Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.667

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (31/2000).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

catro de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 31/2000 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Sentencia nº 4.

En Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2001.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, este autos de xuízo de faltas nº 31/2000, seguidos por apropiación indebida e estafa, nos que foi parte denunciante Salvador López Rouco, maior de idade, e parte demandada José Carlos García Pérez, maior de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por quenda de reparto recibíronse neste xulgado estas actuacións e, precedendo os trámites legais, dictouse resolución na que se sinalaba día e hora para a realización do correspondente xuízo, citándose os implicados para o día fixado, chegado o cal tivo lugar o acto co resultado que figura na acta levantada para o efecto. Ó acto do xuízo non compareceu a parte denunciada, malia estar citada en legal forma.

Segundo.-O Ministerio Fiscal, no acto de xuízo, solicitou a condena de José Carlos García Pérez, en concepto de autoría de dúas faltas de apropiación indebida e de estafa, do artigo 623.3º e 4º do Código Penal, a dúas penas dun mes de multa a razón de 1.000 pesetas/día, e ó pagamento das custas procesuais. A parte denunciante non formulou acusación.

Feitos probados.

Único.-Probado, e así se declara, que o día 29 de setembro de 1999, o denunciado, que se aloxaba no hotel do denunciante, marchou sen pagar, levando consigo, ademais, o mando que abre o cuarto que ocupara.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Da conducta anteriormente descrita despréndese que nos atopamos ante un comportamento que cabe incluír nas faltas de apropiación indebida e estafa, previstas e penadas nos artigos 623.3º e 4º do Código Penal, das que resulta autor José Carlos García Pérez, como se deduce da declaración prestada pola parte denunciante, que non foi rebatida por proba ningunha. A estas faltas corresponde imporlles dúas penas de multa dun mes, a razón de 1.000 pesetas/día, con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en arrestos de fin de semana.

Segundo.-Conforme o disposto no capítulo III, título 5º do libro 1º do Código Penal, as custas procesuais débenselles impor ós criminalmente responsables de todo delicto ou falta.

Vistos os artigos do Código Penal pertinentes, os da Lei procesual e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación, decido: que debo condenar e condeno a José Carlos García Pérez como autor responsable dunha falta de apropiación indebida e estafa do artigo 623-3º e 4º do Código Penal, a dúas penas de multa dun mes, a razón de 1.000 pesetas/día, con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en arrestos de fin de semana: así mesmo, deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Carlos García Pérez, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vintetrés de abril de dous mil un.

O secretario

Rubricado