igape mentres o beneficiario non regularice a situación.

2. Procederá ó reintegro total ou parcial das cantidades percibidas, xunto cos xuros de demora devengados desde o pagamento, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-los requisitos requiridos para iso.

c) Incumpri-la finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumpri-las condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

e) Cando o importe da axuda, illadamente ou en concorrencia con outras, supere o custo do proxecto ou o límite de intensidade de axuda establecido pola normativa comunitaria.

O alcance do incumprimento determinarase en función do grao e entidade da condición incumprida. A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á súa apreciación conxunta.

Se o incumprimento superara o 50% do investimento subvencionable aprobado, considerarase total, sendo causa de revogación da axuda e de reintegro da totalidade das cantidades percibidas.

Para as operacións de tipo C, o incumprimento de calquera dos beneficiarios das obrigas asumidas pola concesión da axuda poderá supor, se é o caso, a revogación da axuda concedida e o reintegro das cantidades indebidamente percibidas por parte do socio beneficiario.

As cantidades a reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público, resultando de aplicación para o seu recobramento, se é o caso, a vía de constrinximento.

3. O procedemento para declara-lo incumprimento e reintegro de cantidades axustarase ó disposto no artigo 20 do Decreto 287/2000, de desenvolvemento do réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Sen prexuízo do establecido nos puntos anteriores, os beneficiarios e entidades financeiras e SGR colaboradoras sométense ó réxime de infraccións e sancións establecido no artigo 79 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, desenvolvido no capítulo VII do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Cláusula 15ª.-Compatibilidade.

Non poderán acollerse ás axudas establecidas neste convenio aqueles proxectos que se financien, en todo ou en parte, mediante créditos, préstamos ou contratos de leasing que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellora-las condicións financeiras respecto das normais de mercado.

A concesión das axudas deste convenio queda supeditada ó cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Neses termos, serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada, salvo as referidas no parágrafo anterior, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán supera-los límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea.

Para o cálculo da intensidade da axuda de subvención ó tipo de xuro procederase da seguinte forma:

-Calcularanse en pesetas correntes (ou o seu contravalor en euros) os valores absolutos das subvencións a percibir.

-Actualizaranse, ó ano da concesión das axudas, os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

Cláusula 16ª.-Control.

Os beneficiarios quedan obrigados a someterse ás actuacións de control que efectúe o Igape para verifica-la aplicación das axudas ás finalidades aprobadas e o cumprimento dos requisitos e condicións establecidos, así como ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, debendo facilitar toda a información requirida polos citados organismos.

Cláusula 17ª.-Obrigas das entidades financeiras.

1. A entidade financeira asinante comprométese a:

a) Concede-los préstamos nos termos e condicións establecidos neste convenio, ata a contía máxima total establecida nos antecedentes a este convenio. A concesión de préstamos por importe superior ó máximo total establecido deberá ser previamente

autorizada polo Igape. Nembargantes tal límite poderá ser ampliado ou reducido en setembro de 2001, por acordo expreso da entidade financeira e o Igape, en función do grao de execución dela no tempo transcorrido.

b) Para os efectos do seguimento e control da execución do convenio, a entidade financeira, remitirá por escrito ó Igape antes do 14 de setembro de 2001, a relación de peticionarios referida ó último día hábil do mes de agosto, por cada tipo de operación, ós que lles foron concedidos préstamos, engadindo se é o caso relación das solicitudes que estean en trámite. Para as solicitudes aprobadas, deberá detallarse número de expediente e importe concedido. Unha relación similar deberá enviarse ó Igape antes do 22 de outubro de 2001 referida ó 15 de outubro.

c) Colaborar na tramitación dos expedientes de axuda, cumprindo os prazos e demais formalidades establecidas neste convenio.

d) Manter á disposición do Igape a documentación relativa á personalidade xurídica das sociedades (escritura de constitución e estatutos) e a capacidade do asinante da solicitude (poder de representación).

e) Acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo dicte o Igape para a mellor administración e control das operacións incluídas neste convenio.

f) Remitir ó Igape as aclaracións que solicite respecto á documentación relativa á xustificación, liquidación e aboamento das subsidiacións, así como someterse ás actuacións de comprobación que respecto á xestión dos fondos poida efectua-lo Igape ou calquera dos organismos referidos na cláusula 16ª.

2. A entidade financeira asinante comprométese, así mesmo, a responder subsidiariamente co beneficiario do reintegro das axudas indebidamente percibidas por este, cando por neglixencia grave ou dolo da entidade financeira, se permitise dispor indebidamente dos fondos da conta restrinxida do préstamo para finalidades distintas das aprobadas, e iso dera lugar a resolución administrativa firme declarativa da obriga de reintegro de cantidades indebidamente percibidas.

Non se considerarán no suposto anterior os simples erros materiais ou aritméticos nos que non interveña neglixencia grave nin dolo.

Cláusula 18ª.-Obrigas das SGR.

A SGR asinante comprométese a:

a) Colaborar na tramitación dos expedientes de axuda, cumprindo os prazos e demais formalidades establecidas neste convenio.

b) Manter á disposición do Igape a documentación relativa á personalidade xurídica das sociedades (escritura de constitución e estatutos) e a capacidade do asinante da solicitude (poder de representación).

c) Acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo e dicte o Igape para a mellor administración e control das operacións incluídas neste convenio.

d) Remitir ó Igape as aclaracións que solicite respecto á documentación acreditativa da documentación das operacións avaladas pola SGR.

Cláusula 19ª.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a resolución deste convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas, logo de denuncia da outra cun mínimo de 30 días de aviso previo.

A resolución suporá en todo caso deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

Cláusula 20ª.-Seguimento do convenio.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha comisión de vixilancia e seguimento, integrada polas entidades financeiras, as SGR e representantes do Igape que terán reunións con periodicidade trimestral ou ben convocando separadamente a cada unha delas.

O Igape fará públicos os resultados do convenio de forma periódica.

Cláusula 21ª.-Publicidade.

As entidades financeiras asinantes comprométense a mostrar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo Igape e a colaboraren na correcta difusión desta liña de axudas.

Co obxecto de lograr maior coordinación, os proxectos e campañas publicitarias que, se é o caso, realicen as entidades financeiras sobre este convenio, deberán contar coa autorización previa do Igape.

Cláusula 22ª.-Natureza.

Este convenio ten natureza administrativa correspondendo ó Igape a interpretación do seu contido.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2001.

Pola entidade financeiraPolo Igape

...

Asdo.:José Antonio Orza Fernández

DNI:Presidente do Igape

ANEXO II

Operacións tipo A

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE PRESENTA-LA ENTIDADE FINANCEIRA

1 p Instancia da solicitude asinada e debidamente cuberta, segundo modelo establecido en anexo VIII.

2 p Comunicación concesión préstamo, segundo modelo establecido en anexo III.

3 p En caso de operacións avaladas, comunicación concesión aval SGR. p Si p Non.

4 p Se é o caso, formalización anticipada, segundo modelo establecido en anexo IV: p Si p Non.

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE PRESENTA-LA EMPRESA

A documentación deberase presentar en orixinal ou copia cotexada pola entidade financeira ou SGR.

1 Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante.

1.1 p Persoas físicas: DNI/NIF.

1.2 p Persoas xurídicas: CIF e DNI/NIF do asinante da solicitude (*).

2 p Certificación dos administradores da condición de PEME segundo modelo establecido en anexo VI.

3 p Último recibo pagado polo imposto de actividades económicas. No caso de empresas de nova creación, deberán achega-la alta no IAE ou declaración responsable que inclúa o compromiso de se

dar de alta no IAE indicando o epígrafe correspondente, así como de remiti-lo documento de alta no prazo máximo de 6 meses desde a data inicial de cómputo establecida na cláusula 7.1.2.1.

4 p Declaración expresa doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto, cumprimento coas obrigas fiscais e coa Seguridade Social, e de non ter contraída débeda ningunha, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia. Segundo o modelo que figura no anexo VII.

(*) A escritura de constitución, os estatutos da sociedade, así como o poder de representación do asinante da solicitude poranse á disposición da entidade financeira, tendo o Igape en todo momento acceso ós devanditos documentos.

B) Documentación específica operacións tipo A:

1 Memoria descritiva do investimento proxectado, datado e asinado polo solicitante, que deberá conter:

1.1 p Indicación expresa de que se trata de investimentos adquiridos a terceiros.

1.2 p Indicación expresa de que se trata de investimentos realizados ou que se van realizar a partir do 1 de xaneiro de 2001.

1.3 p Localización dos investimentos.

1.4 p Orzamento polo miúdo e valorado (excluído o IVE), partida a partida, dos investimentos en inmobilizado material novo, bens usados e en inmobilizado inmaterial, na orde establecida no impreso de soli

citude e estado actual dos pagamentos, de acordo co seguinte esquema:

Conceptos de

investimento

Tipo de benImporte

pagado

Importe

pendente de

pagamento

Total

NovoUsado(IVE excluído)(IVE excluído)(IVE excluído)

pp

pp

pp

pp

pp

Totais

1.5 p No caso de que non se efectuasen pagamentos, indicación expresa de que o investimento está pendente de pagamento na súa totalidade.

1.6 p Data e sinatura da memoria polo solicitante.

1.7 Naqueles proxectos en que estea prevista a realización de obras e construccións, deberá achegarse á memoria:

1.7.1 p Solicitude de licencia de obra ou da licencia definitiva expedida polo concello.

1.7.2 p No caso de obras menores deberán achegar memoria descritiva e planos destas.

1.7.3 p No caso de obras maiores achegarase anteproxecto ou proxecto asinado por técnico competente.

1.8 p Cando a adquisición se produza entre persoas ou entidades vinculadas segundo a definición contida na normativa do Imposto sobre Sociedades, será preciso achegar unha valoración subscrita por sinatura de taxación independente.

2 Documentación relativa ó mantemento e creación de emprego:

2.1 p Certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social de afiliados adscritos ás contas de cotización da empresa por tipos de contrato, e de tódolos centros de traballo da empresa, o 31 de decembro de 2000 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes ó réxime especial de autónomos pagados nese mesmo mes.

2.2 p Declaración xurada do número de traballadores existentes o 31 de decembro de 2000, distinguindo fixos e temporais, e dos postos de traballo que hai que crear, de acordo co seguinte esquema:

Réxime de cotización dos

traballadores á Seguridade

Social

Número de traballadores

Na data 31-12-2000Postos que se van crear

FixosTemporaisFixosTemporais

Xeral

Especial de traballadores autónomos

Especial de traballadores do mar

Outros

TOTAL TRABALLADORES

2.3 p Compromiso de mante-los postos de traballo que se van crear durante o prazo de dous anos desde

a data inicial de cómputo establecida na cláusula 7.1.2.1. do convenio.

2.4 p Para solicitudes de axuda para préstamos superiores a 65 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros), ademais, compromiso de alcanza-los niveis de estabilidade laboral requiridos na cláusula 2.2 do convenio respecto das novas contratacións derivadas do proxecto.

Operacións tipo B

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE PRESENTA-LA ENTIDADE FINANCEIRA

1 p Instancia da solicitude asinada e debidamente cuberta, segundo modelo establecido en anexo VIII.

2 p Comunicación concesión préstamo, segundo modelo establecido en anexo III.

3 p En caso de operacións avaladas, comunicación concesión aval SGR. p Si p Non.

4 p Se é o caso, formalización anticipada, segundo modelo establecido en anexo IV: p Si p Non.

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE PRESENTA-LA EMPRESA

A documentación deberase presentar en orixinal ou copia cotexada pola entidade financeira ou SGR.

1 Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante.

1.1 p Persoas físicas: DNI/NIF.

1.2 p Persoas xurídicas: CIF e DNI/NIF do asinante da solicitude (*).

2 p Certificación dos administradores da condición de PEME segundo modelo establecido en anexo VI.

