Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 10 de abril de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica a José Manuel López Vidal a resolución do delegado provincial pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato de arrendamento da vivenda (expediente C-82/010, conta 190).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado (r/ Profesor López Dafonte, rueiro 23, portal 4, 3º dereita de Ferrol), sen que se puidese practicar, notifícaselle a José Manuel López Vidal a resolución do delegado provincial do IGVS do 20 de marzo de 2001, pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato de arrendamento da que era adxudicatario por renuncia deste de data 5-3-2001.

Contra a citada resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da presente notificación, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada por Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

Resolución.

Visto o expediente correspondente á vivenda 190 construída ó amparo do expediente C-82/010,

Resultando que, con data do 29 de xullo de 1986, se asinou contrato de arrendamento entre a Xunta

de Galicia e José Manuel López Vidal, facéndolle entrega das chaves, na mesma data, o adxudicatario.

Resultando que, con data do 5 de marzo de 2001, comparece ante funcionario José Manuel López Vidal con DNI 32.615.907-K, para facer entrega das chaves da vivenda, e renunciar a tódolos dereitos que presenta como adxudicatario.

Considerando que o Instituto Galego da Vivenda e Solo é, segundo a Lei 3/1988, do 27 de abril, da súa creación, un organismo autónomo de carácter comercial e financeiro, adscrito á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con plena capacidade de obrar no ámbito do dereito público e privado, establecendo o artigo 4 como función propia, entre outras, a administración, xestión, conservación e disposición das vivendas do seu patrimonio.

Considerando que no Decreto 70/1997, polo que se establece a estructura orgánica do IGVS, no seu artigo 17, atribúe ós delegados provinciais a competencia para a sinatura dos contratos e outra documentación relativa á adxudicación de vivendas e locais.

Considerando que a renuncia presentada polos adxudicatario supón a petición da resolución do contrato de arrendamento subscrito coa administración.

Vistos os preceptos legais citados, a lexislación de vivendas de protección oficial e demais normas de xeral aplicación,

RESOLVO:

Acepta-la renuncia do adxudicatario e, en consecuencia, acorda-la resolución de pleno dereito do contrato de arrendamento da vivenda conta 190 do expediente C-82/010, situada en Ferrol, r/ Profesor López Dafonte, portal 4, 3º dereita, sen prexuízo da liquidación económica que proceda.

Contra a presente resolución, que non esgota a vía administrativa, pode interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 10 de abril de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña