Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.669

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (76/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dá fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 76/2001, seguidos por instancia de Begoña Rivas Vázquez contra a empresa Construcciones Galastur, S.L.U., sobre despedimento, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia.-En Lugo o trece de marzo do ano dous mil un. Vistos por Aurelia Bello Fernández, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 76/2001, sobre reclamación por despedimento, no que son partes como demandante Begoña Rivas Vázquez, representada polo graduado social José Luis Piñón Calvo e como parte demandada a empresa Construcciones Galastur, S.L.U., a cal non compareceu a pesar de estar citada en legal forma. Decido que estimando a demanda presentada por Begoña Rivas Vázquez, contra a empresa Construcciones Galastur, S.L.U., debo declarar e declaro que o cesamento da demandante, producido o 29-12-2000 constitúe un despedimento improcedente, e en consecuencia condeno a patronal demandada a que no prazo de cinco días, desde a notificación desta sentencia, opte entre a readmisión da demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se produci-lo despedimento, ou unha indemnización de 45 días de salario por ano de

servicios, que ata esta resolución se elevan a sesenta e catro mil cincocentas pesetas (64.500 pesetas.); en todo caso deberá aboarlle á demandante os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento, ata a notificación desta sentencia que ata esta resolución se elevan a trescentas dezaoito mil duascentas pesetas (318.200 pesetas). De non optar entre readmisión ou indemnización enténdese que procede a primeira. Notifíquéselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral, e en especial o disposto no seu artigo 228, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de

xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, que consignou na conta de depósitos e consignacións nº 2322-61 nº de autos 76/2001, que este Xulgado do Social ten aberta no Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade, r/ da Raíña, nº 1, a cantidade obxecto da condena, podendo susbtituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xus

tificante de consignación e en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 25.000 pesetas, prevido para esta clase de recursos que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65- nº de autos 76/2001 do Banco Bilbao-Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado no momento de interpo-lo recurso, no caso de se-la empresa demandada condenada quen o interpuxer, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal. Así, por esta miña sentencia definitiva, o pronuncio, mando e asino. Aurelia Bello Fernández. Rubricado. Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día de hoxe, do que eu

secretario certifico. Rafael González Alió. Rubricado.».

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Galastur, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o vintecatro de abril de dous mil un.

Rubricado