3 p Último recibo pagado polo Imposto de Actividades Económicas. No caso de empresas de nova creación, deberán achega-la alta no IAE.

4 p Declaración expresa doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto, cumprimento coas obrigas fiscais e coa Seguridade Social, e de non ter contraída débeda ningunha, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia. Segundo o modelo que figura no anexo VII.

(*) A escritura de constitución, os estatutos da sociedade, así como o poder de representación do asinante da solicitude poranse á disposición da entidade financeira, tendo o Igape en todo momento acceso ós devanditos documentos.

B) Documentación específica operacións tipo B:

1 Documentación relativa ós pasivos que hai que reestructurar.

1.1 p Copia simple emitida polo Rexistro Mercantil das contas anuais correspondentes ó exercicio 2000 ou, no caso de que aínda non fosen presentadas no Rexistro Mercantil, contas anuais correspondentes ó exercicio 2000 unha vez aprobadas polo órgano de administración auditadas por auditor independente.

1.2 p Certificación da entidade financeira acerca dos pasivos que se solicitan para reestructurar, indicando:

-Número de póliza ou contrato.

-Titular da operación.

-Tipo de operación.

-Data de formalización e vencemento.

-Nominal e saldo vivo na data da solicitude.

1.3 p Pólizas ou contratos que se solicitan para reestructurar.

1.4 p Documentación acreditativa da execución dos investimentos subvencionables que fosen financiados cos pasivos financeiros para cancelar realizados durante o ano 2000, así como dos pagamentos efectuados.

2 Documentación relativa ó mantemento de emprego:

2.1 p Certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social de afiliados adscritos ás contas de cotización da empresa por tipos de contrato, e de tódolos centros de traballo da empresa, o 31 de decembro de 2000 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes ó réxime especial de autónomos pagados nese mesmo mes.

2.2 p Declaración xurada do número de traballadores existentes o 31 de decembro de 2000, distinguindo fixos e temporais, de acordo co seguinte esquema:

Réxime de cotización dos

traballadores á Seguridade

Social

Número de traballadores

Na data 31-12-2000

FixosTemporais

Xeral

Especial de traballadores autónomos

Especial de traballadores do mar

Outros

TOTAL TRABALLADORES

2.3 p Compromiso de mante-los postos de traballo existentes o 31 de decembro de 2000, durante o prazo de dous anos.

2.4 p Para solicitudes de axuda para préstamos superiores a 65 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros), ademais, compromiso de manter como mínimo os niveis de estabilidade laboral establecido na cláusula 2.2 durante o prazo de dous anos, contados desde o 31 de decembro de 2000.

Operacións tipo C a)

DOCUMENTACIÓN QUE TEN QUE PRESENTA-LA ENTIDADE FINANCEIRA

1 p Instancia da solicitude asinada e debidamente cuberta, segundo modelo establecido en anexo VIII.

2 p Comunicación concesión préstamo, segundo modelo establecido en anexo III.

3 p En caso de operacións avaladas, comunicación concesión aval SGR. p Si p Non.

4 p Se é o caso, formalización anticipada, segundo modelo establecido en anexo IV: p Si p Non.

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE PRESENTA-LO SOLICITANTE

A documentación deberase presentar en orixinal ou copia cotexada pola entidade financeira ou SGR.

1 Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante.

1.1 p Persoas físicas: DNI/NIF.

1.2 p Persoas xurídicas: CIF e DNI/NIF do asinante da solicitude (*).

2 p Certificación dos administradores da condición de PEME segundo modelo establecido en anexo VI.

3 p Declaración expresa doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto, cumprimento coas obrigas fiscais e coa Seguridade Social, e de non ter contraída débeda ningunha, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia. Segundo o modelo que figura no anexo VII.

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE PRESENTA-LA SOCIEDADE EMISORA DA AMPLIACIÓN

A documentación deberase presentar en orixinal ou copia cotexada pola entidade financeira o SGR.

1 Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante.

1.1 p Persoas físicas: DNI/NIF.

1.2 p Persoas xurídicas: CIF e DNI/NIF do asinante da solicitude (*).

2 p Certificación dos administradores da condición de PEME segundo o modelo establecido en anexo VI.

3 p Último recibo pagado polo Imposto de Actividades Económicas. No caso de empresas de nova creación, deberán achega-la alta no IAE.

(*) A escritura de constitución, os estatutos da sociedade, así como o poder de representación do asinante da solicitude poranse á disposición da entidade financeira, tendo o Igape en todo momento acceso ós devanditos documentos.

B) Documentación específica operacións tipo C a):

1 Documentación relativa operacións de préstamo nos que os seus fondos se utilicen pola sociedade emisora á cancelación de préstamos ou créditos a curto prazo que financiasen investimentos xa realizados

1.1 p Certificación do secretario da Xunta Xeral co visto e prace do presidente sobre o acordo de ampliación de capital, detallando tódalas condicións deste.

1.2 p Certificación emitida polo órgano de administración da sociedade na que faga consta-la relación de socios, accionistas ou partícipes que pretenden acollerse ó programa, contía, e porcentaxe de capital que hai que subscribir e importe do préstamo que se vai solicitar por cada un deles.

1.3 p Copia simple emitida polo Rexistro Mercantil das contas anuais correspondentes ó exercicio 2000 ou, no caso de que aínda non fosen presentadas no Rexistro Mercantil, contas anuais correspondentes ó exercicio 2000 unha vez aprobadas polo órgano de administración auditadas por auditor independente.

2 Documentación relativa ós pasivos que hai que reestructurar

2.1 p Certificación da entidade financeira acerca dos pasivos que se solicitan para reestructurar, indicando:

-Número de póliza ou contrato.

-Titular da operación.

-Tipo de operación.

-Data de formalización e vencemento.

-Nominal e saldo vivo á data da solicitude.

2.2 p Pólizas ou contratos que se solicitan para reestructurar.

2.3 p Documentación acreditativa da execución dos investimentos subvencionables que fosen financiados cos pasivos financeiros para cancelar realizadas durante o ano 2000, así como dos pagamentos efectuados.

3 Documentación relativa ó mantemento de emprego:

3.1 p Certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social de afiliados adscritos ás contas de cotización da empresa por tipos de contrato, e de tódolos centros de traballo da empresa, o 31 de decembro de 2000 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes ó réxime especial de autónomos pagados nese mesmo mes.

3.2 p Declaración xurada do número de traballadores existentes o 31 de decembro de 2000, distinguindo fixos e temporais, de acordo co seguinte esquema:

Réxime de cotización dos

traballadores á Seguridade

Social

Número de traballadores

Na data 31-12-2000

FixosTemporais

Xeral

Especial de traballadores autónomos

Especial de traballadores do mar

Outros

TOTAL TRABALLADORES

3.3 p Compromiso de mante-los postos de traballo existentes o 31 de decembro de 2000, durante o prazo de dous anos.

3.4 p Para solicitudes de axuda para préstamos superiores a 65 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros), ademais, compromiso de manter como mínimo os niveis de estabilidade laboral establecido na cláusula 2.2 durante o prazo de dous anos, contados desde o 31 de decembro de 2000.

Operacións tipo C b)

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE PRESENTA-LA ENTIDADE FINANCEIRA

1 p Instancia da solicitude asinada e debidamente cuberta, segundo modelo establecido en anexo VIII.

2 p Comunicación concesión préstamo, segundo modelo establecido en anexo III.

3 p En caso de operacións avaladas, comunicación concesión aval SGR. p Si p Non.

4 p Se é o caso, formalización anticipada, segundo modelo establecido en anexo IV: p Si p Non.

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE PRESENTA-LO SOLICITANTE

A documentación deberase presentar en orixinal ou copia cotexada pola entidade financeira ou SGR.

1 Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante.

1.1 p Persoas físicas: DNI/NIF.

1.2 p Persoas xurídicas: CIF e DNI/NIF do asinante da solicitude (*).

2 p Certificación dos administradores da condición de PEME segundo modelo establecido en anexo VI.

3 p Declaración expresa doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto, cumprimento coas obrigas fiscais e coa Seguridade Social, e de non ter contraída débeda ningunha, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia. Segundo o modelo que figura no anexo VII.

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE PRESENTA-LA SOCIEDADE EMISORA DA AMPLIACIÓN

A documentación deberase presentar en orixinal ou copia cotexada pola entidade financeira ou SGR.

1 Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante.

1.1 p Persoas físicas: DNI/NIF.

1.2 p Persoas xurídicas: CIF e DNI/NIF do asinante da solicitude (*).

2 p Certificación dos administradores da condición de PEME segundo modelo establecido en anexo VI.

3 p Último recibo pagado polo imposto de actividades económicas. No caso de empresas de nova creación, deberán achega-la alta no IAE ou declaración responsable que inclúa o compromiso de se dar de alta no IAE indicando o epígrafe correspondente, así como de remiti-lo documento de alta no prazo máximo de 6 meses desde a data inicial de cómputo establecida na cláusula 7.1.2.1.

(*) A escritura de constitución, os estatutos da sociedade, así como o poder de representación do asinante da solicitude poranse á disposición da entidade financeira, tendo o Igape en todo momento acceso ós devanditos documentos.

B) Documentación específica operacións tipo C b):

1 Documentación relativa a operacións de préstamo nas que os seus fondos se utilicen pola sociedade emisora para a realización de novos investimentos

1.1 p Certificación do secretario da Xunta Xeral co visto e prace do presidente sobre o acordo de ampliación de capital, detallando tódalas condicións deste.

1.2 p Certificación emitida polo órgano de administración da sociedade na que faga consta-la relación de socios, accionistas ou partícipes que pretenden acollerse ó programa, contía, e porcentaxe de capital que hai que subscribir e importe do préstamo que se vai solicitar por cada un deles.

1.3 p Copia simple emitida polo Rexistro Mercantil das contas anuais correspondentes ó exercicio 2000 ou, no caso de que aínda non fosen presentadas no Rexistro Mercantil, contas anuais correspondentes ó exercicio 2000 unha vez aprobadas polo órgano de administración auditadas por auditor independente.

2 Memoria descritiva do investimento proxectado, datado e asinado polo solicitante, que deberá conter:

2.1 p Indicación expresa de que se trata de investimentos adquiridos a terceiros.

2.2 p Indicación expresa de que se trata de investimentos realizados ou que se van realizar a partir do 1 de xaneiro de 2001.

2.3 p Localización dos investimentos.

2.4 p Orzamento polo miúdo e valorado (excluído o IVE), partida a partida, dos investimentos en inmobilizado material novo, bens usados e en inmobilizado inmaterial, na orde establecida no impreso de solicitude e estado actual dos pagamentos, de acordo co seguinte esquema:

Conceptos de

investimento

Tipo de benImporte

pagado

Importe

pendente de

pagamento

Total

NovoUsado(IVE excluído)(IVE excluído)IVE excluído)

pp

pp

pp

pp

pp

Totais

2.5 p No caso de que non se efectuasen pagamentos, indicación expresa de que o investimento está pendente de pagamento na súa totalidade.

2.6 p Data e sinatura da memoria polo solicitante.

2.7 Naqueles proxectos en que estea prevista a realización de obras e construccións, deberá achegárselle á memoria:

2.7.1 p Solicitude de licencia de obra ou da licencia definitiva expedida polo concello.

2.7.2 p No caso de obras menores deberán achegar memoria descritiva e planos destas.

2.7.3 p No caso de obras maiores achegarase anteproxecto ou proxecto asinado por técnico competente.

2.8 p Cando a adquisición se produza entre persoas ou entidades vinculadas segundo a definición contida na normativa do Imposto sobre Sociedades, será preciso achegar unha valoración subscrita por sinatura de taxación independente.

3 Documentación relativa ó mantemento e creación de emprego:

3.1 p Certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social de afiliados adscritos ás contas de cotización da empresa por tipos de contrato, e de tódolos centros de traballo da empresa, o 31 de decembro de 2000 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes ó réxime especial de autónomos pagados nese mesmo mes.

3.2 3.2 p Declaración xurada do número de traballadores existentes o 31 de decembro de 2000, distinguindo fixos e temporais, e dos postos de traballo que hai que crear, de acordo co seguinte esquema:

Réxime de cotización dos

traballadores á Seguridade

Social

Número de traballadores

Na data 31-12-2000Postos que se van crear

FixosTemporaisFixosTemporais

Xeral

Especial de traballadores autónomos

Especial de traballadores do mar

Outros

TOTAL TRABALLADORES

3.3 p Compromiso de mante-los postos de traballo que se van crear durante o prazo de dous anos desde a data inicial de cómputo establecida na cláusula 7.1.2.1. do convenio.

3.4 p Para solicitudes de axuda para préstamos superiores a 65 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros), ademais, compromiso de alcanza-los niveis de estabilidade laboral requiridos na cláusula 2.2 do convenio respecto das novas contratacións derivadas do proxecto.

ANEXO III

MODELO DE COMUNICACIÓN DE CONCESIÓN DE PRÉSTAMO

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Referencia: Convenio Igape-entidades financeiras-2001.

Complexo administrativo San Lázaro s/n.

15703 Santiago de Compostela.

Moi señores nosos:

Estudiada a solicitude de préstamo presentada nesta entidade financeira, ó abeiro das axudas no convenio de colaboración arriba referenciado, comu

nicamos a vostedes que foi concedido o préstamo coas características que se detallan:

Beneficiario:

Código do programa: (/01)

Nº expediente:

Data da solicitude na entidade financeira:

Oficina:

Importe:

Prazo de vixencia:

Período de carencia:

Tipo de xuro: 5,75% para o ano 2001. Para anos futuros variable segundo convenio.

Liquidación de xuros: trimestres naturais vencidos.

Amortización: trimestral, en cotas de amortización de capital constantes.

Garantías:

Xuntamos orixinal e 1ª copia do impreso de solicitude e a documentación completa esixida para o efecto. Así mesmo, comunicamos que con esta mesma data remitimos a 2ª copia da solicitude e unha copia da documentación esxixida ós servicios centrais da Consellería de .....Dirección Xeral de ......

Data e sinatura,

ANEXO IV

MODELO DE SOLICITUDE DE FORMALIZACION PREVIA Á RESOLUCIÓN

En relación á solicitude de axuda financeira formulada pola empresa, nº expt.:

-Presentada no Igape en data.../.../..., Rexistro de Entrada nº...

ou

-Que se presenta en data de hoxe,

de acordo co estipulado na cláusula 9.10.1 do convenio Igape-entidades financeiras-2001, comunícase a intención de formaliza-la dita operación previamente á resolución de concesión de subsidiación por parte dese instituto, respectando, en todo caso, as condicións e requisitos establecidos no convenio, tanto á hora da formalización como na posterior disposición do préstamo e xustificación dos investimentos.

Así mesmo comunícase que, de acordo co establecido na mencionada cláusula, a operación non se formalizará mentres non se reciba a preceptiva autorización do Igape.

Data, sinatura e selo da entidade financeira.

Instituto Galego de Promoción Económica.

ANEXO II

RELACIÓN DE ENTIDADES FINANCEIRAS COLABORADORAS

Caixas BancosS.G.R.

Caixa CatalunyaBanco AtlánticoAfigal
Caixa GaliciaBanco Bilbao Vizcaya ArgentariaSogarpo
CaixanovaBanco de Galicia
Caixa Rural de LugoBanco Español de Crédito
Caja EspañaBanco Espíritu Santo
Caja MadridBanco Etchevarría
La CaixaBanco Gallego
Banco Herrero
Banco Mapfre
Banco Pastor
Banco Popular
Banco Sabadell
Banco Santander Central Hispano
Banco Simeón
Banco Urquijo
Banco Zaragozano
Bankinter