Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.668

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (43/2000).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 43/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Sentencia nº 5.

En Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2001.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, este autos de xuízo de faltas nº 43/2000, seguidos por danos, nos que foi parte denunciante Ismael Pérez Souto, maior de idade, e parte demandada Cristina Díaz Castro, maior de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por quenda de reparto recibíronse neste xulgado estas actuacións e, previos os trámites legais, dictouse resolución na que se sinalaba día e hora para a realización do correspondente xuízo, citándose os implicados para o día fixado, chegado o cal tivo lugar o acto co resultado que figura na acta levantada para o efecto. Ó acto do xuízo non compareceu a parte denunciada malia estar citada en legal forma.

Segundo.-O Ministerio Fiscal, no acto de xuízo, solicitou a condena de Cristina Díaz Castro, en concepto de autoría de dúas faltas de danos e malos

tratos, do artigo 625 e 617 do Código Penal, a dúas penas de 10 días de multa a razón de 1.000 pesetas/día, e ó pagamento das custas procesuais, e a que indemnice o denunciante na cantidade de 20.000 pesetas. A parte denunciante adheriuse á petición do Ministerio Fiscal.

Feitos probados.

Único.-Probado e así se declara que o día 21 de maio de 1999, o denunciante preguntoulle á denunciada polo enderezo dun bar e esta deulle un empurrón, rompéndolle os lentes, valorados en 20.000 pesetas.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Da conducta anteriormente descrita despréndese que nos atopamos ante un comportamento que cabe incluír nas faltas de danos e malos tratos, previstas e penadas nos artigos 625 e 617 do Código Penal, das que resulta autora Cristina Díaz Castro, como se deduce da declaración prestada no acto de xuízo oral polo denunciante, que ratificou a versión dos feitos. A estas faltas corresponde imporlles dúas penas de 10 días de multa, a razón de 1.000 pesetas/día, con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en arrestos de fin de semana. Así mesmo, procede que se indemnice a Ismael Pérez Souto na cantidade de 20.000 pesetas, en concepto de indemnización polos danos causados.

Segundo.-Conforme o disposto no artigo 123 e 124 do Código Penal, as custas procesuais débenselles impor ós criminalmente responsables de todo delicto ou falta.

Vistos os artigos do Código Penal pertinentes, os da Lei procesual e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación, decido que debo condenar e condeno a Cristina Díaz Castro como autora responsable de dúas faltas dos artigos 625 e 617 do Código Penal, a dúas penas de 10 días de multa, a razón de 1.000 pesetas/día, con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en arrestos de fin de semana. Así mesmo, procede que se indemnice a Ismael Pérez Souto na cantidade de 20.000 pesetas, en concepto de indemnización polos danos causados. Así mesmo, deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Cristina Díaz Castro, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vintetrés de abril de dous mil un.

O secretario

Rubricado