Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.758

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2001 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado, mediante contratos de arrendamento financeiro, polo Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras.

Con data do 4 de abril o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e 21 entidades financeiras asinaron un convenio coa finalidade de establecer liñas de financiamento subsidiado para as pequenas e medianas empresas, someténdose ás directrices tanto horizontais como sectoriais dictadas pola Comisión Europea, ás normas específicas contidas no citado convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

Polo que antecede, e en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1º a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape,

RESOLVO:

Facer público o texto do convenio coas entidades financeiras que figura como anexo I e a relación de entidades que o subscribiron que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

ANEXO I

CONVENIO DE APOIO FINANCEIRO ÓS INVESTIMENTOS DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS FINANCIADO, MEDIANTE CONTRATOS DE ARRENDAMENTO FINANCEIRO, POLO INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE), E A ENTIDADE FINANCEIRA...

O presente convenio, asinado por unha parte polo presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), José Antonio Orza Fernández, e doutra parte por... (en diante a entidade de crédito) representada por D./Dna..., con poder suficiente, inscríbese dentro do marco da política de apoio á pequena e mediana empresa emprendida pola Xunta de Galicia. En tanto non se pronuncie a Comisión Europea acerca da compatibilidade coa normativa comunitaria do novo Decreto de incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, o presente convenio axustarase ás directrices tanto horizontais coma sectoriais dictadas pola Comisión Europea, así como ós límites de intensidade autorizados a Galicia no mapa rexional de axudas de España para o período 2000-2006.

Conscientes do importante papel que as Pemes desenvolven na actividade económica, ponse en marcha un programa de financiamento dos investimentos que estas empresas promovan. Consiste a axuda na subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro que se concerten coas entidades de crédito colaboradoras e acollidos ó presente convenio.

Para este fin, a entidade de crédito comprométese a subscribir contratos de arrendamento financeiro nos termos e condicións establecidos neste convenio, ata unha contía máxima total de... pesetas (ou o seu contravalor en euros).

Estes contratos de arrendamento financeiro poderán ser subsidiados polo Igape, con suxeición ás seguintes cláusulas:

Cláusula 1ª.-Obxecto e dotación orzamentaria.

O presente convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre a entidade de crédito e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) co fin de establece-las liñas de financiamento subsidiadas mediante contratos de arrendamento finan

ceiro para pequenas e medianas empresas, someténdose ás directrices tanto horizontais como sectoriais dictadas pola Comisión Europea, ás normas específicas contidas no presente convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

As axudas reguladas neste convenio financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.01/01/08.656700, cun crédito de 343.387.000 pesetas (2.063.797,43 euros) para o período 2001-2006, e a súa concesión estará supeditada á existencia de crédito orzamentario suficiente.

Cláusula 2ª.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas no presente convenio aquelas empresas que teñan a consideración de pequenas e medianas empresas (Pemes) conforme a definición adoptada pola Comisión da Unión Europea do 3 abril de 1996. Para os ditos efectos, terá a consideración de PEME a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:

a) Que teña menos de 250 traballadores,

b) Que teña un volume de negocios anual non superior a 40 millóns de euros, ou ben un balance xeral anual, activo total, non superior a 27 millóns de euros, e

c) Que cumpra o criterio de independencia tal e como se define a seguir:

Consideraranse empresas independentes as empresas nas que o 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenzan a outra empresa, ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de PEME. Este limiar poderá superarse nos dous casos seguintes:

-Se a empresa pertence a sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco ou investidores institucionais, sempre que estes non exerzan, individual ou conxuntamente, ningún control sobre a empresa;

-Se o capital está distribuído de tal forma que non é posible determinar quen o posúe e se a empresa declara que pode presumir que o 25% ou máis do seu capital non pertence a outra empresa ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de PEME.

Para o cálculo dos límites establecidos nas alíneas a) e b) engadiranse as cifras correspondentes da empresa beneficiaria e tódalas empresas nas que posúa directa ou indirectamente o 25% ou máis dos seu capital ou dos dereitos de voto.

Os solicitantes deberán acreditar esta circunstancia segundo o formulario establecido no anexo VI a este convenio.

2. As empresas que cumpran os requisitos establecidos no número anterior e que presenten solicitudes de axuda financeira para proxectos de investimento por un importe a subsidiar superior a 140 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros) deberán cumprir, ademais, as seguintes condicións

de establilidade laboral en relación ós centros de traballo radicados en Galicia:

a) Empresas existentes: que alomenos o 35% do cadro de persoal correspondente á data de solicitude teña contratos por tempo indefinido.

Igualmente, deberán comprometerse, a acadar, como mínimo, a mesma porcentaxe de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se é o caso, deriven do proxecto.

b) Empresas de nova creación: deberán comprometerse a acadar, como mínimo, o 35% de estabilidade laboral á expiración do prazo de seis meses desde a resolución de concesión da axuda establecido na cláusula 8.4.3.

Para os efectos deste convenio, enténdese como empresa de nova creación aquela que fose constituída con posterioridade ó 1 de xaneiro de 2000 ou, para o caso de empresarios individuais, que teñan iniciado a súa actividade empresarial con posterioridade a tal data.

No caso de empresas con menos de 10 traballadores, a porcentaxe de estabilidade laboral esixida reducirase ó 33%.

Cláusula 3ª.-Ámbito territorial.

As empresas beneficiarias deberán realiza-lo proxecto investidor en Galicia. Non obstante o anterior, poderán acollerse a estas axudas empresas radicadas en Galicia que realicen investimentos no resto de España destinados ó establecemento ou ampliación de redes comerciais ou de distribución propias, sempre que, a xuízo do Igape, teña individual ou sectorialmente un interese estratéxico.

Cláusula 4ª.-Actividades incentivables.

Considéranse incentivables as actividades económicas relacionadas no anexo I de actividades subvencionables e preferentes.

As axudas a actividades reguladas por normas sectoriais específicas da Unión Europea sométense expresamente ós límites e condicións nelas establecidos.

Cláusula 5ª.-Modalidade e destino das axudas.

A axuda consistirá na subsidiación do tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro concertados en virtude do presente convenio e destinados ó financiamento de proxectos de novo investimento, consistentes na instalación, ampliación ou renovación de activos adquiridos a terceiros e dirixidos á mellora da competitividade das Pemes.

Cláusula 6ª.-Vixencia e prazo de presentación de solicitudes.

O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e o prazo de presentación de solicitudes de subsidiación nas entidades financeiras rematará o 15 de outubro de 2001.

Cláusula 7ª.-Conceptos de investimento subvencionable e materialización dos investimentos.

7.1. Os conceptos de investimento subvencionable deberán realizarse en inmobilizado material novo

adquirido a terceiros e dirixidos á mellora da competitividade das Pemes, e serán, exclusivamente, os que se materialicen en:

-Maquinaria e as súas instalacións técnicas (agás plantas de coxeración de enerxía).

-Ferramenta e utensilios.

-Mobiliario e equipos de oficina.

-Equipos para procesos de información.

-Aplicacións informáticas, sempre que non superen o 25% do investimento total subvencionable.

-Elementos de transporte interno.

-Elementos de transporte externo, unicamente para empresas de transporte público, e só os activos que supoñan unha renovación dos existentes.

O total do investimento subvencionable determinarase excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición.

7.2. Materialización dos investimentos. Os bens obxecto do contrato deberán manterse durante a vixencia del, e por un mínimo de 5 anos desde a formalización do contrato de arrendamento financeiro, debendo a empresa beneficiaria comprometerse a exerce-la opción de compra á expiración do contrato subsidiado.

Cláusula 8ª.-Características das operacións de leasing.

8.1. Importe dos contratos e porcentaxe de financiamento.

O importe mínimo do investimento subvencionable e do contrato de arrendamento financeiro será de 10 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros).

O importe máximo do contrato ou contratos de arrendamento financeiro subscritos ó abeiro deste convenio para cada beneficiario será de 500 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros).

O importe con dereito a subsidiación dos contratos de arrendamento non poderá supera-lo 95% do investimento considerado subvencionable.

8.2. Duración dos contratos.

Os contratos de arrendamento financeiro terán unha duración mínima de 2 anos e máximo de 5 anos.

8.3. Orixe dos fondos.

Os fondos para a formalización dos contratos serán facilitados polas entidades de crédito, ata un importe máximo do 95% do investimento subvencionable, debendo, polo tanto, facerse unha entrega á conta por parte do arrendatario mínima do 5%.

8.4. Tipo de xuro, comisións e axuda financeira.

8.4.1. O tipo de xuro que determinará a carga financeira dos contratos de arrendamento financeiro, concertados a través do presente convenio, será o seguinte:

-Operacións con prazo entre 24 e 36 meses: tipo de xuro nominal fixo do 6,10% durante toda a vida do contrato.

-Operacións con prazo entre 37 e 60 meses: o empresario pode optar entre:

-Tipo de xuro nominal fixo do 6,10% durante toda a vida do contrato.

-Tipo de xuro variable.

No caso de operacións de leasing a tipo de xuro variable, este determinarase de acordo co establecido a continuación:

Primeiro: o tipo de xuro nominal das operacións concertadas a través do presente convenio fíxase para o ano 2001 no 5,75%.

Segundo: para próximos exercicios, o citado tipo de xuro variará por anos naturais de acordo coa seguinte norma:

a) Tipo de referencia: para cada ano será a media aritmética simple dos tipos diarios do Euribor a prazo de 6 meses, correspondente ó mes de outubro do ano anterior.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes, sen que en ningún caso poida exceder de 1,15 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos contratos será, para cada ano natural, o resultante de engadir ó tipo de referencia o tipo adicional que pactaran as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Para os efectos deste convenio, enténdese por Euribor (Euro Interbank Offered Rate = Tipo Interbancario ofrecido en euros) a prazo de 6 meses, como o tipo de xuro de oferta, para depósitos interbancarios en euros a prazo de 6 meses, publicado polo Banco de España, polo Ministerio de Economía e Facenda ou pola entidade pública ou privada, española ou da Unión Europea, designada para iso.

No caso de que desaparecera o Euribor, o tipo de xuro variará por anos naturais, de acordo coa seguinte norma:

a) Tipo de referencia: o tipo de rendemento interno no mercado secundario da débeda pública de prazo entre dous e seis anos, publicado polo Banco de España, correspondente ó mes de outubro do ano anterior.

b) Tipo adicional: será o que libremente pacten as partes sen que en ningún caso poida exceder de 0,65 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos contratos será, para cada ano natural, o resultante de engadirlle ó tipo de referencia o tipo adicional que pactaran as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

O tipo de xuro de referencia para cada ano será comunicado polo Igape ás entidades de crédito e publicado no Diario Oficial de Galicia.

8.4.2. Comisións.

As entidades de crédito que formalicen operacións ó abeiro deste convenio poderán percibir por tódolos conceptos e dunha soa vez unha comisión máxima do 1%. Esta comisión non será subvencionable.

8.4.3. Axuda financeira e prazo de subsidiación.

a) A subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro non sobrepasará os 3 puntos e os criterios utilizados para a súa determinación serán os seguintes:

1. Actividades subvencionables: 1,50 puntos.

2. Actividades preferentes: 2 puntos.

3. Por localización do proxecto investidor en zona preferente: 0,50 puntos. Considéranse zonas preferentes as provincias de Lugo e Ourense; as comarcas de Ferrol, O Eume e Ortegal na provincia da Coruña (anexo II) e os parques empresariais de promoción pública.

4. Por creación de emprego: 0,50 puntos. Para estes efectos teranse en conta os seguintes criterios:

a) Partirase do número de postos de traballo existentes na data de solicitude, a partir da que se computará a creación neta de emprego.

b) Os novos postos de traballo deberanse crear entre o período que media desde a data de solicitude e ata 6 meses desde a data de resolución de concesión da axuda.

c) O emprego que a empresa se comprometen a crear deberá manterse durante, alomenos, dous anos a partir da expiración do prazo de 6 meses desde a data de resolución de concesión da axuda.

d) Para os efectos deste convenio, computaranse para a creación e mantemento de emprego os traballadores por conta allea. Así mesmo poderase admitir, independentemente do réxime aplicable da Seguridade Social, de acordo coa lexislación laboral vixente, aqueles traballadores por conta propia que sexan os titulares da actividade ou socios ou administradores da empresa titular, considerando o emprego por conta propia como emprego fixo.

8.4.4. Para os efectos de aplicación da subsidiación, o tipo de xuro resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó 3%, agás aqueles proxectos de investimento que sexan preferentes por localización ou actividade e que creen emprego neto na Comunidade Autónoma de Galicia, nos que o citado tipo non poderá ser inferior ó 2%. No caso de que o tipo resultante sexa inferior ós ditos límites, reducirase ou suspenderase a subsidiación durante o período correspondente.

As variacións á alza do tipo de xuro para o caso de que o tipo resultante sexa superior ós ditos límites serán a cargo exclusivamente dos beneficiarios, sen que isto provoque ningunha variación nos puntos de subsidiación.

8.4.5. Condicións das cotas de arrendamento financeiro.

As cotas de arrendamento serán de igual importe, terán vencemento mensual e deberán cumpri-los requisitos establecidos no artigo 128 da Lei 43/1995, do 27 de decembro, do imposto sobre sociedades. Non obstante, poderá establecerse unha primeira cota de maior importe que as seguintes.

Cláusula 9ª.-Tramitación.

9.1. Solicitudes e documentación.

As solicitudes de subsidiación presentaranse nas entidades de crédito, no modelo normalizado que se distribuirá a través destas e será publicado no Diario Oficial de Galicia.

Á solicitude xuntaráselle a documentación establecida no anexo III por duplicado exemplar. A documentación deberá entregarse en orixinal ou en copia cotexada cos orixinais pola entidade de crédito.

As solicitudes presentadas por sociedades civís ou comunidades de bens deberanse tramitar a nome dos titulares que formalizarán o contrato, seguido da denominación da sociedade civil ou comunidade de bens.

9.2. Coa presentación da instancia de solicitude, as empresas que se acollan ás axudas establecidas no presente convenio apoderan a entidade de crédito para a realización ante o Igape de todos aqueles trámites en que así se prevexa no presente convenio. A este respecto, o Igape considerará a actuación da entidade de crédito coma se fora propia da empresa solicitante.

9.3. O impreso de solicitude constará de cinco exemplares:

-Orixinal e primeira copia para o Igape.

-Segunda copia para a consellería sectorial.

-Terceira copia para a entidade de crédito, e

-Cuarta copia para o solicitante.

A entidade de crédito datará e selará os cinco exemplares do impreso de solicitude, e entregará ó solicitante a correspondente copia. A entidade de crédito deberá centraliza-la recepción das solicitudes, unha vez seladas polas distintas sucursais, e terá un prazo de 30 días para resolve-la petición de leasing, sendo o prazo límite para a aceptación de solicitudes nas ditas entidades o 15 de outubro de 2001.

As entidades de crédito remitirán ó Igape as solicitudes coa documentación anexa, acompañados da comunicación de concesión do leasing segundo o modelo establecido en anexo IV e das correspondentes táboas de amortización. Así mesmo, remitirá á consellería sectorial o seu correspondente exemplar da solicitude coa documentación. A presentación no Igape realizarase mediante escrito no que se relacionen os expedientes que se xuntan (número, nome e importe), indicando a qué consellería sectorial remitiron a segunda copia.

O último día hábil para a presentación das solicitudes no Igape será o 15 de novembro de 2001. As solicitudes presentadas fóra deste prazo serán obxecto de arquivo, asumindo a entidade de crédito toda a responsabilidade polos prexuízos que isto puidera supoñer á empresa solicitante.

9.4. Dentro dos dez días seguintes á recepción das solicitudes, o Igape comunicará ós solicitantes a data na que as solicitudes foron recibidas polo Igape, o prazo máximo establecido para a resolución

e a notificación do procedemento e os efectos do silencio administrativo.

9.5. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos neste convenio ou non está acompañada da documentación esixida, requirirase o solicitante e a entidade de crédito para que, no prazo de dez días hábiles desde ó seguinte ó requirimento, corrixa a falta ou presenten os documentos preceptivos, con indicación de que en caso contrario se considerará desistido da solicitude, logo de resolución declarativa de tal circunstancia. O requirimento á entidade de crédito realizarase vía fax.

9.6. Nos casos en que o Igape o considere necesario, e para efectos da resolución da solicitude, solicitarase informe á consellería sectorial correspondente, en relación ó cumprimento por parte dos proxectos de investimento da normativa específica que resulte aplicable.

9.7. Instruído o procedemento pola Área de Financiamento do Igape e inmediatamente antes de dictar proposta de resolución, poñerase de manifesto ós interesados, para que no prazo de 10 días poidan alegar e presenta-los documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figure no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

9.8. A Dirección da Área de Financiamento e a Dirección Xeral do Igape, elevarán proposta de resolución ó presidente do Igape, que incluirá os puntos de subsidiación propostos, tipo mínimo a cargo do beneficiario, importe, prazo e condicións financeiras do contrato de arrendamento financeiro, o importe do investimento subvencionable e porcentaxe de financiamento proposta. As propostas de denegación de solicitudes deberán detalla-la causa.

As solicitudes de axuda resolveranse por orde de entrada das solicitudes completas no Igape, e ata esgotarárense as dispoñibilidades orzamentarias aprobadas.

9.9. O Igape notificará ó solicitante e comunicará á entidade de crédito a concesión ou denegación da subsidiación. O beneficiario deberá aceptar expresamente a resolución de concesión. A aceptación formalizarase na copia da resolución que para tal efecto se remitirá xunto coa resolución de concesión e que deberá ser devolta ó Igape debidamente cuberta.

Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a súa notificación. Potestativamente, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o Consello de Dirección do Igape no prazo dun mes desde a súa notificación.

O prazo máximo para notifica-la resolución do procedemento será de 6 meses desde a data de presentación da solicitude da axuda. Este prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 42.5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común. Transcorrido tal prazo sen que se notificase resolución expresa, poderá entenderse estimada.

9.10. As axudas concedidas ó abeiro do presente convenio con proxectos que superen os 50 millóns de pesetas de investimento subvencionable (ou o seu contravalor en euros), serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, nos termos establecidos no artigo 11 do Regulamento 287/2000, de desenvolvemento do réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

9.11. A entidade de crédito e o solicitante deberán formaliza-lo contrato de arrendamento financeiro mediante escritura pública ou póliza intervida por fedatario público, de acordo coas seguintes condicións:

9.11.1. Formalización anticipada: a partir da entrada en vigor deste convenio e respectando as condicións e requisitos establecidos nel, a entidade de crédito, unha vez presentado o expediente de solicitude no Igape, poderá formaliza-los contratos cos seus clientes. Para iso, deberá remitir escrito, segundo o modelo que se xunta (anexo V), manifestando a intención de acollerse a esta opción co obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, este Instituto analice e cuantifique o investimento subvencionable e o importe do contrato que se vai subsidiar. O Igape comunicará mediante fax á entidade de crédito a autorización, se é o caso, da dita formalización. A empresa solicitante requirirá á entidade de crédito copia da autorización do Igape antes de proceder á formalización do contrato.

A autorización da formalización do contrato antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto á concesión da subsidiación solicitada.

No contrato de leasing formalizado anticipadamente, de acordo co establecido nos parágrafos anteriores, deberase facer mención, alomenos, dos seguintes extremos: que se presentou solicitude de axuda financeira no Igape, con indicación da data de rexistro de entrada neste instituto; que o Igape autorizou a formalización do contrato, indicando a data e as condicións establecidas nela; e que o contrato de leasing quedará acollido ás axudas establecidas no presente convenio nos termos e condicións sinalados na resolución de concesión da axuda que, se é o caso, no seu día se dicte.

No caso de que a resolución de concesión recolla condicións diferentes ás que se indicaban na autorización de formalización, deberán incluír un anexo ó contrato, intervido por fedatario público, no que se fagan consta-las características establecidas na dita resolución.

As cotas anteriores á data de resolución non terán subsidiación do Igape.

9.11.2. Se o contrato se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, deberá recolle-la característica de estar acollido a este convenio, e nel estableceranse clara

mente o tipo de xuro da operación e, se é o caso, o sistema de variación para os próximos exercicios, así como os puntos de subsidiación concedidos e o límite que corresponda para os efectos de aplicación da subsidiación establecido na cláusula 8.4.4.

9.11.3. O prazo máximo para a formalización ou, se é o caso, a adaptación da póliza ás condicións deste convenio, será de 5 meses contados desde o día seguinte á data de notificacion da concesión ó beneficiario. Rematado o dito prazo sen que se formalizase, ou, se é o caso, sen que se adaptase o contrato, dictarase resolución na que, tendo o solicitante por renunciado, se ordenará o arquivo do expediente, agás que, logo de solicitude razoada de prórroga deste, presentada no Igape dentro do prazo, e acreditando a conformidade da entidade de crédito, o Igape autorizase a dita prórroga.

Cláusula 10ª.-Xustificación do proxecto e do mantemento e creación de emprego.

10.1. Xustificación do proxecto.

A entidade de crédito deberá remitir ó Igape a seguinte documentación: copia cotexada do contrato formalizado e, se é o caso, o correspondente anexo; certificación da carga financeira ós puntos subsidiados nos termos referidos na cláusula 11ª, acompañada das correspondentes táboas de amortización; copia cotexada dos documentos que xustifiquen o investimento; certificado de conformidade sobre a entrega dos bens arrendados, subscrito polo arrendatario; compromiso do arrendatario de exerce-la opción de compra á expiración do contrato, así como declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas polo beneficiario para o proxecto, segundo o modelo do anexo VII.

A remisión ó Igape da documentación xustificativa indicada no punto anterior resultará necesaria para proceder ó pagamento da subsidiación aprobada.

10.2. Proxectos correspondentes a contratos de arrendamento financeiro por importe superior a 140 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros).

De acordo co establecido no artigo 15.3º do Decreto 287/2000, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, a comprobación material do investimento aprobado para contratos de arrendamento financeiro por importe para financiar superior a 140 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros) substitúese por xustificación documental consistente na copia cotexada do contrato de arrendamento financeiro formalizado, certificación de conformidade coa entrega do ben arrendado e copias cotexadas de documentación xustificativa da realización do investimento, todo isto sen prexuízo da posibilidade de realización polo Igape de calquera outras actuacións de control e inspección que poida considerar oportunas.

10.3. Xustificación da creación de emprego.

Unha vez xustificada a realización do investimento e transcorridos 6 meses desde a data de resolución de concesión da axuda, o beneficiario deberá remitir

ó Igape a seguinte documentación acreditativa do cumprimento da condición de creación de emprego: TC1 e TC2 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes.

10.4. Xustificación do mantemento de emprego.

Unha vez transcorridos dous anos desde o prazo límite para a creación de emprego establecido na cláusula 8.4.3.4, o beneficiario deberá remitir ó Igape a seguinte documentación acreditativa do mantemento de emprego: TC1 e TC2 e, se é o caso, recibos de cotización correspondentes.

Naqueles expedientes suxeitos ó cumprimento da condición a que se refire o número 2 da cláusula 2ª, o Igape, igualmente, comprobará que se acadaron os niveis de estabilidade laboral esixidos.

Cláusula 11ª.-Liquidación e pagamento da subsidiación.

O importe da subvención calcularase mediante a elaboración de táboas ou cadros de amortización nos que se tomará como tipo de xuro os puntos de subsidiación concedidos e como prazo o do total do contrato. O total da columna carga financeira así calculado será o montante da subsidiación para todo o período.

Para os contratos formalizados a tipo fixo a liquidación da subsidiación efectuarase anualmente e polo importe correspondente ó número de meses de vixencia do contrato durante o ano que se vai liquidar. O importe mensual da subvención será constante.

Para operacións formalizadas a tipo variable a liquidación da subsidiación será anual e polo importe correspondente ó ano que se vai liquidar. Se lle é de aplicación a limitación ós puntos de subsidiación establecida na cláusula 8.4.4 deste convenio, efectuarase un novo cadro de amortización ó tipo de subsidiación resultante pola totalidade da duración do contrato, correspondéndolle á liquidación de que se trate a parte proporcional ó ano que se liquida. O importe mensual da subsidiación será constante.

O pagamento da subvención ó beneficiario realizarase anualmente a través da entidade de crédito, que presentará, por duplicado, ante o Igape, xunto coa solicitude de cobro da subvención, unha relación individualizada das súas operacións, especificando o número de expediente, titular, importe do contrato, data de formalización, data de vencemento, prazo en meses, importe da subvención total, número de meses de vixencia do período que se vai liquidar e importe da subvención solicitada, así como, no caso de limitación de subsidiación, de acordo con establecido na cláusula 8.4.4, novo cadro de amortización.

A solicitude de liquidación presentarase na primeira quincena do mes de xullo de cada ano.

Cláusula 12ª.-Prórroga de prazos.

En atención ó disposto polo artigo 49 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as prórrogas de prazo establecidas neste convenio

solicitaranse ó Igape cunha antelación mínima de 10 días hábiles ó vencemento do prazo que se pretende ampliar, co obxecto de que o instituto poida resolve-la prórroga con anterioridade á expiración do prazo.

Cláusula 13ª.-Modificacións.

13.1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvención ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

13.2. O presidente do Igape poderá acorda-la modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario, sempre que a modificación do proxecto non desvirtúe a finalidade da axuda, non exista prexuízo para terceiros e os novos elementos ou circunstancias que motiven a modificación, de ter concorrido na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda.

As solicitudes de modificación, acompañadas de memoria xustificativa e, se é o caso, das novas facturas proforma ou documentación análoga, presentaranse ó Igape a través de entidade de crédito. No caso de que a modificación implique variacións no proxecto de investimento, terán que presentarse en todo caso con anterioridade á formalización do contrato subsidiado.

13.3. A resolución de modificación establecerá as novas condicións da concesión e, se é o caso, decretará o reintegro do indebidamente percibido. En ningún caso a resolución de modificación implicará aumenta-la contía do contrato subsidiable inicialmente aprobado.

13.4. O cambio de beneficiario da axuda poderá ser autorizado polo presidente do Igape nos supostos de sucesión de empresa e de transformación da forma xurídica do beneficiario, sempre que se acredite documentalmente a subrogación da totalidade dos dereitos e obrigas derivados do proxecto subvencionado, e especificamente do contrato subsidiado, así como o cumprimento dos requisitos establecidos no número 13.2.

13.5. O presidente do Igape, por instancia do beneficiario, poderá autoriza-la formalización do contrato con entidade financeira distinta da que tramitou a solicitude. Para tales efectos, solicitarase o cambio a través da nova entidade de crédito, xuntando nova comunicación de concesión de contrato e declaración xurada de inexistencia de variacións na restante documentación do expediente.

13.6. O presidente do Igape poderá autoriza-la cancelación anticipada do contrato subsidiado, sempre que o contrato cumpra o prazo mínimo establecido no artigo 128 da Lei 43/1995, do 27 de decembro, do imposto sobre sociedades, e o beneficiario exerza a opción de compra. O beneficiario, a través da entidade de crédito, deberá comunicar ó Igape a data de cancelación, xuntando os documentos xustificativos da operación. A cancelación anticipada implicará a perda da subsidiación do Igape desde a data de cancelación.

Cláusula 14ª.-Perda da subvención.

1. No caso de reclamación xudicial por instancia da entidade de crédito por incumprimento do contrato de arrendamento financeiro, e nos casos de suspensión de pagamentos ou quebra do arrendatario, perderase o dereito á subsidiación ó tipo de xuro a partir da data de presentación da reclamación ou da aceptación das anteriores declaracións no xulgado. Igualmente, perderase o dereito á subsidiación no caso de cesamento da actividade subvencionable desde a data de baixa.

A entidade de crédito queda obrigada a comunicar ó Igape a relación detallada das operacións obxecto de reclamación xudicial e as que incorran en quebra ou suspensión de pagamentos con indicación da data de reclamación ou admisión a trámite no xulgado.

Así mesmo, a entidade de crédito deberá comunicar ó Igape a mora ou non-pagamento das cotas por parte do beneficiario, circunstancia que supoñerá a retención da subsidiación por parte do Igape en tanto o beneficiario non regularice a situación.

2. Procederase ó reintegro total ou parcial das cantidades percibidas, xunto cos xuros de demora producidos desde o pagamento, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-las condicións requiridas para iso.

c) Incumprimento da finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumprimento das condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

e) Non exerce-la opción de compra á expiración do contrato subsidiado.

f) Cando o importe das axuda, illadamente ou en concorrencia con outras, supere o custo do proxecto ou o límite de intensidade da axuda establecido pola normativa comunitaria.

O alcance do incumprimento determinarase en función do grao e entidade da condición incumprida. A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta.

A falta do exercicio da opción de compra polo beneficiario implicará incumprimento total, sendo causa de revogación da axuda e de reintegro da totalidade das cantidades percibidas.

As cantidades que se reintegren terán a consideración de ingresos de dereito público, resultando de aplicación para e seu recobramento, se é o caso, a vía de constrinximento.

3. O procedemento para declara-lo incumprimento e reintegro de cantidades axustarase ó disposto no artigo 20 do Decreto 287/2000, de desenvolvemento do réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

4. Sen prexuízo do establecido nos números anteriores, os beneficiarios e as entidades de crédito colaboradoras sométense ó réxime de infraccións e sancións establecido no artigo 79 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, desenvolvido

no capítulo VII do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.

Cláusula 15ª.-Compatibilidade.

Non poderán acollerse ás axudas establecidas neste convenio aqueles proxectos que se vaian financiar, en todo ou en parte, mediante créditos, préstamos ou contratos de leasing que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellora-las condicións financeiras respecto ás normais do mercado.

A concesión das axudas deste convenio queda supeditada ó cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Nos ditos termos serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada -agás as referidas no punto anterior- pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán supera-los límites máximos de intensidade da axuda establecidos pola Unión Europea.

Para o cálculo da intensidade da axuda de subvención do tipo de xuro procederase do seguinte xeito:

a) Calcularanse en pesetas correntes (ou o seu contravalor en euros) os valores absolutos das subvencións a percibir.

b) Actualizaranse ó ano da concesión das axudas os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

Cláusula 16ª.-Control.

Os beneficiarios das axudas establecidas neste convenio quedan obrigados a someterse ás actuacións de control que efectúe o Igape para verifica-la aplicación das axudas ás finalidades aprobadas e o cumprimento dos requisitos e condicións establecidos, así como ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, debendo facilitar toda a información requirida polos citados organismos.

Cláusula 17ª.-Obrigas das entidades de crédito.

A entidade de crédito asinante deste convenio comprométese a:

a) Aprobar contratos de arrendamento financeiro nos termos e condicións establecidos neste convenio, ata unha contía que non superará o importe establecido nos antecedentes do presente convenio. A aprobación de contratos por importe superior ó máximo total establecido deberá ser previamente autorizada polo Igape. Non obstante, tal límite poderá ser ampliado ou reducido en setembro de 2001, por acordo expreso da entidade de crédito e o Igape, en función do grao de execución da mesma no tempo transcorrido.

b) Para efectos de seguimento e control da execución do convenio, a entidade de crédito, remitirá por escrito ó Igape antes do 14 de setembro de 2001, a relación de peticionarios referida ó derradeiro día hábil do mes de agosto, ós que lle foron concedidos contratos, engadindo, se é o caso, relación de solicitudes que estean en trámite. Para as solicitudes

aprobadas, deberá detallarse número de expediente e importe a financiar. Unha relación similar deberá enviarse ó Igape antes do 22 de outubro de 2001 referida ó 15 de outubro.

c) Colaborar na tramitación dos expedientes de axuda, cumprindo os prazos e demais formalidades establecidas no presente convenio.

d) Manter ó dispor do Igape a documentación relativa á personalidade xurídica das sociedades (escritura de constitución e estatutos) e a capacidade do asinante da solicitude (poder de representación).

e) Acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo dicte o Igape para a mellor administración e control das operacións incluídas neste convenio.

f) Remitir ó Igape as aclaracións que solicite respecto á documentación relativa á xustificación, liquidación e aboamento das subsidiacións, así como someterse ás actuacións de comprobación que respecto á xestión dos fondos poida efectua-lo Igape ou calquera dos organismos referidos na cláusula 16ª.

Cláusula 18ª.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a resolución do presente convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas, logo de denuncia da contraria, cun mínimo de 30 días para o aviso previo.

A resolución suporá, en todo caso, deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

Cláusula 19ª.-Seguimento do convenio.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha comisión de vixilancia e seguimento, integrada polas entidades de crédito e representantes do Igape, que terán reunións con periodicidade trimestral, ou ben convocando separadamente cada unha delas.

O Igape fará públicos os resultados do convenio de maneira periódica.

Cláusula 20ª.-Publicidade.

As entidades de crédito asinantes comprométense a mostrar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo Igape e a colaboraren na axeitada difusión desta liña de axudas.

Co obxecto de acadar maior coordinación, os proxectos e campañas publicitarias que, se for o caso, realicen as entidades de crédito sobre este convenio, deberán contar coa autorización previa do Igape.

Cláusula 21ª.-Natureza.

O presente convenio ten natureza administrativa e corresponde ó Igape a interpretación do seu contido.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2001.

Pola entidade de crédito:Polo Igape:

...

Asdo.:José Antonio Orza Fernández

DNIPresidente do Igape

ANEXO II

CONCELLOS QUE FORMAN AS COMARCAS DE FERROL, O EUME E ORTEGAL

Ferrol:

Ares.

Cedeira.

Fene.

Ferrol.

Moeche.

Mugardos.

Narón.

Neda.

San Sadurniño.

Somozas (As).

Valdoviño.

O Eume:

Cabanas.

Capela (A).

Monfero.

Pontedeume.

Pontes de García Rodríguez (As)

Ortegal:

Cariño.

Cerdido.

Mañón.

Ortigueira.

ANEXO III

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE PRESENTA-LA ENTIDADE FINANCEIRA

1 p Instancia da solicitude asinada e debidamente cuberta, segundo o modelo establecido no anexo VIII.

2 p Comunicación de concesión de leasing, segundo o modelo establecido no anexo IV.

3 p Táboas de amortización calculadas ó tipo de xuro do contrato.

4 p Táboas de amortización calculadas ós puntos de subsidiación.

5 p Se é o caso, formalización anticipada, segundo o modelo establecido no anexo V: p Si p Non

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE PRESENTA-LA EMPRESA

A documentación deberase presentar en orixinal ou copia cotexada pola entidade financeira.

A) Documentación xenérica:

1 Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante.

1.1 p Persoas físicas: DNI/NIF.

1.2 p Persoas xurídicas: CIF e DNI/NIF do asinante da solicitude (*).

2 p Certificación dos administradores da condición de PEME segundo o modelo establecido no anexo VI.

3 p Último recibo pagado polo imposto de actividades económicas. No caso de empresas de nova creación ou empresas xa existentes que vaian iniciar unha nova actividade, deberán achega-la alta no IAE ou declaración responsable que inclúa o compromiso de se dar de alta no IAE indicando o epígrafe correspondente, así como de remiti-lo documento de alta

no prazo máximo de 6 meses desde a data de resolución de concesión.

4 p Declaración expresa doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto, cumprimento coas obrigas fiscais e coa Seguridade Social, e de non ter contraída débeda ningunha, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia, segundo o modelo que figura no anexo VII.

(*) A escritura de constitución, os estatutos da sociedade, así como o poder de representación do asinante da solicitude poranse ó dispor da entidade financeira, tendo o Igape en todo momento acceso ós devanditos documentos.

B) Documentación específica Programa de leasing:

1 Memoria descritiva do investimento proxectado, datada e asinada polo solicitante, que deberá conter:

1.1 p Facturas pro forma, orzamentos, contratos, etc.

2 Documentación relativa ó mantemento e creación de emprego:

2.1 p Certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social de afiliados adscritos ás contas de cotización da empresa por tipos de contrato, e de tódolos centros de traballo da empresa, á data de solicitude da axuda.

2.2 p Declaración xurada do número de traballadores existentes á data de solicitude, distinguindo fixos e temporais, e dos postos de traballo que se van crear, de acordo co seguinte esquema:

Réxime de cotización dos

traballadores á Seguridade

Social

Número de traballadores

A data de solicitudePostos que se van crear

FixosTemporaisFixosTemporais

Xeral

Especial de traballadores autónomos

Especial de traballadores do mar

Outros

TOTAL TRABALLADORES

2.3 p En caso de creación de emprego, compromiso de mantemento dos postos de traballo que se van crear durante o prazo establecido na cláusula 8.4.3.4 c) do convenio.

2.4. p Para solicitudes de axuda nas que o importe que se vai subsidiar supere 140 millóns de pesetas (ou o seu contravalor en euros), ademais, compromiso de alcanza-los niveis de estabilidade laboral requiridos na cláusula 2.2 do convenio respecto das novas contratacións derivadas do proxecto.

3 Outra documentación:

3.1. p No caso de empresas que financien elementos de transporte externo, tarxeta de transporte público ou compromiso firme de lle remitir a este instituto o citado documento.

ANEXO IV

MODELO DE COMUNICACIÓN DE CONCESIÓN CONTRATO DE LEASING

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)

Rfa: Convenio Leasing-2001

Complexo admtvo. San Lázaro, s/n

Santiago de Compostela.

Moi Srs. nosos:

Estudiada a solicitude de arrendamento financeiro presentada nesta entidade acollida ós beneficios regulados no convenio de colaboración arriba citado, comunicamos a vostedes que foi autorizado o contrato de arrendamento financeiro coas características que se detallan:

Beneficiario:

Nº Contrato Leasing: L1/01

Características da operación:

Total investimento:

Imp. contrato: Entrega inicial:

Prazo:

Actividade (descrición):

Epígrafe CNAE: Subvencionable:p Preferentep

Tipo de xuro: Fixo: p Variable: p

Importe que financiará a entidade de crédito:

Porcentaje: Puntos subsidiación: Imp. subv.:

Xuntamos orixinal e 1ª copia do impreso de solicitude e a documentación completa esixida para o efecto. Así mesmo, comunicamos que, nesta mesma data, remitimo-la segunda copia da solicitude e unha copia da documentación esixida ós servicios centrais da Consellería de, Dirección Xeral de

Data e sinatura

ANEXO V

MODELO DE SOLICITUDE DE FORMALIZACIÓN PREVIA Á RESOLUCIÓN

En relación coa solicitude de axuda financeira formulada pola empresa, nº expt.:

-Presentada no Igape en data .../.../..., rexistro de entrada nº...

ou

-Que se presenta na data de hoxe,

de acordo co estipulado na cláusula 9.11.1 do convenio Leasing 2001, comunícase a intención de formaliza-la dita operación previamente á resolución de concesión de subsidiación por parte dese instituto e respectando, en todo caso, as condicións e requisitos establecidos no convenio.

Así mesmo, comunícase que, de acordo co establecido na mencionada cláusula, a operación non se formalizará en tanto non se reciba a preceptiva autorización do Igape.

Data, sinatura e selo da entidade de crédito.

Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO II

RELACIÓN DE ENTIDADES DE CRÉDITO COLABORADORAS

Lico Leasing, S.A.

Banco Pastor, S.A.

Banco Bilbao Vizcaya Argentaria.

Banesto, S.A.

Hispamer Servicios Financieros, E.F.C., S.A.

Bansabadell Leasing, E.F.C.

Banco Santander Central Hispano.

Banco Popular Español.

Banco de Galicia.

Caixa Galicia.

Banco Gallego.

Banco Espirito Santo.

Banco Urquijo.

Banco Atlántico, S.A.

Mercedes Benz Credit E.F.C., S.A.

Bankinter.

Banco Simeón.

Caterpillar FSC, S.A. E.F.C.

Evergo Financiación E.F.C., S.A.

Leassing Catalunya, S.A.

Caixa Leasing y Factoring, E.F.C., S.A.